Facultade de Historia de Ourense

Página web Contactar con la universidad

Facultade de Historia de Ourense Facultade de Historia da Universidade de Vigo, Campus Universitario de Ourense

A Facultade de Historia da Universidade de Vigo, situada no Campus de Ourense, oferta tres titulacións propias, o Grao en Xeografía e Historia (modalidade presencial e semipresencial), o PCEO en Turismo e Xeografía e Historia, e o Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural (modalidade semipresencial). Ademais participa coa USC (coordinadora) e a UdC no Máster en Arqueoloxía e Ciencias de Antigüidade que se imparte na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela e que conta coa participación do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC. No curso 2020-2021, ampliáronse as causas para adscribirse á modalidade semipresencial do Grao en Xeografía e Historia; así, xunto ás obrigas de carácter laboral, familiar, atención a persoas dependentes, actividades deportivas de alto nivel, necesidades educativas especiais, incluíronse os problemas de carácter económico. O proceso para acollerse a esta modalidade realizarase unha vez formalizada a matrícula, haberá que encher o seguinte impresohttp://historia.uvigo.es/images/docs/facultad/formularios/impreso_matricula_semipresencial.pdf , e remitilo xunto coa documentación xustificativa pola Sede Electrónica da Universidade de Vigo (sede.uvigo.gal). O profesorado poñerá a disposición deste alumnado o material preciso a través da plataforma de teledocencia Moovie e os medios para a superación das materias. Así mesmo o profesorado da Facultade de Historia está incluído nos Programas de Doutoramento de Protección do Patrimonio Cultural e o Doutoramento do Campus da Auga. O noso lema: susténtase nas nosas vantaxes, entre as que podemos destacar: un grao de carácter xeralista (historia, arte e xeografía), atención personalizada, proximidade con toda a comunidade universitaria, ampla oferta en institucións e empresas para realizar as prácticas externas, variada oferta de actividades extraacadémicas e a posibilidade de realizar estancias SICUE e Erasmus+ .

Segunda saída de estudos correspondente á materia de Espazos e sociedades
25/09/2026

Segunda saída de estudos correspondente á materia de Espazos e sociedades

16/06/2026

“O que de verdade se ve dende a Lúa é o plató de Luar” 🤪 Que non che conten historias!
Descubre o grao en Xeografía e Historia da Universidade de Vigo no Campus de Ourense. En modalidade presencial ou semipresencial… e fai Historia con nós!

Máis info na nosa web ➡️ https://historia.uvigo.es/gl/estudos/grao-en-xeografia-e-historia/

12/06/2026

Es capaz de distinguir un efecto Mandela da realidade? 🧐 Que non che conten historias!
Descubre o grao en Xeografía e Historia da Universidade de Vigo no Campus de Ourense. En modalidade presencial ou semipresencial… e fai Historia con nós!

Máis info na nosa web ➡️ https://historia.uvigo.es/gl/estudos/grao-en-xeografia-e-historia/

09/06/2026

Napoleón exiliouse na illa de Arousa para poder comer unhas boas mariscadas! 🦐🦞🦀 Que non che conten historias!

Descubre o grao en Xeografía e Historia da Universidade de Vigo no Campus de Ourense. En modalidade presencial ou semipresencial… e fai Historia con nós!

Máis info na nosa web ➡️ https://historia.uvigo.es/gl/estudos/grao-en-xeografia-e-historia/

05/06/2026

Nerón sempre dicía que un bo churrasco entra en calquera momento 🔥. Que non che conten historias!

Descubre o grao en Xeografía e Historia da Universidade de Vigo no Campus de Ourense. En modalidade presencial ou semipresencial… e fai Historia con nós!

Máis info na nosa web ➡️ https://historia.uvigo.es/gl/estudos/grao-en-xeografia-e-historia/

La próxima semana se celebrará en Santiago de Compostela el seminario “REDescubre el románico de Galicia”, dentro de un ...
14/05/2026

La próxima semana se celebrará en Santiago de Compostela el seminario “REDescubre el románico de Galicia”, dentro de un proyecto que quiere acercar el patrimonio románico gallego a la ciudadanía desde la investigación y la divulgación.

El profesor Victoriano Nodár Fernández, especialista en Historia del Arte Medieval de la Universidade de Vigo, será una figura clave del encuentro: ofrecerá una ponencia sobre la construcción y decoración del priorato de Santa María de Sar y, además, dirigirá la visita guiada a la colegiata, interpretando in situ su arquitectura, su escultura y su contexto histórico.

Santiago se convierte así, la próxima semana, en un punto de encuentro entre universidad, patrimonio y sociedad, con Victoriano Nodar Fernández como una de las voces de referencia para redescubrir el románico compostelano.
Seminario y visita guiada gratuitos, con inscripción previa obligatoria antes del 18 de mayo de 2026. Inscripciones en este enlace.

Os días 8 e 9 de maio o alumnado de 2º de Grao en Xeografía e Historia viaxa ao norte de Portugal para explorar xacement...
04/05/2026

Os días 8 e 9 de maio o alumnado de 2º de Grao en Xeografía e Historia viaxa ao norte de Portugal para explorar xacementos castrexos e romanos, aplicando no terreo os contidos de “Arqueoloxía Aplicada”.

Visitaremos a Citânia e o Museo de Sanfins, a cidade romana de Tongobriga, o santuario de Panóias, as galerías auríferas e o Museo de Trêsminas e mais as termas e Museo de Chaves, unha experiencia de inmersión total na arqueoloxía do Noroeste peninsular.

O 18 de abril terá lugar unha nova saída de estudo organizada pola Área de Xeografía Física da Universidade de Vigo, en ...
13/04/2026

O 18 de abril terá lugar unha nova saída de estudo organizada pola Área de Xeografía Física da Universidade de Vigo, en colaboración co Club de Espeleoloxía A Trapa (CETRA).

Baixo o título “O karst mindoniense: da teoría á práctica na Cova do Rei Cintolo”, o alumnado de Xeografía e Historia e de Turismo explorará sobre o terreo os procesos xeomorfolóxicos nun dos enclaves máis singulares da xeografía galega.

A actividade, dirixida pola profesora Mª Luz Rodríguez e o especialista M. Vaqueiro, combinará aprendizaxe práctica e observación científica nun espazo natural de alto valor patrimonial.

O vindeiro 17 de abril celebrarase un novo seminario aberto organizado pola Área de Xeografía Física da Universidade de ...
13/04/2026

O vindeiro 17 de abril celebrarase un novo seminario aberto organizado pola Área de Xeografía Física da Universidade de Vigo, en colaboración co C.E. A Trapa (CETRA).

O investigador Dr. M. Vaqueiro impartirá a conferencia titulada “Modelando o karst mindoniense e os seus procesos”, na que abordará a análise do territorio a partir de puntos xeorreferenciados, modelos dixitais e bases de datos xeoespaciais.

A sesión terá lugar ás 16:00 horas, no Salón de Graos (4º andar do Edificio de Facultades), e está aberta a toda a comunidade universitaria interesada na análise xeomorfolóxica e o estudo do patrimonio natural galego.

Dirección

Campus Das Lagoas
Orense
32004

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Facultade de Historia de Ourense publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Facultade de Historia de Ourense:

Atajos

Compartir

Categoría