GIPED - Grupo de Investigación en Psicología Educativa

Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

GIPED - Grupo de Investigación en Psicología Educativa Grupo de Investigación en Psicología Educativa - Departamento de Psicología (Universidade da Coruña)

Bienvenido al Grupo de Investigación en Psicología Educativa del Departamento de Psicología, Universidade da Coruña. Desde este sitio pretendemos dar información de todas las actividades que se desarrollan en nuestro grupo de investigación.

• A Universidade da Coruña concedeu á investigadora do GIPED Fátima María Díaz Freire o Premio Extraordinario de Doutora...
20/10/2026

• A Universidade da Coruña concedeu á investigadora do GIPED Fátima María Díaz Freire o Premio Extraordinario de Doutoramento correspondente ao curso 2024/2025 pola súa tese titulada «MITCA: incidencia da versión informatizada sobre o compromiso e a autorregulación en Educación Primaria», defendida no marco do Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde.

Parabéns, Fátima!

• La Universidade da Coruña ha concedido a la investigadora del GIPED Fátima María Díaz Freire el Premio Extraordinario de Doctorado correspondiente al curso 2024/2025 por su tesis titulada «MITCA: incidencia da versión informatizada sobre o compromiso e a autorregulación en Educación Primaria», defendida en el marco del Programa de Doctorado en Desarrollo Psicológico, Aprendizaje y Salud.

¡Enhorabuena, Fátima!

O pasado venres, 11 de setembro, tivo lugar a defensa da tese de doutoramento de Zuleika del Rosario García Giner, titul...
17/09/2026

O pasado venres, 11 de setembro, tivo lugar a defensa da tese de doutoramento de Zuleika del Rosario García Giner, titulada “Xestión da convivencia escolar. Fundamento empírico para o desenvolvemento dun plan de formación do profesorado”.

A tese foi dirixida polo Dr. Antonio Valle e a Dra. Susana Rodríguez Martínez e obtivo a cualificación de Sobresaliente Cum Laude.

Desde o GIPED queremos darlle os nosos parabéns por este importante logro e desexarlle moitos éxitos nesta nova etapa.

Parabéns, doutora!

🎉 Parabéns aos nosos compañeiros Carlos Freire e Mar Ferradás!Os membros de GIPED acaban de recibir o premio ao mellor a...
13/07/2026

🎉 Parabéns aos nosos compañeiros Carlos Freire e Mar Ferradás!

Os membros de GIPED acaban de recibir o premio ao mellor artigo publicado durante 2024 na revista European Journal of Investigation in Health, Psychology and Education.

Este recoñecemento concedeuse tendo en conta a orixinalidade do traballo, así como o seu impacto, medido polo número de descargas e de citas recibidas.

📄 O artigo premiado é:

Moreno-Montero, E., Ferradás, M. M., & Freire, C. (2024). Personal resources for psychological well-being in university students: The roles of psychological capital and coping strategies. European Journal of Investigation in Health, Psychology and Education, 14(10), 2686–2701.

🔗 Máis información sobre o premio:
https://www.mdpi.com/journal/ejihpe/awards/3507

👏 Parabéns por este merecido recoñecemento e por contribuír a seguir impulsando a investigación de calidade desde GIPED!

European Journal of Investigation in Health, Psychology and Education, an international, peer-reviewed Open Access journal.

A Prof. Dra. Susana Rodríguez Martínez, entre as 102 investigadoras da UDC recoñecidas no “Ranking de Mujeres Investigad...
03/06/2026

A Prof. Dra. Susana Rodríguez Martínez, entre as 102 investigadoras da UDC recoñecidas no “Ranking de Mujeres Investigadoras Españolas y Extranjeras en España según Google Scholar”, elaborado polo CSIC.

Neste ranking, que recolle a visibilidade e o impacto da produción científica das investigadoras a partir dos seus perfís públicos de Google Scholar, a Dra. Susana Rodríguez Martínez aparece na posición 1145, cun índice h de 47 e 7.471 citas.

Desde o grupo GIPED queremos trasladarlle os nosos parabéns por este recoñecemento, que pon en valor a súa traxectoria investigadora no ámbito da Psicoloxía da Educación, así como a súa contribución ao estudo dos procesos de aprendizaxe, a motivación, os deberes escolares e a mellora educativa.

A súa presenza neste ranking é tamén unha mostra da calidade e do impacto da investigación desenvolvida na Universidade da Coruña. Por iso, queremos facer extensivo este recoñecemento ás 102 investigadoras da UDC incluídas no ranking, cuxo traballo contribúe ao avance do coñecemento e á visibilización das mulleres na ciencia.

Parabéns, Susana, e parabéns a todas as investigadoras recoñecidas! 👏

🔗 Podes consultar o ranking completo aquí: https://doi.org/10.6084/m9.figshare.32063853

Boas novas! A revista Psicología Educativa vén de publicar un artigo de membros do GIPED:📝 "Understanding the Relationsh...
29/05/2026

Boas novas! A revista Psicología Educativa vén de publicar un artigo de membros do GIPED:

📝 "Understanding the Relationship between Parental Involvement and Students' Goal Orientation: A Systematic Review 2014-2024"

Piñeiro, I., Guisande, M. A., Rodríguez-Llorente, C., González-Suárez, R., Estévez, I., & Rodríguez, S. (2026). Understanding the relationship between parental involvement and students' goal orientation: A systematic review 2014-2024. Psicología Educativa, 32, Article e260456. https://doi.org/10.5093/psed2026a13

O estudo realiza unha revisión sistemática de 24 investigacións publicadas entre 2014 e 2024 sobre como a implicación das familias inflúe na orientación motivacional do alumnado. Os resultados mostran que as accións parentais —como o apoio nas tarefas, o interese polo progreso académico e o estilo democrático de crianza— favorecen no alumnado a adopción de metas de aprendizaxe e de aproximación ao rendemento. En cambio, o control psicolóxico parental asóciase con orientacións motivacionais menos adaptativas.

Comprender cómo las diferentes formas de participación parental influyen en el proceso motivacional del alumnado es crucial para los profesionales educativos. Para abordar esta cuestión, realizamos una revisión sistemática de artículos de investigación publicados entre 2014 y 2024 que explora...

📢 “Aprender facendo: da intervención ao acceso á docencia”🗓️ Xoves, 9 de abril🕙 Horario: 10:00–12:00 e 16:00–18:00📍 Saló...
06/04/2026

📢 “Aprender facendo: da intervención ao acceso á docencia”

🗓️ Xoves, 9 de abril
🕙 Horario: 10:00–12:00 e 16:00–18:00
📍 Salón de Graos da Facultade de CC da Educación (UDC)

Durante a xornada abordaranse:
✔️ A intervención no TDAH desde a práctica profesional
✔️ As saídas profesionais en gabinetes psicoeducativos
✔️ O acceso ao corpo docente e o proceso de oposicións

Contaremos coa participación de Iria Freire e Vanesa Amarelle como relatoras.

📌 Inscrición a través do código QR do cartel
📩 Para máis información: [email protected]

Agardámosvos!

Boas novas! A revista Current Psychology vén de publicar un artigo de membros e colaboradores do GIPED:📝 “Motivational p...
25/03/2026

Boas novas! A revista Current Psychology vén de publicar un artigo de membros e colaboradores do GIPED:

📝 “Motivational profiles and mathematical performance in students from 7th to 10th grade: A person-centered perspective”

García,T., Núñez, J.C., Abín, A., Van der Ven, S. H. G., Cueli, M., Rodríguez, C., & Valle, A. (2026). Motivational profiles and mathematical performance in students from 7th to 10th grade: A person-centered perspective. Current Psychology. 45, 742 https://doi.org/10.1007/s12144-026-09327-8

O estudo identifica distintos perfís motivacionais en alumnado de Educación Secundaria e a súa relación co rendemento en matemáticas, destacando que os estudantes con altos niveis de motivación en distintos obxectivos presentan mellores resultados académicos.

This study aimed to identify different motivational profiles in a sample of 2,282 students (grades 7 to 10) from Spain, based on the combination of three m

25/03/2026

A revista Acta Psychologica vén de publicar un artigo de membros e colaboradores do GIPED:

📝 “Self-efficacy, value, and hope: Key motivational predictors of self-regulatory behaviors in elementary school students”

👩‍🏫 Rocío González-Suárez (Universidade de Vigo)
👩‍🏫 Lucía Díaz-Pita (Universidade da Coruña)
👩‍🏫 Susana Rodríguez Martínez (Universidade da Coruña

Este estudo analiza o papel de factores motivacionais como a autoeficacia, o valor da tarefa, a esperanza e as emocións na aprendizaxe autorregulada en alumnado de Educación Primaria. Os resultados destacan a importancia da autoeficacia e da esperanza para favorecer procesos de planificación e seguimento da aprendizaxe, así como o impacto das emocións negativas na monitorización e autorreflexión.

A nosa compañeira, a Dra. Susana Rodríguez, vén de participar no artigo divulgativo “Deberes en primaria: datos y eviden...
11/03/2026

A nosa compañeira, a Dra. Susana Rodríguez, vén de participar no artigo divulgativo “Deberes en primaria: datos y evidencias sobre su utilidad”, publicado polo Science Media Centre España.

No artigo analízanse diferentes estudos sobre o papel dos deberes na educación primaria e o que nos di a evidencia científica sobre a súa utilidade nesta etapa educativa.

🔗 Podes ler o artigo completo aquí:

¿Manda muchas o pocas tareas el profesorado? Si hacen muchos deberes en casa, ¿los niños y las niñas sacan mejores notas? ¿Cómo tendrían que ser las tareas para ser útiles? Hay opiniones enfrentadas al respecto y también, mucha investigación académica. En este artículo, presentamos evide...

🧠✨ Seminario sobre Motivación EducativaDesde o Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa (GIPED) convidámosvos a as...
23/02/2026

🧠✨ Seminario sobre Motivación Educativa

Desde o Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa (GIPED) convidámosvos a asistir ao seminario:

“La dimensión afectiva del aprendizaje: creencias, motivación y emociones en el éxito académico”

👨‍🏫 Impartido por: Dr. Francisco Peixoto
(ISPA – Instituto Universitário, Lisboa, Portugal)

📅 Mércores, 25 de febreiro
⏰ 10:30 – 12:30
📍 Aula 0/1 – Facultade de CC da Educación (UDC)
🎟️ Entrada libre

Unha excelente oportunidade para reflexionar sobre o papel das crenzas, a motivación e as emocións no éxito académico.

Agardámosvos!

Dirección

Campus De Elviña
A Coruña
15071

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando GIPED - Grupo de Investigación en Psicología Educativa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a GIPED - Grupo de Investigación en Psicología Educativa:

Atajos

Compartir

Categoría