Asemblea de Investigadoras de Compostela

Asemblea de Investigadoras de Compostela Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Asemblea de Investigadoras de Compostela, Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n. Campus sur, Santiago de Compostela.

📆Mañá, martes 7 de abril ás 19:00 asamblea xeral ordinaria no local de estudantes!Agardamos por todas vós!
06/04/2026

📆Mañá, martes 7 de abril ás 19:00 asamblea xeral ordinaria no local de estudantes!

Agardamos por todas vós!

A AIC obtivo nestas eleccións uns resultados históricos! Gracias a todas polo apoio, seguimos 💪🏽💪🏽💪🏽
23/02/2026

A AIC obtivo nestas eleccións uns resultados históricos! Gracias a todas polo apoio, seguimos 💪🏽💪🏽💪🏽

Na AIC defendemos os dereitos das investigadoras e traballamos por unha universidade mais xusta. Para non dar pasos atrá...
09/02/2026

Na AIC defendemos os dereitos das investigadoras e traballamos por unha universidade mais xusta.

Para non dar pasos atrás, o 12 de febreiro vota pola AIC! 💪🏽

Desde a Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) queremos denunciar públicamente os graves feitos que tiveron luga...
17/12/2025

Desde a Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) queremos denunciar públicamente os graves feitos que tiveron lugar recentemente na nosa universidade:

En primeiro lugar, a organización dun suposto “debate” no que se daba cabida a posicións radicais de extrema dereita, incompatibles cos valores democráticos, cos dereitos humanos e coa función social dunha universidade pública, tal como quedan recollidos nos Estatutos da Universidad de Santiago de Compostela (art. 2). Consideramos inaceptable que este tipo de discursos teñan espazo no seo da USC e condenamos tanto a súa organización como a permisividade institucional da Facultade de Dereito, que concedeu o permiso para que este acto se levase a cabo.

En segundo lugar, queremos denunciar o acoso sufrido nas redes sociais por parte dunha persoa trans que expresou publicamente a súa crítica e rexeitamento a este acto.

Desde a AIC reafirmamos o noso compromiso cunha universidade pública segura, inclusiva e respectuosa coa diversidade, á vez que esiximos responsabilidades para que feitos coma estes non volvan repetirse.

📣O vindeiro xoves 11 toda a comunidade da USC ten unha cita ineludíbel co seu futuro: o debate das eleccións á Reitoría!...
03/12/2025

📣O vindeiro xoves 11 toda a comunidade da USC ten unha cita ineludíbel co seu futuro: o debate das eleccións á Reitoría!
Teremos a oportunidade de coñecer de primeira man as propostas das candidatas a Reitora da Universidade en aspectos como gobernanza, política económica, científica e de persoal, ou lingua e cultura.
Agardámosvos o vindeiro xoves 11 ás 16h30 no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais ✊✨

💬Asemblea aberta de benvida!Vén coñecernos e participar!📅 Este xoves 13 de novembro as 19:00h📍 Local de estudantes, Chal...
11/11/2025

💬Asemblea aberta de benvida!

Vén coñecernos e participar!

📅 Este xoves 13 de novembro as 19:00h
📍 Local de estudantes, Chalé dos catedráticos nº5

Agardamos por todas vós!

Comezamos hoxe cas IV Xornadas de Cultura Laboral en Investigación!Ainda podedes inscribirvos en https://tinyurl.com/xor...
22/10/2025

Comezamos hoxe cas IV Xornadas de Cultura Laboral en Investigación!

Ainda podedes inscribirvos en https://tinyurl.com/xornadasJCLI

Vémonos Alí 💪🏽

🗓️ XOVES  23 | 10:00 hE por último temos o pracer de anunciar que o xoves contaremos con Lorena Gamito, directora de Acc...
21/10/2025

🗓️ XOVES 23 | 10:00 h

E por último temos o pracer de anunciar que o xoves contaremos con Lorena Gamito, directora de Acción Humanitaria, emerxencias e desenvolvemento en UNRWA España.

Esta charla nace dun compromiso adquirido entre a AIC e a Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización que a USC non levou a cabo. Nese acordo prevíase convidar á UNRWA para falar sobre a situación da educación universitaria en Palestina e as formas nas que podemos contribuír dende a academia 🇵🇸

Ante a falta de acción institucional, decidimos asumir esa responsabilidade e traer nós mesmas o tema á palestra: a voz da UNRWA e a realidade do xenocidio que se está cometendo en Palestina e como isto afecta ás súas institucións universitarias.

Un espazo para escoitar, reflexionar e non permanecer indiferentes.

🗓️Mércores 22 | 12:00 horas☕ Unha das actividades máis especiais das xornadas será o World Café, un espazo participativo...
21/10/2025

🗓️Mércores 22 | 12:00 horas

☕ Unha das actividades máis especiais das xornadas será o World Café, un espazo participativo no que pequenos grupos van rotando por distintas mesas temáticas para conversar, compartir experiencias e reflexionar colectivamente.

Podedes consultar as distintas mesas propostas nas fotos desta publicación!

🗓 Xoves 23 | 13:00 hPoñeremos o broche final ás xornadas cunha charla divulgativa de Antón Vázquez Arias, investigador p...
21/10/2025

🗓 Xoves 23 | 13:00 h

Poñeremos o broche final ás xornadas cunha charla divulgativa de Antón Vázquez Arias, investigador posdoutoral da USC na área de botánica.
Antón é un naturalista apaixonado, cun fondo interese pola conservación da natureza e pola lingüística. Isto levouno a atopar similitudes entre a evolución e a extinción das especies e das linguas. Na súa charla “En que se parecen a extinción das especies e do galego? compartirá con nós todas esas interesantes reflexións.

Estrella Rebordelo é doutora en endocrinoloxía e coñece de primeira man as fallas no sistema académico, sobre todo no re...
21/10/2025

Estrella Rebordelo é doutora en endocrinoloxía e coñece de primeira man as fallas no sistema académico, sobre todo no referente á saúde mental das doutorandas.

É creadora do proxecto “Investiga tu mente”, un espazo de acompañamento terapéutico e de divulgación de saúde mental, dende o que nos achega este obradoiro:
Unha viaxe onde nos propón poñer a confianza en acción, descubrindo ferramentas prácticas e recoñecendo o noso valor dentro e fóra da academia.

Un espazo inspirador para deixar atrás a síndrome da impostora e avanzar con forza 🫂

🗓️XOVES 23 de outubro ás 9:00Comezamos o segundo día das xornadas de cultura laboral cunha das charlas máis esperadas! O...
20/10/2025

🗓️XOVES 23 de outubro ás 9:00

Comezamos o segundo día das xornadas de cultura laboral cunha das charlas máis esperadas! O compañeiro da AIC Álvaro Ordóñez volve para explicarnos a que dereitos temos acceso como persoal investigador, tanto con contrato como sen el, que leis nos amparan e cales son eses dereitos menos coñecidos que convén ter moi presentes ⚖️.

Unha sesión xa clásica das xornadas e todo un kit de autodefensa laboral imprescindible 💪

Dirección

Avda. Dr. Ángel Echeverri, S/n. Campus Sur
Santiago De Compostela
15782

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asemblea de Investigadoras de Compostela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a Asemblea de Investigadoras de Compostela:

Compartir