Facultade de Educación e Traballo Social - Campus Ourense

Página web Contactar con la universidad

Facultade de Educación e Traballo Social - Campus Ourense Páxina de Facebook da Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense

No primeiro andar do edificio de ferro, podedes visitar a exposición "Xénero e migracións caboverdianas. A transformació...
14/10/2026

No primeiro andar do edificio de ferro, podedes visitar a exposición "Xénero e migracións caboverdianas. A transformación social a través da arte", comisiarada por Iria Vázquez e Alicia González. Alí encontraredes fotos dos álbums familiares de mulleres caboverdianas en Bembibre e Burela, dúas das comunidades con maior tradición migratoria de Cabo Verde. A través delas o proxecto convida a reflexionar sobre as relacións entre os coidados e o traballo.

Datas: do 1/10/2026 ao 1/11/2026.

A docencia interdisciplinar permite crear espazos de aprendizaxe compartida entre diferentes titulacións.A través de pro...
13/10/2026

A docencia interdisciplinar permite crear espazos de aprendizaxe compartida entre diferentes titulacións.

A través de proxectos de Aprendizaxe-Servizo (ApS), o alumnado aborda a diversidade funcional desde diferentes ámbitos de coñecemento, favorecendo o traballo conxunto e o intercambio de perspectivas e ferramentas.

Xa temos novo Doutor na FETS. Xabier Benavides, graduado en Educación Primaria, acaba de defender a súa tese, titulada A...
12/10/2026

Xa temos novo Doutor na FETS. Xabier Benavides, graduado en Educación Primaria, acaba de defender a súa tese, titulada A configuración do galego estábdar a través dos medios de comunicación e o sistema educativo. Un tema moi necesario e interesante para avanzarmos no camiño da desminoración da nosa lingua. Parabéns, Xabier!

🇩🇪 Queres traballar como educador/a infantil en Alemaña? Desde Global Working organizan un webinar gratuíto sobre oportu...
10/10/2026

🇩🇪 Queres traballar como educador/a infantil en Alemaña? Desde Global Working organizan un webinar gratuíto sobre oportunidades laborais para educadores e educadoras infantís en Alemaña, especialmente dirixido a alumnado de último curso e persoas xa graduadas.

📅 Martes 13 de outubro
🕓 16:00 h (17:00 h en Canarias)
💻 Webinar en liña e gratuíto

Durante a sesión presentaranse as condicións e oportunidades de emprego, entre elas:

✨ Contrato indefinido e xornada completa
💶 Salario de 2.800 a 3.000 € brutos ao mes
👧 Ratio de 6 a 10 nenos/as
🏠 Axuda na procura de aloxamento
🌴 Entre 25 e 30 días laborais de vacacións
⚖️ Bo equilibrio entre vida laboral e persoal
📍 Oportunidades en diferentes zonas de Alemaña, como Baviera, Renania do Norte-Westfalia e Baden-Württemberg.

Ademais, participará no webinar unha educadora infantil que vive e traballa actualmente en Alemaña, que compartirá a súa experiencia.

👉 Unha oportunidade para coñecer de primeira man as posibilidades de desenvolver a túa carreira profesional en Alemaña.

https://chat.whatsapp.com/JX7htEomKIh0w5B1Ng1lKY

🩺 Obradoiro “Diabetes na aula: aprender para incluír, formar para a vida”📅 20 de outubro | 🕕 18:00 h📍 Facultade de Ferro...
09/10/2026

🩺 Obradoiro “Diabetes na aula: aprender para incluír, formar para a vida”

📅 20 de outubro | 🕕 18:00 h
📍 Facultade de Ferro (Ourense)

Dirixido ao alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Social e Traballo Social.

🎓 Inscrición previa e certificado de asistencia.
⚠️ 25 prazas, por orde de inscrición.

👉 Inscrición: https://forms.cloud.microsoft/e/k9AkCCkZEJ

Tes que desprazarte para realizar o teu Prácticum nunha entidade ou escola rural? 🚌🌿A Facultade de Educación e Traballo ...
08/10/2026

Tes que desprazarte para realizar o teu Prácticum nunha entidade ou escola rural? 🚌🌿

A Facultade de Educación e Traballo Social convoca 16 bolsas para sufragar os gastos de desprazamento desde o lugar habitual de residencia ata o lugar de realización das prácticas, sempre que estas se desenvolvan nunha entidade singular de poboación de menos de 5.000 habitantes.

📚 Bolsas por titulación:
• 3 para Educación Infantil
• 3 para Educación Primaria
• 4 para Traballo Social
• 3 para Educación Social – Prácticum I
• 3 para Educación Social – Prácticum II

📅 Prazo de solicitude: ata o 21 de outubro de 2026, ás 23:59 h.

👉 Consulta os requisitos e presenta a túa solicitude a través da Secretaría Virtual da Universidade de Vigo, na convocatoria «BOLSAS desprazamento prácticas Facultade de Educ. e Traballo Social».

🔗 https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index

No marco dos Obradoiros de iniciación á práctica profesional, o alumnado de Prácticas de Infantil e Primaria da FETS tiv...
06/10/2026

No marco dos Obradoiros de iniciación á práctica profesional, o alumnado de Prácticas de Infantil e Primaria da FETS tivo a oportunidade de coñecer de primeira man proxectos educativos inspiradores.

A semana pasada viaxamos ata: 📍 CEIP Plurilingüe Virxe do Carme (Sober) 📍 CEIP Padre Crespo (Xunqueira de Ambía)

Unha experiencia moi enriquecedora para descubrir o día a día, os espazos e a dinámica real das escolas antes de empezar o prácticum. Moitas grazas a ambos centros por abrirmos as súas portas e compartir o seu traballo! 🙌

🗣️ Coñeces os teus dereitos e deberes lingüísticos na Universidade de Vigo?Usar o galego nas actividades universitarias,...
05/10/2026

🗣️ Coñeces os teus dereitos e deberes lingüísticos na Universidade de Vigo?

Usar o galego nas actividades universitarias, ser atendido nesta lingua, estudar, ensinar, traballar e investigar en galego… son dereitos.

E tamén temos deberes: respectar todas as linguas e as persoas que as usan, evitar a discriminación lingüística, favorecer o uso do galego e combater os prexuízos. 💙

Coñecer os nosos dereitos e deberes lingüísticos é o primeiro paso para construír unha universidade máis plural, respectuosa e comprometida co galego.

👉 Consulta a campaña da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e coñece os teus.

💙 Agora é o momento. O galego xa é teu.O galego está na universidade, nas aulas, nos corredores, nas conversas e no día ...
02/10/2026

💙 Agora é o momento. O galego xa é teu.

O galego está na universidade, nas aulas, nos corredores, nas conversas e no día a día. E tamén está en nós. 🗣️

Desde a Facultade de Educación e Traballo Social sumámonos á campaña da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo para reivindicar o galego como lingua de uso, de encontro e de futuro.

Porque falar galego tamén é facer universidade. 💙

Como acompañar os procesos de reinserción das persoas privadas de liberdade? 🤝Neste obradoiro afondarás no funcionamento...
01/10/2026

Como acompañar os procesos de reinserción das persoas privadas de liberdade? 🤝

Neste obradoiro afondarás no funcionamento da institución penitenciaria, nas necesidades e realidades das persoas reclusas e nas estratexias de intervención socioeducativa que favorecen a súa inclusión social. Ademais, a formación inclúe unha visita ao Centro Penal de Pereiro de Aguiar para coñecer de primeira man o contexto institucional.

📚 Unha oportunidade para ampliar coñecementos e coñecer de preto un ámbito profesional de grande impacto social.

👥 Actividade aberta tanto á comunidade universitaria como ao público xeral, con tarifas reducidas para os colectivos vi

Dirección

As Lagoas S/n
Orense
32004

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 21:00
Martes 08:00 - 21:00
Miércoles 08:00 - 21:00
Jueves 08:00 - 21:00
Viernes 08:00 - 21:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Facultade de Educación e Traballo Social - Campus Ourense publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Facultade de Educación e Traballo Social - Campus Ourense:

Atajos

Compartir

Categoría