11/10/2026
COMEZAN OS OBRADOIROS EN NÓS OPOSICIÓNS!
O mércores 14 de outubro damos comezo aos obradoiros deste curso cunha sesión moi especial: TDAH: unha visión educativa e vivencial, con Juan Ramos, de Soy TDAH.
Un profesional de referencia en Instagram e no ámbito do TDAH, que leva máis de 13 anos traballando con persoas neurodiverxentes e formando profesionais da educación. Desde 2013, contribuíu á formación de arredor de 2.000 docentes en Galicia.
Unha oportunidade para comprender mellor o alumnado con TDAH, coñecer outras perspectivas e incorporar estratexias prácticas que poidas levar directamente á túa aula.
🎯 Aínda estás a tempo de inscribirte!
En Nós Oposicións apostamos por unha formación integral e personalizada: queremos acompañarte no teu desenvolvemento profesional, achegándoche ferramentas útiles para o teu día a día como docente.
Nós Oposicións. A referencia dos opositores en Galicia.
# Neurodiversidade OposiciónsEducación