Espazo Compartido

Espazo Compartido Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Espazo Compartido, Universidad, A Coruña.

[GL] Espazo Compartido é un título propio universitario de formación sociolaboral para persoas con discapacidade cognitiva que se leva a cabo na Universidade da Coruña. O programa ofrece unha formación de dous anos na que se traballa o desenvolvemento persoal, habilidades comunicativas, matemáticas, recursos informáticos e habilidades laborales co fin de promover a inclusión no entorno social e l

aboral.

[ES] Espazo Compartido es un título propio universitario de formación sociolaboral para personas con discapacidad cognitiva que se lleva a cabo en la Universidade da Coruña. El programa ofrece una formación de dos años en la que se trabaja el desarrollo personal, habilidades comunicativas, matemáticas, recursos informáticos y habilidades laborales con el fin de promover la inclusión en el entorno social y laboral.

✨💙 Días que dejan huella 💙✨Seguimos con el corazón lleno después de nuestro   en A Coruña 🏫💫Un encuentro precioso donde ...
11/05/2026

✨💙 Días que dejan huella 💙✨

Seguimos con el corazón lleno después de nuestro en A Coruña 🏫💫
Un encuentro precioso donde compartimos, aprendimos y reflexionamos sobre el papel de la IA en la educación 🤖📚

Además, tuvimos una pequeña aportación a través del podcast 🎙️💡, en el que participaron nuestra directora académica Montse Muriano y nuestra alumni Sasha López 💙
¡Gracias por dejar nuestro listón bien alto! 🙌✨

Gracias infinitas a todas las personas que lo hicisteis posible: ponentes, asistentes y entidades colaboradoras 🙌
Y en especial a quienes nos recordáis lo verdaderamente importante: la sensibilidad, el interés y la buena gente 💛

Porque sí… ni videollamadas ni inteligencia artificial podrán sustituir nunca eso ✨

Si quieres escuchar el podcast, mantente atento/a porque estos días lo compartiremos por historias.

Hoxe tocou algo moi especial ✨A nosa promoción 2025–2027 tivo a oportunidade de visitar as instalacións de Inditex en Ar...
28/04/2026

Hoxe tocou algo moi especial ✨

A nosa promoción 2025–2027 tivo a oportunidade de visitar as instalacións de Inditex en Arteixo, unha experiencia que sen dúbida lembraremos sempre.

Para nós foi moito máis ca unha visita: foi coñecer dende dentro cómo funciona unha empresa líder a nivel mundial que, ademais, nos representa como coruñeses e galegos 🌍

Inditex é un referente no mundo da moda, pero o que máis nos marcou foi descubrir os seus valores: a importancia do equipo humano, o respecto polas persoas e esa humildade que se mantén mesmo sendo unha das maiores compañías do mundo.

Puidemos ver todo o proceso: dende cómo nacen as tendencias na rúa, pasando polo deseño, a confección e ata a súa distribución final. Unha visión completa que conecta perfectamente co noso futuro profesional 💼

Mañá comezamos as nosas prácticas nos servizos da universidade, e esta visita axudounos a entender mellor a relación entre o entorno laboral, a empresa e todo o que estamos a construír para o noso futuro.

Queremos agradecer especialmente a Merche, que con tanta paciencia, cariño e dedicación nos transmitiu non só coñecemento, senón tamén os valores que fan grande esta empresa 🤍

✨ Un paso máis cara a inclusión real ✨Tivemos a sorte de participar nun taller coordinado pola Fundación ONCE e impartid...
24/04/2026

✨ Un paso máis cara a inclusión real ✨

Tivemos a sorte de participar nun taller coordinado pola Fundación ONCE e impartido por Daniel Díaz e Hugo Bernández desde Fundación Raíles, en colaboración con Plena inclusión España.

Daniel compartiu a súa experiencia como activista na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade, amosando retos reais… pero tamén moitos logros 💪

Falamos de empoderamento como un proceso clave: recoñecer capacidades, tomar decisións propias e fortalecer a autoestima fronte ás barreiras (que non están nas persoas, senón no entorno e na sociedade).

💬 Liderado inclusivo
💬 Participación como dereito
💬 Transformar experiencias en cambio social

Reflexionamos sobre accesibilidade, igualdade de oportunidades e o noso papel como axentes de cambio 🌍

Coñecimos tamén iniciativas como “Diputados por un Día”, que nos lembran que a participación é fundamental para construír unha sociedade máis xusta.

Seguimos sumando para crear espazos máis inclusivos, diversos e humanos 💙

💻✨ PORTALENTO DIGITAL | PROXECTO ESENCIALES | Fundación ONCE Formación en competencias dixitais básicas[Universidade da ...
16/04/2026

💻✨ PORTALENTO DIGITAL | PROXECTO ESENCIALES | Fundación ONCE

Formación en competencias dixitais básicas

[Universidade da Coruña | Espazo Compartido]

🌱📚 Rematamos unha nova etapa formativa dentro do programa Espazo Compartido, onde o alumnado puido desenvolver e reforzar as súas competencias dixitais básicas dun xeito práctico, accesible e inclusivo.

🙌 Queremos expresar o noso agradecemento a todas as institucións que fixeron posible este proxecto: á Universidade da Coruña, á Fundación ONCE e Portalento Digital.

💡 O proxecto Esenciales é un programa gratuíto e accesible que abre novas oportunidades, con itinerarios adaptados a distintos niveis de coñecemento dixital, dende o máis básico ata contidos máis innovadores.

📧📝📊 Ao longo dos cursos, traballamos competencias clave:
✔️ Xestión do correo electrónico
✔️ Procesadores de texto e follas de cálculo
✔️ Creación de presentacións dixitais
✔️ Uso da nube e traballo colaborativo
✔️ Comunicación a través de videoconferencias

👩‍💻 Ademais, cada curso combinou formación presencial con titorías individualizadas, facilitando unha aprendizaxe adaptada a cada persoa.

🌍✨ Unha experiencia que impulsa a autonomía dixital e demostra que a inclusión é fundamental no acceso á formación e ao emprego.

💙 Grazas a todas as persoas participantes por formar parte deste camiño e á Fundación ONCE por ofrecernos sempre tan boas oportunidades para seguir aprendendo e formándonos.

15/04/2026

🔬✨ CLASE INCLUSIVA _ CRISTALOGRAFÍA
[Grao Nanociencia | UDC]

💎 Un ano máis, tivemos a sorte de repetir esta marabillosa práctica de cristalografía, que volveu ser todo un éxito 🙌

👨‍🏫 Nesta promoción, ademais, contamos coa participación do profesor Roberto Bao Casal e Armand Hernández, a quen agradecemos a súa implicación e proximidade durante toda a experiencia.

💡 Nunha clase inclusiva, compartimos aprendizaxe entre alumnado da Facultade de Ciencias e docentes, creando un espazo enriquecedor onde a ciencia e a inclusión van da man.

💧💥 No laboratorio, traballamos con disolucións sobresaturadas a partir de distintas sales, observando como as condicións de presión e temperatura inflúen na formación de cristais.

🔬✨ Dende o cloruro sódico ata o sulfato de cobre(II), cada experimento permitiunos descubrir estruturas únicas e comprender mellor os procesos naturais.

🌀 Sen dúbida, unha experiencia que non só nos achega á nanociencia, senón que tamén demostra que a inclusión no ámbito formativo é posible e necesaria 💙

📸✨ Recordos dun intercambio inesquecible 💙🌍Estes días en Oviedo quedarán gardados para sempre no noso álbum de recordos ...
13/04/2026

📸✨ Recordos dun intercambio inesquecible 💙🌍

Estes días en Oviedo quedarán gardados para sempre no noso álbum de recordos 💕. Foron xornadas cheas de aprendizaxe, convivencia e moitos momentos compartidos que nos fixeron medrar como grupo e como persoas 🤝✨.

Descubrimos novos espazos, compartimos experiencias cos nosos compañeiros, traballamos en equipo, reflexionamos, rimos e creamos lembranzas que levaremos con nós para sempre 🥰. Cada paseo, cada actividade e cada conversa sumaron para facer desta experiencia algo verdadeiramente especial 🌿🏛️🎨.

Marchamos cunha mochila chea de emocións, aprendizaxes e, sobre todo, coa certeza de que xuntos formamos un grupo forte, autónomo e capaz de convivir e aprender uns dos outros 💫.

Grazas á Deputación da Coruña, á Universidade da Coruña e á Fundación ONCE por facer posible este intercambio tan enriquecedor 💙✨.

Seguimos sumando experiencias… e recordos 📸💕

08/04/2026

📍 Primeiro día do noso intercambio coa Universidade de Oviedo 💙✨

Comezamos esta aventura tan especial viaxando ata Oviedo, unha cidade que xa desde o primeiro momento nos namorou 🥰. Puidemos ter un primeiro contacto coa contorna na que nos aloxaremos durante estes días… e non podería ser mellor!

O noso hotel está súper ben situado, moi preto dalgúns dos recunchos máis fermosos da cidade. Visitamos a impresionante catedral de Oviedo, que nos deixou sen palabras 😍, e tamén o precioso Campo de San Francisco, onde gozamos dun paseo rodeados de natureza 🌿.

E como non podía ser doutra maneira… atopámonos coa emblemática Mafalda! 💛 Un personaxe tan querido que nos lembrou a importancia de mirar o mundo con curiosidade, reflexión e un sorriso 😊.

Ademais, temos a sorte de poder comer moi preto do hotel, o que nos permite compartir momentos tranquilos e seguir gozando xuntos 🍽️✨.

Queremos dar as grazas pola colaboración da Deputación da Coruña por facer posible esta experiencia para o noso alumnado 💫. Tamén á Universidade da Coruña por apoiar a nosa formación, e, por suposto, á Fundación ONCE, o motor que fai posibles estes intercambios tan enriquecedores 🤝.

Isto non fixo máis que comezar e xa promete ser inesquecible! 💕🌍

✨ Formación con impacto real: sostenibilidad y trabajo en equipo en colaboración con INDITEXSeguimos avanzando en este i...
27/03/2026

✨ Formación con impacto real: sostenibilidad y trabajo en equipo en colaboración con INDITEX
Seguimos avanzando en este itinerario formativo en el que el alumnado continúa acercándose, cada vez más, a la realidad del sector retail 💼
En esta ocasión, hemos trabajado dos aspectos clave dentro de su formación:
🌍 Por un lado, recibimos una sesión sobre sostenibilidad de la mano de Alejandra, en la que pudimos conocer el recorrido completo de una prenda: desde su diseño y producción hasta su “final”, entendiendo cómo puede tener una segunda vida a través del reciclaje, la reutilización o nuevos procesos dentro de la economía circular ♻️
Reflexionamos sobre la importancia de un consumo responsable y sobre cómo, desde cada puesto de trabajo, también se puede contribuir a un modelo más sostenible.
🤝 Por otro lado, contamos con la formación de Pablo, Lara y Silvia, donde trabajamos la importancia del trabajo en equipo a través de diferentes dinámicas prácticas.
El alumnado pudo experimentar cómo cada persona dentro de un equipo tiene un papel fundamental y cómo la coordinación, la comunicación y la actitud influyen directamente en el resultado final 💬✨
✨ Dos sesiones que no solo aportan conocimientos, sino que también ayudan a desarrollar habilidades clave para su futuro profesional.
Queremos agradecer especialmente a Alejandra, Pablo, Lara y Silvia su implicación, su cercanía y la forma en la que han acompañado al grupo en este proceso 💛
💫 Gracias por hacer que el aprendizaje vaya más allá del aula y por ayudarnos a seguir construyendo experiencias que marcan la diferencia.

✨🎄 Bo Nadal dende Espazo Compartido 🎄✨Este Nadal queremos parar un intre para mirar atrás e sentirnos moi orgullosas. Or...
18/12/2025

✨🎄 Bo Nadal dende Espazo Compartido 🎄✨

Este Nadal queremos parar un intre para mirar atrás e sentirnos moi orgullosas. Orgullosas do camiño percorrido e, sobre todo, do esforzo diario do noso alumnado. Cada paso, cada pequeno logro e cada reto superado falan do voso traballo, da vosa constancia e das vosas ganas de seguir medrando.

En Espazo Compartido cremos nas persoas, nos procesos e no valor de cada un e cada unha. Ver como vos esforzades, como aprendestes a confiar en vós mesmos e como avanzades día a día é o mellor agasallo que podemos recibir.

Grazas por ensinar tanto, por non rendervos e por facer desta escola un lugar cheo de vida, respecto e ilusión.

Agora toca descansar, compartir tempo cos vosos e g***r destas datas tan especiais. Nós agardámosvos á volta coas pilas cargadas e coa mesma ilusión de sempre.

Unha forte aperta para todos e todas e… boas festas! ✨🎁

✨ Hoxe vivimos un deses momentos que gardaremos para sempre ✨Tivemos o privilexio de acompañar ás persoas graduadas do 2...
12/12/2025

✨ Hoxe vivimos un deses momentos que gardaremos para sempre ✨

Tivemos o privilexio de acompañar ás persoas graduadas do 2025 da Escola Técnica Superior de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, un día que celebramos con orgullo… e con moita emoción.

Para Espazo Compartido, que leva xa cinco anos medrando entre estes corredores, esta escola é moito máis que un espazo físico: é un fogar no que atopamos acollida, apoio e amizade. Co paso do tempo, cada sorriso, cada conversa e cada man tendida fixo que nos sintamos parte verdadeira desta comunidade: profesorado, alumnado, persoal de administración, limpeza, cafetería… cada persoa deixou unha pegada no noso camiño. 💙

Hoxe queremos agradecer todos eses pequenos xestos que, sen facer ruído, transforman realidades:
✨ Ver as nosas orlas compartindo parede coas das promocións tituladas.
✨ Saber que unha das nosas acuarelas se escolleu para felicitar o Nadal da escola.
✨ Sentirnos convidadas á graduación como un alumnado máis, sen diferenzas nin distancias.

Son detalles que para nós significan mundo.
Porque é así, paso a paso e xesto a xesto, como se constrúe unha verdadeira inclusión.

Grazas de corazón. Sentímonos inmensamente afortunadas de formar parte desta gran familia. 🎓💙✨

Dirección

A Coruña
15011

Teléfono

+34881014356

Página web

https://www.udc.es/es/espazocompartido/preinscripcion/

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Espazo Compartido publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría