Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira

Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira O Instituto é unha asociación galega co obxectivo de contribuír a mellorar a comunicación e a divulgación científica no eido psicosocial e ambiental

No módulo 6 do Curso Experto en Xestión Sustentable de Empresas e organizacións que dará comezo o vindeiro día 18 de Set...
20/08/2015

No módulo 6 do Curso Experto en Xestión Sustentable de Empresas e organizacións que dará comezo o vindeiro día 18 de Setembro, Ernesto Sánchez Pombo trazará unhas liñas básicas do que debe ser a información empresarial en xestión sustentable, así como as estratexias de comunicación nunha sociedade cada vez máis esixente e inundada de información, unha grande parte das veces sen rigor e sen contrastar. O papel das novas tecnoloxías e dos medios tradicionais terá un tratamento especial por ser especialmente relevante no novo marco comunicativo das sociedades avanzadas.
Tedes acceso a algúns dos artigos do xornalista, aquí:http://www.lavozdegalicia.es/firmas/ernesto-sanchez-pombo

Todos los artículos de Ernesto S. Pombo

A poltica e dereito ambientais serán o centro do Módulo 7  do curso Experto en Xestió Sustentable de Empresas e Organiza...
19/08/2015

A poltica e dereito ambientais serán o centro do Módulo 7 do curso Experto en Xestió Sustentable de Empresas e Organizacións. Alejo Calatayud Alva, consultor na materia será o responsable de impartilo.

A política do medio ambiente constitúe a día de hoxe un dos desafíos sociais máis importantes para os poderes públicos e os axentes económicos e sociais e é, asimesmo, un tema ante o cal o público está moi sensibilizado por afectar directamente ao seu benestar e saúde. É importante coñecer a orixe e evolución da política de medioambiente a nivel comunitario, destacando o seu constante desenvolvemento, expansión e crecemento.

Estamos ante unha política de competencia compartida entre a Unión Europea e os Estados membros; de aí a importancia de tela sempre presente e coñecela. Nun reparto similar, en España a distribución competencial entre o Estado e as Comunidades Autónomas en materia de medio ambiente derívase do articulado da Constitución española de 1978 que confire ao Estado a lexislación básica en materia de protección do medio ambiente e ás Comunidades Autónomas a execución, desenvolvemento normativo e normas adicionais de protección. Durante o desenvolvemento do módulo analizaranse as principais normas ambientas vixentes na actualidade a nivel estatal e autonómico en Galicia.

Ate o 15 de Setembro temos aberta a inscrición no Curso Experto en Xestión Sustentable de Empresas e Organizacións, que ...
06/08/2015

Ate o 15 de Setembro temos aberta a inscrición no Curso Experto en Xestión Sustentable de Empresas e Organizacións, que organiza o Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira No Módulo 5, de Estratexia, impartido por José Picado Carballeira debatiranse os fitos máis importantes para a análise dunha empresa ou organización sustentable, tanto desde un punto de vista interno (económico, produtivo, técnico e organizativo) como desde o seu posicionamiento no mercado e na sociedade. Detallarase a metodoloxía para realizar as análises PEST e DAFO, así como a toma de decisións para atopar unha posición competitiva que permita manterse e ser sustantable. Estudaranse ademais un par de casos: unha empresa do sector agroalimentario e outra do sector da enerxía limpa.

31/07/2015

Aunque parezca un contrasentido, es necesario contar con una sociedad más participativa para tener más y mejores empresas socialmente responsables. Hasta ahora, por lo que me ha tocado ver, gran parte de la literatura dedicada a la Responsabilidad Social, esta principalmente dedicada a la empresa, l

O Grupo de Investigación Persoa Ambiente da Universidade da Coruña e que co-organiza o curso Experto en Xestión Sustenta...
27/07/2015

O Grupo de Investigación Persoa Ambiente da Universidade da Coruña e que co-organiza o curso Experto en Xestión Sustentable de Empresas e Organizacións, traballou durante os últimos meses nunha enquisa por encargo da Comisión Europea sobre a percepción do risco ambiental a nivel europeo. Onte na Voz, aparece unha entrevista a Ricardo García Mira onde se recollen parte dos resultados do estudo.

O coordinador do Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da UDC afirma que a Comisión Europea busca co traballo coñecer como conceptualiza o cidadán o risco medioambiental

O profesor Ricardo Garcia Mira presenta en Radio Coruña Cadena SER o Curso Experto en Xestión Sustentable de Empresas e ...
27/07/2015

O profesor Ricardo Garcia Mira presenta en Radio Coruña Cadena SER o Curso Experto en Xestión Sustentable de Empresas e organizacións, que comezará o vindeiro Setembro.

Los proyectos relacionados suponen un presupuesto de más de 14 millones de euros, de los que más de la mitad son gestionados por la Universidad de A Coruña.

O Grupo Persoa-Ambiente da UDC, participou os últimos meses xunto con outros catro universidades europeas na elaboración...
27/07/2015

O Grupo Persoa-Ambiente da UDC, participou os últimos meses xunto con outros catro universidades europeas na elaboración dun informe sobre a percepción do risco ambiental . Algúns dos resultados recóllense nesta peza, que saiu publicada onte na Voz de Galicia.

Un estudio de la UE revela que tienen inquietudes ecológicas distintas al dictamen de los científicos y del resto de ciudadanos europeos

20/07/2015
Amigos e amigas,Temos o pracer de presentarvos a primeira edición do Curso "Experto en Xestión Sustentable de Empresas e...
20/07/2015

Amigos e amigas,

Temos o pracer de presentarvos a primeira edición do Curso "Experto en Xestión Sustentable de Empresas e Organizacións" que organiza o Instituto de Estudos Xoán Vicente Viqueira en colaboración co Grupo de Investigación Persoa Ambiente da Universidade da Coruña.

O programa do curso está deseñado para proporcionar ao alumnado unha visión global da xestión sustentable, aplicable no eido empresarial e institucional, desde unha perspectiva xurídica, financeira e técnica, e que abrangue os contextos local, autonómico, nacional e europeo.

Cunha vocación profesionalizadora, o curso incide no deseño, desenvolvemento e aplicación de políticas de responsabilidade social e ambiental, preparando o alumnado para este ser quen de desenvolver estratexias de sensibilización, participación e comunicación social das medidas de xestión sustentable adoptadas.

As inscricións están abertas desde o 15 de Xullo até o 15 de Setembro.

Para máis información escribídenos a [email protected]

Dirección

Facultade Ciencias Da Educación, Laboratorio De Psicoloxía Social, Campus De Elviña
A Coruña
15008

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira:

Compartir

Categoría