Biblioteca da Facultade de Filoloxía da UDC

Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Biblioteca da Facultade de Filoloxía da UDC No Campus da Zapateira atoparedes a Biblioteca que dá servizo ás Facultades de Filoloxía e Turismo

O vindeiro venres vaise desenvolver na nosa facultade o Coloquio Internacional "Textualidades digitales: moda, consumo, ...
20/10/2026

O vindeiro venres vaise desenvolver na nosa facultade o Coloquio Internacional "Textualidades digitales: moda, consumo, marca", con ponentes de Brasil, Ecuador, España, Venezuela, Bolivia e México.

🏛 Lugar: Facultade de Filoloxía, Salón de graos
📅 Data: 23 de outubro 2026, a partir das 11:00 h

20/10/2026

   

Este ano o Día das Escritoras desenvólvese baixo o lema «As amigas como forma de liberdade», para recuperar as voces das...
19/10/2026

Este ano o Día das Escritoras desenvólvese baixo o lema «As amigas como forma de liberdade», para recuperar as voces das autoras socias do Lyceum Club Femenino, institución que serviu de soporte para a participación das mulleres na vida intelectual, artística e pública desde o año 1926 ata 1939. Mulleres da talla de María de Maeztu, Clara Campoamor, Victoria Kent, Zenobia Camprubí ou María Lejárraga foron algunhas das súas fundadoras e colaboradoras.

Na biblioteca preparamos un centro de interese con obras que falan sobre esta institución e tamén libros escritos por moitas das autoras que formaron parte dela.
Se non podedes vir á biblioteca, tedes as obras no noso Pinterest.

➡️ Inscrición previa en_ negociado.filoloxia@udc.gal➡️ Certificarase a asistencia para o cómputo como horas de formación...
15/10/2026

➡️ Inscrición previa en_ [email protected]
➡️ Certificarase a asistencia para o cómputo como horas de formación no doutoramento.
➡️ Organiza: Programas de Doutoramento de Estudos Ingleses
Avanzados, Estudos Lingüísticos e Estudos Literarios.
➡️ As conferencias terán lugar entre o 22 de outubro e o 11 de novembro.

A vindeira semana teremos na Facultade a Paulo Osório que vai pronunciar a conferencia "Variação e mudança na história d...
15/10/2026

A vindeira semana teremos na Facultade a Paulo Osório que vai pronunciar a conferencia "Variação e mudança na história do português: do século XIII à contemporaneidade".

🏛 Lugar: Facultade de Filoloxía da UDC, sala de Graos
📅 Data: mércores 21 de outubro, ás 13:00 h

14/10/2026
Cambridge University Press anuncia catro seminarios en liña en inglés e con subtítulos e materiais de apoio en español d...
14/10/2026

Cambridge University Press anuncia catro seminarios en liña en inglés e con subtítulos e materiais de apoio en español dirixidos ao persoal investigador no comezo da súa carreira profesional e de cara a publicar nunha revista desta editorial.

➡ 21 de outubro. El camino para publicar artículos en revistas de Cambridge University Press. 17:00 h
➡ 28 de outubro. Selección de la revista adecuada para el envío del manuscrito. 17:00 h
➡ 4 de novembro. Motivos de rechazo y cómo evitarlos. 17:00 h
➡ 11 de novembro. Proteja su investigación: cómo reconocer prácticas editoriales engañosas. 17:00 h.

A url para inscribrivos está no primeiro comentario da publicación

Aviso importante: o andar -1 da nosa biblioteca permanecerá pechado ata novo aviso por mor de obras de mellora. Polo tan...
13/10/2026

Aviso importante: o andar -1 da nosa biblioteca permanecerá pechado ata novo aviso por mor de obras de mellora. Polo tanto, non se poderán consultar nin prestar fondos deste andar: Hemeroteca, Turismo (sinatura TUR-), Xeografía, Historia e Arte (H9-), Xeografía, Historia e Arte de Galicia (H9G-), Heráldica e Xenealoxía (H9GE-).
Perdoade as molestias!

MuStE and CEXEF organizan na UDC "A ciencia nas súas palabras: mulleres, discurso e coñecemento científico do Renacement...
06/10/2026

MuStE and CEXEF organizan na UDC "A ciencia nas súas palabras: mulleres, discurso e coñecemento científico do Renacemento ao século XX". Neste enlace podedes inscribirvos: https://www.udc.gal/grupos/muste/

Dirección

Calle Lisboa 7
A Coruña
15008

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 21:30
Martes 08:30 - 21:30
Miércoles 08:30 - 21:30
Jueves 08:30 - 21:30
Viernes 08:30 - 21:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Biblioteca da Facultade de Filoloxía da UDC publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Biblioteca da Facultade de Filoloxía da UDC:

Atajos

Compartir

Categoría