16/10/2026
O mércores tivemos a reunión do club de lectura para falar de “Punto de araña” de Nerea Pallares
Falamos sobre unha novela que se le pero que tamén se escoita e ademais de ...
Que é mais forte, a vinganza ou a xustiza.
Que pasa cando o medo non chega
con sangue senón co silencio.
Palilleiras, redeiras, percebeiras, mergulladoras, mariñeiras e traballadoras das conserveiras e das peixarías.
Mulleres que sempre fixeron o que querían os demais e que, para a resistencia, xa tiveran toda unha vida por ensaio.
Un océano que garda segredos afundidos xunto a barcos cargados de acordeóns.
Como perder o fío, seguir ao fío ou fiar fino é tamén unha maneira de contar o mundo.
5000 voces mudas que deixan de fiar palabras e frases.
O caos que xurde sen gritos.
Agardámosvos
na próxima reunión o18 de novembro porque neste club de lectura seguiremos tecendo historias ❤️