Asociación Pro-Fundación Manoel Vello

  • Home
  • Asociación Pro-Fundación Manoel Vello

Asociación Pro-Fundación Manoel Vello Contact information, map and directions, contact form, opening hours, services, ratings, photos, videos and announcements from Asociación Pro-Fundación Manoel Vello, .

A Fundación Manoel Vello quere ser un lugar de encontro de todas as persoas procedentes de tódolos ámbitos e ideoloxías unidos polo desexo e compromiso de facer unha Galiza na que podamos exercer o noso dereito de vivir en galego en todos os ámbitos da súa vida: na rúa, na administración, no médico, na empresa, no comercio, no lecer, na universidade, etc.

Hoxe volvemos á Uned Senior da Coruña. Esta vez acompañounos José Manuel Barbosa para compartir cos asistentes as súas p...
03/03/2026

Hoxe volvemos á Uned Senior da Coruña. Esta vez acompañounos José Manuel Barbosa para compartir cos asistentes as súas pesquisas sobre o protagonismo da Gallaecia a nivel político no fin do Imperio Romano.

A charla despertou moito interese. Os presentes déronse conta que a nosa é unha historia descoñecida e ocultada. Pedíronlle volver para aprender por el que pasou despois, nos séculos posteriores.

Queda moito que contar.

✨ Galicia tamén viviu a súa primeira idade de ouro.Nos últimos séculos do Imperio Romano, o noso territorio acadou un gr...
26/02/2026

✨ Galicia tamén viviu a súa primeira idade de ouro.

Nos últimos séculos do Imperio Romano, o noso territorio acadou un gran desenvolvemento económico, urbano e cultural: cidades en auxe, vías de comunicación, comercio atlántico e unha sociedade plenamente integrada no mundo romano.

Un período brillante que explica as bases da nosa historia e da nosa identidade.

Este ano volvemos á UNED Sénior da Coruña para afondar nesta etapa fascinante, porque coñecer o noso pasado é entender mellor quen somos 💬🏛️

Coruña MemoriaHistórica

📚📚📚Acaba de saír ao mercado a versión en galego da primeira saga sobre o legado e o destino do noso país, integrada polo...
25/01/2026

📚📚📚

Acaba de saír ao mercado a versión en galego da primeira saga sobre o legado e o destino do noso país, integrada polos libros“A Comunidade das Nacións” e “A Coroa da Alianza”.

Creada polo escritor novel César Pazos Carrero, esta obra ficcionada viaxa polo noso pasado prerromano e por un futuro distópico no que Galiza podería xogar un papel fundamental na conciliación dos pobos grazas ao seu pasado celta.

Saberá o país aproveitar esta oportunidade de influencia mundial? Os libros convidan a unha reflexión profunda sobre a nosa idiosincrasia como pobo e o papel que xogou na nosa historia un individualismo que aínda segue a percorrer polo sangue de moitos de nós.

🎉✨ 🎂 Dous anos facendo camiño xuntos 🎂✨🎉Dous anos cheos de ideas, encontros e moitas ganas de seguir facendo cultura 🌍💙N...
17/12/2025

🎉✨ 🎂 Dous anos facendo camiño xuntos 🎂✨🎉

Dous anos cheos de ideas, encontros e moitas ganas de seguir facendo cultura 🌍💙

Neste tempo levamos a cabo proxectos que nos enchen de orgullo, como os “Encontros Virtuais”, onde mozos galegos e brasileiros interactuaron e experimentaron coas diferentes variedades lingüísticas do espazo galego-portugués, creando pontes máis alá do Atlántico.

Este ano tamén exploramos novos horizontes en Alemaña, celebrando un auténtico eventazo de homenaxe a Rosalía de Castro, cunha soprano espectacular que fixo vibrar a palabra e a música nunha noite inesquecible 🎶🌹

E, como non podía ser doutro xeito, tivo lugar a 2ª Xornada Manoel Vello no Castelo de Soutomaior, onde afondamos na historia de Galiza e reflexionamos sobre como aplicala e reinterpretala no ámbito cinematográfico 🎬🏰

E isto é só unha parte de todo o que fomos facendo… e do que está por vir!

👉 Se nos queres apoiar ou seguir os nosos proxectos, estaremos encantados de que te fagas socio/a e de que nos sigas nas redes sociais e na nosa web:

🌐 www.manoelvello.gal
📲

Grazas por formar parte deste camiño. Imos a por moitos anos máis! 💫💙

31/10/2025

“Os galegos não conhecem a sua historiografia e foi precisamente um grande erro do galeguismo mais moderno, centrar-se única e exclusivamente no idioma e não tanto na sua história, porque a história é a que constrói o relato, e uma vez que temos o relato nas mãos, podemos mesmo ver o idioma doutra maneira.”

Reflexión de José Manuel Barbosa durante a entrevista concedida onte en Radio Cornellà para charlar sobre a xornada celebrada o domingo pasado “A historia de Galicia como motor cinematigráfico”.

Preme na ligazón para acceder á entrevista completa.

https://manoelvello.gal/entrevista-a-jose-manuel-barbosa-tras-a-ii-xornada-manoel-vello/

🍂🔥 Chegou o Magosto!Entre lume, castañas asadas e risas, celebramos unha das tradicións máis fermosas do outono.Non falt...
31/10/2025

🍂🔥 Chegou o Magosto!

Entre lume, castañas asadas e risas, celebramos unha das tradicións máis fermosas do outono.
Non faltan os zonchos, as coplas, os xogos e o viño novo que acompañan cada momento.
📅 De 1 a 11 de novembro, aldeas, vilas e cidades enchense de festa, lembrando as raíces e a memoria das xeracións pasadas.
🌰 Que non che falten as castañas nin a boa compañía!

💬 Conta-nos: cal é a túa forma favorita de celebrar o Magosto?

🎃Xa chegaron as datas máis meigas do ano… o Samaín está aquí! 👻 Tempo de cabazas, lendas e misterio… Ti que lendas coñec...
29/10/2025

🎃Xa chegaron as datas máis meigas do ano… o Samaín está aquí! 👻 Tempo de cabazas, lendas e misterio… Ti que lendas coñeces sobre esta época?

🎬 Este domingo achegáronse amantes da historia 📜 e do cinema 🎥 de toda Galicia ao castelo de Soutomaior 🏰 para participa...
27/10/2025

🎬 Este domingo achegáronse amantes da historia 📜 e do cinema 🎥 de toda Galicia ao castelo de Soutomaior 🏰 para participar na II Xornada Manoel Vello “A historia de Galicia como motor cinematográfico”. Na organización do evento contamos co apoio do concello de Soutomaior e da Deputación de Pontevedra, representados no acto por Manu Lorenzo e Jorge Cubela.
🗣️ Moderada polo escritor César Pazos, contou coa participación do investigador histórico José Manuel Barbosa, e dos directores de cine Tomé Martínez 🎞️ e Iago de Sant 🎬.
✨ Tivemos a honra de contar coa presenza do historiador Simon Doubleday, inglés afincado en Galicia, que contribuíu ao debate desde o público 👏, entre moitos presentes que igualmente participaron activamente na discusión 💬.
💡 Imposible resumir aquí o contado. Temos un pasado que nada lle ten que envexar ao cine histórico anglosaxón 🎩, ao que, por certo, apelaron os presentes para que boten man da nosa historia e a leven por todo o mundo 🌍.
🔗 Ampliamos información na nosa web 🌐

Foi moi gratificante compartir a mañá cos asistentes á nosa charla impartida dentro do programa da UNED Sénior da Coruña...
22/10/2025

Foi moi gratificante compartir a mañá cos asistentes á nosa charla impartida dentro do programa da UNED Sénior da Coruña por Víctor Vasconcellos. Amosaron moita curiosidade pola cantidade de países cos que nos podemos comunicar en galego 🌍 e sorprendéronse ao comprobar que entendían mellor a un angolano que a un lisboeta 😮 Pedíronnos que voltemos, e volveremos ✨

Este outubro levaremos a nosa historia… ao cinema. 🎬📚O vindeiro 26 de outubro, o Castelo de Soutomaior convértese de nov...
14/10/2025

Este outubro levaremos a nosa historia… ao cinema. 🎬📚

O vindeiro 26 de outubro, o Castelo de Soutomaior convértese de novo nun espazo para reflexionar, lembrar e crear.

Volven as Xornadas Manoel Vello coa súa segunda edición: „A historia de Galicia como motor cinematográfico.“

📌 Entrada de balde, ata completar aforo.

🗓️ Non quedes sen vir, porque o programa vén cargado de propostas ben interesantes.

🎥 Historia, cinema e identidade galega. Un encontro que non podes perder.

O pasado xoves celebramos en Hamburgo unha homenaxe a Rosalía de Castro 🌹, en colaboración co Departamento de Románicas ...
12/10/2025

O pasado xoves celebramos en Hamburgo unha homenaxe a Rosalía de Castro 🌹, en colaboración co Departamento de Románicas da universidade da cidade 🎓, cuxo portavoz foi o profesor Dr. Markus Schäffeuer, e co Centro de Estudos Galegos da Universidade de Kiel, que contou coa participación do Dr. Facundo Muniain Reyna.

Durante o acto realizouse unha interpretación literaria da obra de Rosalía 📖✨ e púxose de relevo o importante papel que desempeñou no ámbito da emigración 🌍. Ademais, os asistentes puideron g***r dalgunhas das súas poesías musicadas 🎶 grazas á excelente interpretación da mezzosoprano Pavla Mlčáková 🎤.
A xornada concluíu cun micro aberto 🎙️, no que o público leu poemas escollidos de Rosalía 📚, e, como non podía faltar, cunha queimada 🔥 e foliada 🪗💃.

A obra de Rosalía espertou unha fonda fascinación entre o público 💫. Conseguimos poñer en valor a súa extraordinaria calidade literaria ✍️ e atraer novos lectores no norte de Alemaña 🇩🇪.
Agardamos que esta iniciativa sirva para acender a chispa 🔥 que lle permita ocupar un lugar destacado na comunidade universitaria da cidade hanseática, unha inmellorable porta de entrada para a nosa lingua e cultura 🌐🌿.

👵👴 Que os avós e avoas lle falen galego aos netos é clave para manter viva a nosa lingua.Máis aínda se saben que poden c...
04/10/2025

👵👴 Que os avós e avoas lle falen galego aos netos é clave para manter viva a nosa lingua.

Máis aínda se saben que poden comunicarse cunha comunidade de 300 millóns de persoas en catro continentes 🌍✨

Un motivo poderoso para valorar e compartir o galego con orgullo.

Este ano volvemos á UNED Sénior da Coruña coas nosas charlas, porque os nosos maiores son os mellores transmisores da lingua e da cultura 💬💙

Address


Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Asociación Pro-Fundación Manoel Vello posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

  • Want your university to be the top-listed University?

Share