22/05/2024
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade da Coruña ofrece o Grao en Administración e Dirección de Empresas e do Grao en Economía nun grupo onde polo menos o 50% dos créditos se impartan en inglés.
Para optar á opción bilingüe o alumnado deberá acreditar algunha das seguintes condicións:
A) Que posúan unha certificación oficial de nivel B1 (Só se admitirán as certificacións recoñecidas pola Asociación de Centros de Lenguas en la Enseñanza Superior, e as admitidas polas mesas lingüísticas de la CRUE).
B) Que superasen un curso equivalente a 4º de ESO ou superior en sistemas educativos de lingua inglesa.
C) Superar a proba de certificación en lingua inglesa que se realizará no Centro de Idiomas da UDC.
No caso de que o alumnado non poida acreditar algunha das condicións anteriores, no momento da matrícula, disporá dun prazo ata o inicio do segundo cuadrimestre para obter a dita acreditación.
Para obter máis información visita a ligazón:
https://fee.udc.es/gl/pag/programas-en-ingles/