Biblioteca da Facultade de Ciencias da UDC

Cómo llegar Página web

Biblioteca da Facultade de Ciencias da UDC Páxina en Facebook da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

09/10/2026

Menos dun 4% do total dos premios de Física, Química e Fisioloxía e Medicina foron a mans de científicas na historia do prestixioso galardón.

👩‍🔬🛳🌊 A oceanógrafa Aida Fernández Ríos foi nomeada  , co motivo do   que se celebra hoxe, en homenaxe a súa labor inves...
08/10/2026

👩‍🔬🛳🌊 A oceanógrafa Aida Fernández Ríos foi nomeada , co motivo do que se celebra hoxe, en homenaxe a súa labor investigadora, como pioneira no estudo da acidificación dos océanos e como primeira muller en chegar a dirixir o Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC.

📖 No proxecto "Oceánicas" 👀👇 do cal sae un libro moi chulo que temos na nosa colección de Divulgación (👉 https://crunia.udc.gal/permalink/34CISUG_UDC/1q5ert3/alma991006097054407714), podedes averiguar algo máis sobre ela, así como na ficha que elaboraron na Real Academia Galega de Ciencias sobre ela 👉https://www.ragc.gal/gl/project/2026-aida-fernandez-rios/

📰 Pero se queredes coñecer a súa obra, podedes consultar artigos seus a través de Crunia 👉https://l1nq.com/6obrpes

Pionera en el estudio de la acidificación oceánica Aida Fernández Ríos nació en 1947 en Vigo, rodeada de un ambiente marinero. Cuando era pequeña, su tío, que participaba cada año en las campañas de pesca en Terranova, le traía dibujos que él mismo hacía y le contaba multitud de anécdot...

📣 Convocatoria de préstamo de ordenadores portátiles, destinada ao estudantado matriculado na Universidade da Coruña no ...
08/10/2026

📣 Convocatoria de préstamo de ordenadores portátiles, destinada ao estudantado matriculado na Universidade da Coruña no curso 2026/27 en titulacións oficiais de grao e mestrado, que se atope en situación de dificultade e non estea a dispoñer dun ordenador que lle permita o normal seguimento das súas actividades académicas ao longo do curso. 💻

👉https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2026/010512

📆 prazo: 10 días hábiles a partir de hoxe, 8 de outubro de 2026 (agás o préstamo temporal por causas excepcionais sobrevidas, que poderá solicitarse en calquera momento do curso académico, ata o 20/07/2027)

❗️📅 Hoxe, 8 de outubro, é o Día da Ciencia en Galicia. Pódese seguir en directo o acto organizado pola Real Academia Gal...
08/10/2026

❗️📅 Hoxe, 8 de outubro, é o Día da Ciencia en Galicia. Pódese seguir en directo o acto organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, este ano, 2026, adicado á oceanógrafa Aida Fernández Ríos, unha das principais expertas europeas no estudo da acidificación do océano polo incremento do dióxido de carbono na atmosfera e unha das primeiras mulleres a bordo de buques oceanográficos. 👀👇

👨‍🔬👨‍🔬👨‍🔬 Un Doutor en Filosofía e en Medicina, Profesor de Bioenxeñería e de Psiquiatría e Ciencias do Comportamento (K...
07/10/2026

👨‍🔬👨‍🔬👨‍🔬 Un Doutor en Filosofía e en Medicina, Profesor de Bioenxeñería e de Psiquiatría e Ciencias do Comportamento (Karl Deisseroth), un Doutor en Bioquímica, Profesor de Neurociencia (Peter Hegemann), e un Doutor en Botánica, Profesor de Fisioloxía Molecular Vexetal (Georg Nagel), que poden ter en común?

💡🔬 Hegemann e Nagel estudaban en algas unhas proteínas sensibles á luz, as canalrodopsinas, capaces de abrir canles na membrana celular. Que tiña aquilo que ver co noso cerebro? Aí reside unha das belezas da ciencia. Deisseroth e o seu equipo demostraron que estas proteínas podían facer que as neuronas, modificadas con técnicas xenéticas para expresalas, respondesen á luz, activándose ou inhibíndose. 🧠

🎖 Esa revolución acaba de ser recoñecida co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 2026, concedido a Karl Deisseroth, Peter Hegemann e Georg Nagel polos seus descubrimentos sobre canles iónicas activadas por luz e a optoxenética. A súa historia é un magnífico exemplo de por que a investigación básica é tan importante.

⁉ É posible observar que áreas cerebrais se activan mentres un animal se move, aprende, sente medo ou busca comida. Pero, esas neuronas actívanse mentres ocorre algo ou son realmente responsables de que ocorra? A optoxenética cambiou radicalmente a capacidade para contestar a esa pregunta e tamén o xeito de pensar os experimentos.

👉Así nolo explica Celia Garau, Profesora de Neurofisiología da Universitat de lles Illes Balears, neste artigo de The Conversation España. 👀👇

https://theconversation.com/el-nobel-que-ilumina-el-cerebro-por-que-la-optogenetica-ha-cambiado-por-completo-la-neurociencia-293638

📢 XV Limpeza Simultánea de Praias 🏖🗑🚮A Oficina de Sustentabilidade - OdS  da UDC monitorizará unha limpeza da contorna m...
07/10/2026

📢 XV Limpeza Simultánea de Praias 🏖🗑🚮

A Oficina de Sustentabilidade - OdS da UDC monitorizará unha limpeza da contorna marítima da Coruña, no marco da XV convocatoria de Limpeza Simultánea de Praias que convoca cada ano a Asociación Ecoloxista ADEGA.

📆 venres 16 de outubro de 2026
⏳ de 17:00 a 19:00 h
📍 Praia de Lino, mais coñecida como Cala de San Roque
ℹ➕✍ https://www.udc.gal/gl/novas/XV-Limpeza-Simultanea-de-Praias/

En colaboración coa Asociación veciñal Francisco Rodríguez Otero do barrio de Labañou, e a ANPA do CEIP de Prácticas.

🗣📣 7º Seminario Co-lab do CICA. Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía: Sostenibilidade, enerxía e materiais     ...
07/10/2026

🗣📣 7º Seminario Co-lab do CICA. Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía: Sostenibilidade, enerxía e materiais

▪ Grupo Nanoself: Alejandro Castro Expósito – «Controlled graphene-AuNP nanocomposite fabrication and their electrochemical applications»
▪ Grupo Nest: Javier Eiroa Soto – «Surfactant-free nanoparticles: an ideal building block for collaboration?»

📆 xoves 8 de outubro de 2026
⏰ 10:00 h
🏛 Salón de Actos do CICA

👁️ O último día, o venres 9, Cristina Piñeiro Corbeira, profesora de botánica e investigadora do Grupo Bioloxía Costeira...
06/10/2026

👁️ O último día, o venres 9, Cristina Piñeiro Corbeira, profesora de botánica e investigadora do Grupo Bioloxía Costeira (BIOCOST) na nosa Facultade de Ciencias, Universidade da Coruña, falará sobre "Cambio climático e biodiversidade mariña: o valor dos bosques de kelp nun océano cambiante". 👇

🌊 Os portos tamén son lugares de biodiversidade.
Sabes que especies habitan nas súas contornas e como podemos contribuír á súa conservación?

Os días 8 e 9 de outubro, organizamos xunto á Autoridad Portuaria de A Coruña a I Xornada Formativa “A biodiversidade mariña na contorna portuaria”, unha oportunidade para coñecer a riqueza natural do litoral e diferentes experiencias de conservación e xestión da biodiversidade mariña.

Ao longo das dúas sesións abordaranse cuestións como a conservación da biodiversidade, as solucións baseadas na natureza, a renaturalización de espazos portuarios, a fauna mariña asociada ao litoral, as aves mariñas, os cetáceos ou o valor dos bosques de kelp fronte ao cambio climático.

A xornada contará coa participación de persoal técnico de diferentes autoridades portuarias, así como de persoal investigador e especialistas en biodiversidade mariña.

📅 8 e 9 de outubro | 10:00–14:00 h
📍 Salón de Actos da Autoridade Portuaria da Coruña eCastelo de Santa Cruz, sede do CEIDA.

A actividade é gratuíta e as prazas son limitadas.

👉 Consulta o programa completo e inscríbete:
https://www.ceida.org/gl/formacion-gl/i-xornada-formativa-a-biodiversidade-marina-na-contorna-portuaria-ciclo-formativo

destacados

Cando pensamos na biodiversidade, miramos as árbores, os animais, as plantas. Pero igual de importante é a xeodiversidad...
06/10/2026

Cando pensamos na biodiversidade, miramos as árbores, os animais, as plantas. Pero igual de importante é a xeodiversidade que a sostén: solos, rochas, minerais, a topografía, os ríos e lagos, así como os procesos xeolóxicos.

Poucas persoas saben canto dependemos da xeodiversidade. Por este motivo, recoñecendo a importancia das xeociencias para resolver os grandes desafíos que enfronta a humanidade hoxe en día, a Conferencia Xeral da UNESCO proclamou o 6 de outubro como o "Día Internacional da Xeodiversidade". 👀👇

Celebración de la geodiversidad y conciencia ambiental mediante programas educativos y de conservación impulsados por UNESCO.

06/10/2026

🧬 Estás pensando en solicitar unha axuda e iniciar a túa carreira investigadora en ?

O grupo EXPRELA-UDC busca persoas interesadas en incorporarse ao CICA da Universidade da Coruña para traballar en dúas liñas de investigación:

🔹 Modulación do microbioma intestinal mediante prebióticos innovadores: impacto na saúde e prevención de enfermidades.

🔹 Descubrimento, deseño e optimización de encimas de interese industrial e biomédico mediante metaxenómica, bioinformática e intelixencia artificial.

O traballo desenvolverase nun laboratorio de bioloxía molecular; para a produción, purificación e caracterización de proteínas; e cultivo de células eucariotas e microorganismos. O equipo terá tamén acceso aos servizos comúns e infraestruturas científicas do CICA, incluídas as unidades de Proteómica e Experimentación Animal, así como ao equipamento dos Servizos de Apoio á Investigación (SAI) da UDC.

O CICA está recoñecido pola Xunta de Galicia como Centro de Investigación de Excelencia e forma parte da Rede CIGUS.

📩 Envía o teu CV a [email protected] e a [email protected]
🔗 Sobre o grupo: https://lnkd.in/dXzpREmu

Dirección

Rúa Da Fraga
A Coruña
15071

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Biblioteca da Facultade de Ciencias da UDC publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir