Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC Bioredes

  • Home
  • Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC Bioredes

Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC Bioredes Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC Biorrecursos: Desenvolvemento e Produción Sostible BioReDes chega para revolucionar o sector primario de Galicia.

Integrada por 15 grupos de investigación de referencia científica, activos maioritariamente no Campus Terra, BioReDes conforma unha Agrupación Estratéxica de carácter multidisciplinar. A partir deste enfoque sistémico, acométese a investigación da produción e xestión sustentable dos biorrecursos ao longo de toda a cadea de valor, integrando as diferentes vertentes relativas á produción animal,

vexetal e forestal, e á alimentación segura, dende unha perspectiva sostible. Os grupos de investigación que integran BioReDes captaron 12,5 millóns de euros nos últimos anos en actividades de I+D+i, procedendo un tercio dos recursos captados da contorna galega e evidenciando, tal e como sinala o catedrático de Xenética da USC e director da Agrupación, Paulino Martínez, a súa condición de “imprescindible para Galicia”. Entre 2019 e 2020, BioReDes aspira a promover a especialización da súa competencia científica; a fortalecer as relacións estratéxicas coa contorna; e a posicionarse como un referente investigador. Constituída como unha unidade tractora da estratexia de I+D do Campus Terra e base para avanzar na construción dun campus de referencia no seu ámbito de especialización, a agrupación BioReDes antóllase como unha ferramenta integrada nos contextos nacional e internacional da investigación acaída para vertebrar unha estratexia de I+D para o sector primario de Galicia.

30/11/2022

Galicia, el país de los dos mares. Su diversidad de aguas saladas y dulces favorecidas por una costa recortada en diversas rías y un clima atlántico, hacen d...

O vindeiro venres 05 de novembro, o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), en colaboración coa Agrupación Europea de Cooper...
29/10/2021

O vindeiro venres 05 de novembro, o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), en colaboración coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT), organiza un seminario que leva por título "Fármacos de Orixe Mariña Desenvolvidos Contra Enfermidades Infecciosas e Oncolóxicas", que se celebrará en liña.

Inscrición ✏️: www.cetmar.org/seminarios/BluehumanBiomoleculas

Acceso ao evento💻: https://teams.microsoft.com/l/meetup-join/19%3ameeting_MDIwZjQ0OGUtMGUyOS00MzgyLTkwYzktNzZkNGJkYTlhMzkx%40thread.v2/0?context=%7b%22Tid%22%3a%22c785584c-4ef3-4fe1-ad35-a5150562e05a%22%2c%22Oid%22%3a%2220c8afaa-6f04-497e-ab6c-d7129d750b5d%22%7d

Bo día! O grupo BIOAPLIC organiza o 5 de novembro na Facultade de Bioloxía as Xornadas Técnicas "Os incendios e as espec...
27/10/2021

Bo día! O grupo BIOAPLIC organiza o 5 de novembro na Facultade de Bioloxía as Xornadas Técnicas "Os incendios e as especies exóticas invasoras. Implicacións na xestión pre e post-incendio". A entrada é libre ata completar aforo, previa inscrición. Máis información 👇

A profesora Azucena Mora, do grupo LREC, nesta entrevista en Somos Agro,  dá unha serie de recomendacións para garantir ...
08/10/2021

A profesora Azucena Mora, do grupo LREC, nesta entrevista en Somos Agro, dá unha serie de recomendacións para garantir a seguridade alimentaria dos produtos que manexamos 👇🐔

A profesora Azucena Mora, membro do grupo  LREC e da Agrupación Estratéxica  BioReDes, dá unha serie de recomendacións nesta entrevista en Somos Agro para garantir a seguridade alimentaria dos produtos que manexamos no día a día e repasa os distintos aspectos que centran a súa investigació...

Estamos encantados de seguir coas nosas felicitacións. Adrián Casanova Chiclana, do grupo ACUIGEN, defendeu recentemente...
07/10/2021

Estamos encantados de seguir coas nosas felicitacións. Adrián Casanova Chiclana, do grupo ACUIGEN, defendeu recentemente a súa tese sobre a mellora das estratexias de xestión sostible da troita común na Península Ibérica mediante as análises xenómicas. Parabéns doutor! 👏👏

 Adrián Casanova Chiclana, membro do Grupo ACUIGEN e da Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC,  BioReDes, defendeu na súa tese doutoral, dirixida por Paulino Martínez e Manel Vera, unha primeira aproximación xenómica á poboación de salmónidos co fin de avaliar a súa diversidad...

As nosas felicitacións non paran. Dafne Díaz Jiménez, do grupo LREC, é nova doutora pola exitosa defensa da súa tese sob...
07/10/2021

As nosas felicitacións non paran. Dafne Díaz Jiménez, do grupo LREC, é nova doutora pola exitosa defensa da súa tese sobre a resistencia aos antibióticos baixo o enfoque "One Health".
Parabéns!😊

Dafne Díaz Jiménez, membro do grupo  LREC e da Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC,  BioReDes, defende na súa tese doutoral, dirixida por Azucena Moura, que a redución da presión antibiótica na produción avícola e a vixilancia da evolución bacteriana deben ser prioridades da s...

Boa tarde. Dende BioReDes queremos felicitar a Mar López García, do grupo ASAVDNA, que recentemente defendeu a súa tese ...
07/10/2021

Boa tarde. Dende BioReDes queremos felicitar a Mar López García, do grupo ASAVDNA, que recentemente defendeu a súa tese sobre o desenvolvemento de esquemas de análise sensorial para avaliar o estado de diversas especies de peixe conxelado de uso comercial. Parabéns! 👏👏👏

 Mar López García, membro do grupo ASAVDNA e da Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC, BioReDes, desenvolve na súa tese, dirixida por Ángeles Romero, Lourdes Vázquez e Luis Ramil, diversos esquemas sensoriais para avaliar o estado de diversas especies de peixe conxelado de uso come...

O Campus Terra USC e a Deputación de Lugo, en colaboración co grupo ACUIGEN, organizan o 1 de outubro un ciclo de confer...
22/09/2021

O Campus Terra USC e a Deputación de Lugo, en colaboración co grupo ACUIGEN, organizan o 1 de outubro un ciclo de conferencias sobre a contribución da xenética e a xenómica para a mellora produtiva dos animais e das plantas. Toda a info no seguinte enlace 👇

Campus Terra y la Diputación Provincial de Lugo, en colaboración con el Grupo ACUIGEN, miembro de la Agrupación Estratégica BioReDes, actualmente en fase de transformación a Instituto de Investigación, organizan un ciclo de sendas conferencias sobre el uso y aplicación de estudios genétic...

Bo día! O martes 21 ás 16 horas, o grupo Proepla organiza dúas Conferencias en Aberto Erasmus+, impartidas pola Dra. Ofe...
20/09/2021

Bo día! O martes 21 ás 16 horas, o grupo Proepla organiza dúas Conferencias en Aberto Erasmus+, impartidas pola Dra. Ofelia Anjos, do Instituto Politécnico de Castelo Branco, e a Dra. Ilda Caldeira, da Universidade de Évora. O evento terá lugar na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e será retransmitido por Teams. 🤓

Address


Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC Bioredes posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The University

Send a message to Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC Bioredes:

Shortcuts

  • Want your university to be the top-listed University?

Share