Universidade da Coruña

Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Universidade da Coruña En constante cambio A Universidade da Coruña é unha universidade moderna, innovadora e dinámica. A UDC conta con viveiro de empresas e Parque Tecnolóxico.

Ten 21 facultades e escolas propias e 3 adscritas nos campus da Coruña e Ferrol, nas que se imparten 38 graos e 53 mestrados oficiais a uns 24.500 estudantes. A UDC fomenta a mobilidade internacional tanto para estudar como para facer prácticas en empresas europeas. A satisfacción do estudantado coa UDC é superior á media universitaria española, ao igual que a inserción laboral e o índice de emprendemento dos seus titulados.

🌍💻Juan Touriño Domínguez, investigador do CITIC Centro de Investigación TIC - Universidade da Coruña e coordinador do Gr...
14/10/2026

🌍💻Juan Touriño Domínguez, investigador do CITIC Centro de Investigación TIC - Universidade da Coruña e coordinador do Grupo de Arquitectura de Computadores, incorpórase ao comité internacional de selección das ACM-IEEE Computer Society George Michael Memorial HPC Fellowships.

✨ Estas bolsas recoñecen a excelencia investigadora de estudantes de doutoramento de todo o mundo no ámbito da computación de altas prestacións e áreas relacionadas.

🔬 Como membro do comité, participará na avaliación e selección das candidaturas, contribuíndo a identificar novas liñas de investigación e a establecer conexións coa comunidade científica internacional.

Parabéns por este recoñecemento! 👏

🔗Máis info: https://bit.ly/JuanTou

O investigador do CITIC da UDC participará na avaliación e selección de estudantes de doutoramento de todo o mundo con investigacións destacadas en computación de altas prestacións e áreas relacionadas.

🤸🏽‍♀️Este sábado, móvete contra o cantro de mama!🩷O sábado 17 de outubro, de 18:00 a 20:00 horas, a Facultade de Ciencia...
14/10/2026

🤸🏽‍♀️Este sábado, móvete contra o cantro de mama!

🩷O sábado 17 de outubro, de 18:00 a 20:00 horas, a Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña acollerá unha masterclass de zumba aberta en colaboración con Agaxede Xestión Deportiva e a Asociación Española Contra o Cancro A Coruña.

Anímate a vir!

📢 A Universidade da Coruña, a través de UDC Saudable, colabora con Dano Cerebral Galicia nesta formación dirixida ao alu...
14/10/2026

📢 A Universidade da Coruña, a través de UDC Saudable, colabora con Dano Cerebral Galicia nesta formación dirixida ao alumnado e aos profesionais da UDC.

Unha oportunidade para afondar na sexualidade das persoas con dano cerebral adquirido, os seus dereitos se***is e reprodutivos, a atención ás súas necesidades e as boas prácticas profesionais.

🗓️ Do 2 ao 30 de novembro de 2026
⏳ Duración: 50 horas
💻 Modalidade: teleformación
🫰🏽 Inscrición de balde
👥 Prazas ofertadas: 30

🔗 Máis información: www.escoladanocerebr​algalicia.org

🌍Moisés Canle López, vicerreitor de Titulacións e Internacionalización da Universidade da Coruña, incorpórase á Comisión...
13/10/2026

🌍Moisés Canle López, vicerreitor de Titulacións e Internacionalización da Universidade da Coruña, incorpórase á Comisión de CRUE para a Axenda 2030 como representante de Crue-Docencia.

A súa participación contribuirá a achegar a visión académica e docente das universidades españolas aos traballos deste órgano, que impulsa o cumprimento dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

♻️ Con esta incorporación, a Universidade da Coruña reforza a súa presenza no sistema universitario español e o seu compromiso cunha formación baseada no coñecemento, o rigor científico e a sustentabilidade.

🔗Máis info: https://bit.ly/CRUEAx2030

📢Desde hoxe 13/10 e ata o 29/10 está aberto o prazo de inscrición nas LIGAS UNIVERSITARIAS da UDC nos campus da Coruña e...
13/10/2026

📢Desde hoxe 13/10 e ata o 29/10 está aberto o prazo de inscrición nas LIGAS UNIVERSITARIAS da UDC nos campus da Coruña e de Ferrol.

🤸🏽‍♀️Todas as persoas participantes deberán estar dadas de alta no Abono Deporte do presente curso académico.

🫰🏽Inscricións de balde!

🔗 +info: https://www.udc.gal/gl/deportes/competicions/

🎓Se quedaches coas ganas de estudar un máster no curso 2026/27, traémosche boas novas!Na UDC aínda temos prazas vacantes...
13/10/2026

🎓Se quedaches coas ganas de estudar un máster no curso 2026/27, traémosche boas novas!

Na UDC aínda temos prazas vacantes en titulacións sen lista de agarda. Temos ocos en arquitectura, ciencias sociais, patrimonio cultural, tecnoloxías dixitais, saúde... seguro que hai algo para ti!. Como consegues a túa praza? Moi sinxelo:

👉 Revisa que máster ten oco en https://bit.ly/Mst2627
👉 Reúne a túa documentación.
👉 Envíaa por correo electrónico á administración responsable. Iso si, non o penses moito! As prazas vanse dando por estrita orde de chegada da documentación ⏳.

Agardámoste!

13/10/2026
🏡 A Universidade da Coruña pon en marcha, xunto con EnkiProyecto e IKEA A Coruña, unha nova edición do proxecto colabora...
13/10/2026

🏡 A Universidade da Coruña pon en marcha, xunto con EnkiProyecto e IKEA A Coruña, unha nova edición do proxecto colaborativo que achega a formación universitaria ás necesidades reais das persoas.

🫂O alumnado do Grao en Terapia Ocupacional traballará mediante a metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo para identificar barreiras na contorna doméstica e propoñer adaptacións funcionais, viables e de baixo custo, tendo en conta as prioridades de cada persoa con diversidade funcional.

🔗Máis info: https://bit.ly/UDCEnkiIkea

13/10/2026

📢Do 21 ao 23 de outubro, chega o DATAfórum Xustiza 2026!

🤔Desinformación, delitos de odio, protección de datos, dereito internacional e outros moitos temas serán obxecto de debate neste encontro aberto a toda a cidadanía que terá lugar en Palexco.

✍🏽Inscricións gratuítas.

🔗Máis info: https://dataforumjusticia.es/

Agardámoste!!!

☕Volven os faladoiros de Eu tamén falar! PRIMEIRO ENCONTRO:📅 20 de outubro🕟 16:30 h📍 Comedor da Comunidade Universitaria...
13/10/2026

☕Volven os faladoiros de Eu tamén falar!

PRIMEIRO ENCONTRO:
📅 20 de outubro
🕟 16:30 h
📍 Comedor da Comunidade Universitaria — Facultade de Dereito da UDC, andar 0.

A actividade está aberta a toda a . Tanto se levas anos falando galego como se estás a dar os primeiros pasos, este é un espazo para ti.

Actividade de balde!

Non esquezas anotarte no QR!

Dirección

A Maestranza, 9
A Coruña
15001

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Universidade da Coruña publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Universidade da Coruña:

Atajos

Compartir

Categoría