Laboratorio De Innovación e Economía Social De Galicia

Llamar Página web Contactar con la universidad

Laboratorio De Innovación e Economía Social De Galicia Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Laboratorio De Innovación e Economía Social De Galicia, Universidad, Campus Norte, Avenida do Burgo das Nacións, S/N.

O LIES_GA ten como obxectivo principal construír e consolidar un punto de encontro e referencia para as actividades de economía social e innovación social no ámbito universitario galego

🌍 Emprendemento social para afrontar os retos do futuroAs investigadoras Isabel Neira e Analía López, membros do LIESGA,...
02/10/2026

🌍 Emprendemento social para afrontar os retos do futuro

As investigadoras Isabel Neira e Analía López, membros do LIESGA, participaron nun laboratorio de cocreación organizado pola alianza europea EUNIWELL na Universidade de Linnaeus (Suecia).

💡 Un espazo internacional para reflexionar sobre o presente e o futuro do emprendemento social e o seu potencial para dar resposta a retos como:

👥 o envellecemento da poboación
🌱 a despoboación do medio rural
🌍 o cambio climático

O encontro puxo tamén sobre a mesa a importancia de dar maior visibilidade ao emprendemento social, reforzar o seu papel nas universidades e crear espazos que apoien novos proxectos con impacto social.

Desde o seguimos apostando pola investigación, a colaboración e a transferencia de coñecemento para avanzar cara a unha economía máis inclusiva, sostible e centrada nas persoas. 💚

🔗 Máis información: liesga.gal

28/09/2026

💜 A Quintana encheuse de talento, emprendemento e proxectos liderados por mulleres!

Este sábado celebrouse a VIII Feira das Emprendedoras de Compostela, unha edición moi especial que conmemorou os 20 anos de Woman Emprende, a rede de apoio ao emprendemento feminino da USC.

A feira reuniu 20 emprendedoras de ámbitos tan diversos como a artesanía, a cultura, os coidados, a saúde ou a tecnoloxía, mostrando a diversidade e o potencial do emprendemento feminino compostelán.

🤝 A xornada completouse con mesas redondas para compartir experiencias, referentes e o valor das redes que impulsan o liderado das mulleres.

Desde o LIES_GA celebramos iniciativas que conectan universidade, emprendemento e territorio e que contribúen a visibilizar o talento feminino e a xerar novas oportunidades.

💜 Parabéns a Woman Emprende polos seus 20 anos e a todas as emprendedoras que fixeron posible esta xornada!

Noticia https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/quintana-acolleu-mellor-emprendemento-mulleres-compostelas

🔎 Se acabas de chegar ao LIES_GA, temos moito que compartir contigo!Ao longo dos últimos meses xeramos recursos para ach...
20/09/2026

🔎 Se acabas de chegar ao LIES_GA, temos moito que compartir contigo!

Ao longo dos últimos meses xeramos recursos para achegar a economía social, a innovación e a transformación dixital á comunidade universitaria, ás entidades e á sociedade. E queremos que sigan vivos e ao teu alcance.

🎙️ ECOSOCIAL TALKS: 5 conversas sobre coidados, economía circular, agroalimentación sostible, industrias culturais e novas tecnoloxías e transición enerxética.

🔐 Ciberseguridade: 3 pílulas prácticas sobre contrasinais, seguridade dixital e protección de datos.

💻 Formación en liña: 2 charlas para coñecer os principais ciberriscos e descubrir solucións e ferramentas para as entidades da economía social.

📲 .Compartir coñecemento tamén é unha forma de impulsar a economía social https://www.youtube.com/

Síguenos e non perdas nada! 💛

Traballamos pola promoción, visibilización e o desenvolvemento da economía social desde a Universidade de Santiago de Compostela

💡 Coñeces o LIES_GA?Desde a Universidade de Santiago de Compostela traballamos para achegar a economía social e a innova...
14/09/2026

💡 Coñeces o LIES_GA?

Desde a Universidade de Santiago de Compostela traballamos para achegar a economía social e a innovación social á comunidade universitaria e á sociedade.

🎓 Universidade
🤝 Entidades de economía social
💡 Emprendemento e innovación
🌱 Sustentabilidade

📲 Síguenos nas nosas redes e coñece todo o que facemos! https://t.mtrbio.com/liesga

💜 A VIII Feira das Emprendedoras de Compostela xa ten data!O sábado 26 de setembro, a Praza de Mazarelos converterase nu...
13/09/2026

💜 A VIII Feira das Emprendedoras de Compostela xa ten data!

O sábado 26 de setembro, a Praza de Mazarelos converterase nun punto de encontro para visibilizar e impulsar o talento e os proxectos liderados por mulleres.

Unha xornada con feira expositiva, mesas redondas, obradoiros gratuítos, Zona Gastro e DJ. ✨

📅 26 de setembro
📍 Praza de Mazarelos, Santiago
🕙 10:00 – 19:00 h

💜 Reserva a data!

16/06/2026

🔐 Os datos non son só ficheiros. Son persoas.

Un número de teléfono, un DNI, unha nómina, un correo electrónico… detrás de cada dato hai alguén que confiou en nós. E protexelos é unha forma de coidar.

Nesta nova pílula sobre ciberseguridade falamos de:

📂 Onde están realmente os datos da túa entidade
📧 Erros cotiáns que poden provocar fugas de información
🔑 Como controlar os accesos e protexer datos sensibles
🗂️ Por que gardar menos tamén é protexer máis
💻 Boas prácticas para o teletraballo e os dispositivos móbiles
🛡️ Medidas sinxelas para reforzar a seguridade da información

Porque a protección de datos non vai só de cumprir unha normativa.

Vai de confianza.
Vai de responsabilidade.
Vai de poñer as persoas no centro.

▶️ Xa dispoñible na nosa canle. https://www.youtube.com/

Esta campaña enmárcase no programa de actuación 2025–2026 da Rede Eusumo - Economía Social de Galicial, impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración , co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social, e contribúe a unha transformación dixital máis segura, inclusiva e sostible da economía social galega.

⚡🎙️ Novo episodio de ECOSOCIAL TALKS en camiño!Nesta nova conversa organizada polo LIES_GA falamos sobre un dos grandes ...
22/05/2026

⚡🎙️ Novo episodio de ECOSOCIAL TALKS en camiño!

Nesta nova conversa organizada polo LIES_GA falamos sobre un dos grandes retos do presente e do futuro de Galicia: a transición enerxética e o papel da economía social na construción dun modelo máis sostible, democrático e centrado nas persoas.

Para iso contamos con Nosa Enerxía, a primeira cooperativa galega de comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovable certificada, e con Ángel Montero Campos, secretario da cooperativa.

Ao longo da entrevista falamos de:
🔋 Cooperativismo enerxético e soberanía enerxética
🌱 Enerxías renovables e sustentabilidade
🏘️ Comunidades enerxéticas e autoconsumo
🤝 Participación cidadá e democratización da enerxía
📍 O impacto social e territorial da economía social en Galicia

Unha conversa moi necesaria para entender que a transición enerxética non é só unha cuestión tecnolóxica, senón tamén social, comunitaria e democrática.

📺 Xa podes ver o episodio completo na nosa canle de YouTube https://youtu.be/ENef7AE-ToQ?si=2EkLWhc9Q7iktIkq

Este espazo realízase grazas á colaboración da Xunta de Galicia, a través da Rede Eusumo - Economía Social de Galicia , da Universidade de Santiago de Compostela e da Cátedra de Economía e Ciberseguridade

⚡🎙️ Nova entrega de ECOSOCIAL TALKS!No último episodio do vídeo-podcast do LIES_GA conversamos con , a primeira cooperat...
19/05/2026

⚡🎙️ Nova entrega de ECOSOCIAL TALKS!

No último episodio do vídeo-podcast do LIES_GA conversamos con , a primeira cooperativa galega de comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovable certificada.

Da man de Ángel Montero, afondamos no papel da economía social na transición enerxética, na democratización da enerxía e na construción dun modelo máis sostible, transparente e centrado nas persoas.

🌱 Cooperativismo
🔋 Enerxías renovables
🏘️ Comunidades enerxéticas
🤝 Soberanía e participación cidadá

Moi pronto estará dispoñible o episodio completo na nosa canle de YouTube.

📺 Seguide atentos ás redes do LIES_GA para non perdelo!

Xa está dispoñible a charla en liña que organizamos, baixo o título “Ciberseguridade na economía social: protexendo o fu...
11/05/2026

Xa está dispoñible a charla en liña que organizamos, baixo o título “Ciberseguridade na economía social: protexendo o futuro dixital – Solucións e ferramentas para pemes da economía social”.

Nesta sesión abordáronse ferramentas e estratexias prácticas para que cooperativas, pemes e entidades da economía social poidan reforzar a protección dos seus datos e sistemas dixitais, avanzar cara a unha transformación dixital segura e coñecer boas prácticas para facer fronte aos principais riscos en ciberseguridade.

A charla foi impartida por Adrián Vidal, enxeñeiro informático e especialista en ciberseguridade, quen compartiu coñecementos e exemplos prácticos sobre protección de datos, prevención de incidentes e seguridade dixital adaptada ás necesidades da economía social.

Vídeo https://www.youtube.com/watch?v=snZO5UOj4k8&t=1s

Esta campaña enmárcase no programa de actuación 2025–2026 da Rede Eusumo - Economía Social de Galicia, impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social, e contribúe a unha transformación dixital máis segura, inclusiva e sostible da economía social galega.

Xa está dispoñible a charla en liña organizada polo Laboratorio de Innovación e Economía Social de Galicia, LIES_GA, baixo o título “Ciberseguridade na econo...

🛡️ A resiliencia dixital non aparece soa: constrúeseA economía social leva anos demostrando algo clave:👉 capacidade para...
10/05/2026

🛡️ A resiliencia dixital non aparece soa: constrúese

A economía social leva anos demostrando algo clave:
👉 capacidade para resistir, adaptarse e seguir adiante ante crises económicas.

Pero… que pasa no mundo dixital?

💻 Un ciberataque pode parar a actividade
🔐 Unha brecha pode expoñer datos sensibles
⚠️ Un erro humano pode comprometer todo un sistema

E aquí non abonda con reaccionar.
👉 Hai que anticiparse.

💡 A resiliencia dixital constrúese día a día:
• Formando ás persoas
• Establecendo protocolos claros
• Aplicando boas prácticas
• Revisando hábitos e ferramentas

Non é só tecnoloxía.
É cultura organizativa.

🤝 Na economía social hai algo que protexer especialmente:
a confianza.

A confianza das persoas socias
A confianza da comunidade
A confianza no proxecto colectivo

E esa confianza tamén depende da seguridade dixital.

📌 Protexer o sistema é protexer o proxecto.
📌 E protexer o proxecto é garantir o seu futuro.

👉 Mira a nosa pílula de ciberseguridade e protexe a túa entidade desde hoxe 🔗 https://bit.ly/4waMMUk

Esta campaña enmárcase no programa de actuación 2025–2026 da Rede Eusumo - Economía Social de Galicia , impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración , co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social , e contribúe a unha transformación dixital máis segura, inclusiva e sostible da economía social galega.

🔐 Ciberseguridade para a economía social | Principais ameazas e boa...

Dirección

Campus Norte, Avenida Do Burgo Das Nacións
S/N
15782

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 18:00
Martes 10:00 - 18:00
Miércoles 10:00 - 18:00
Jueves 10:00 - 18:00
Viernes 10:00 - 15:00

Teléfono

+34636792073

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Laboratorio De Innovación e Economía Social De Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Laboratorio De Innovación e Economía Social De Galicia:

Atajos

Compartir

Categoría