24/11/2025
A asociación Axuntar, coa colaboración da Universidade de Oviedo, organiza as II Xornadas da lingua e cultura galega de Asturias, que se desenvolverán o 12 de decembro de 2025 no salón de actos do Departamento de Filoloxía Española da Universidade de Oviedo, baixo a coordinación de Natalia Jardón Pérez.
As xornadas queren ser unha homenaxe ao lingüista Dámaso Alonso (1898-1990), autor de diferentes traballos de investigación sobre o galego que se fala en Asturias, e nelas diferentes expertos falarán da situación sociolingüística do Eo-Navia desde a perspectiva lingüística, xurídica ou histórica.
Será un día memorable para a lingua que revive aquelas outras outras xornadas levadas a cabo en Grandas de Salime os días 15 e 16 de decembre nel ano 1990, organizadas pola MDGA (Mesa prá Defensa del Galego de Asturias).
ANIMÁDEVOS A ASISTIR!