UDC Saudable

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

UDC Saudable Por unha Universidade da Coruña saudable, sostible e dos dereitos humanos para a comunidade. Queda moito por facer¡. Apertas

A UDC Saudable foi aprobada no Consello de Goberno da Universidade da Coruña (UDC) do 28 de novembro de 2014, na mesma data que ingresou na "Red Española de Universidades Saludables" (REUS) https://www.unisaludables.es/es/

Desde 1989, a UDC ven realizando programas e actividades en consonancia cos principios das universidades saudables. Nesta liña, o proxecto UDC Saudable xorde coa idea de converter a nosa universidade nun referente de compromiso coa saúde e a sociedade, o benestar e a calidade de vida individual e comunitaria. Trátase dun proxecto socio-comunitario aberto, dinámico e modificable que integra unidades dependentes organicamente de diversas vicerreitorías, así como novas liñas de actuación asistencial, docente, investigadora e comunitaria. Aposta por fomentar o compromiso e a participación da comunidade universitaria na alfabetización e promoción da saúde; a prevención da enfermidade; os hábitos, rutinas e estilos de vida saudables; as habilidades para a vida; o envellecemento proactivo; o desenvolvemento sostible medio-ambiental, económico, social e político; a integración e inclusión laboral e social: a acción solidaria; a equidade; a igualdade de xénero e polos dereitos humáns. Este proxecto está inspirado no Plan estratéxico da UDC 2013-2020 e nos plans de actuación específicos das distintas unidades e servizos, entre outros a Área de Deportes, a Unidade de Prevención de Riscos Laborais, Unidade de Atención á Diversidade, a Oficina de Medio Ambiente, o Servizo de Arquitectura e Urbanismo, a Oficina de Cooperación e Voluntariado, a Oficina para a Igualdade de Xénero, o Servizo de Atención e Promoción do Estudantado, o Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa, a Escola Infantil e a Universidade Sénior, entre outros. A UDC Saudable participou activamente na elaboración das competencias transversais para todas as titulacións UDC, aprobadas no Consello de Goberno UDC de Maio 2017, para proporcionar unha formación integral aos estudantes, entre outras, as seguintes:
- Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
- Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
- Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
- Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. O proxecto UDC Saudable quere contribuír ao desenvolvemento científico potenciando a investigación naquelas áreas que contribúen a transformar o contorno universitario e comunitario nun espazo físico e psicosocial saudable, óptimo para o desenvolvemento persoal e social. A UDC Saudable inspírase e fundaméntase nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) -Axenda 2030- de Nacións Unidas, as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) e os documentos e propostas dos organismos e universidades que forman parte da "Conferencia de Rectores de Universidades Españolas-Sostenibilidad" (CRUE-Sostenibilidad) e da REUS. A UDC Saudable integrouse en decembro de 2016 na "Estrategia de Promoción de Salud y Prevención del Sistema Nacional de Salud" do "Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad".

XII OUTUBRO UDC SAUDABLE 2026: FACULTADE DE CIENCIAS DO DEPORTE E A EDUCACIÓN FÍSICA.Programa da Facultade de Ciencias d...
15/10/2026

XII OUTUBRO UDC SAUDABLE 2026: FACULTADE DE CIENCIAS DO DEPORTE E A EDUCACIÓN FÍSICA.

Programa da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, Link: https://drive.google.com/file/d/1KRGSdLjasqPUPtRQhroynX5oVKuGow-b/view

14 Octubre 10:00h     https://youtube.com/live/hwQg6T-kYTU?feature=share
16 Octubre 11:00h     https://youtube.com/live/5C9oa3qYMks?feature=share
17 Octubre 17:00h     https://youtube.com/live/wnsIeX4ZufI?feature=share
19 Octubre 13:30h     https://youtube.com/live/w25rD8HzHlY?feature=share
20 Octubre 12:00h     https://youtube.com/live/SuS659XiT9Q?feature=share
21 Octubre 12:00   https://youtube.com/live/DAk2a3fOV5M?feature=share
22 Octubre 9:30h   https://youtube.com/live/JtNNRr2lsEs?feature=share
22 Octubre 15:30h  https://youtube.com/live/FOrYrnriq4A?feature=share
23 Octubre 9:30h   https://youtube.com/live/RJXzWKqJJ9w?feature=share

Programa do XII Outubro UDC Saudable 2026: Link: https://www.udc.gal/gl/novas/A-UDC-celebra-o-XII-Outubro-UDC-Saudable-coincidindo-co-40-aniversario-da-Facultade-de-Ciencias-do-Deporte-e-da-Educacion-Fisica/


Dirección

UDC Saudable-Edificio Centro Universitario De Riazor (CUR) R/Manuel Murguía Y R/Almirante Lángara
A Coruña
15011

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando UDC Saudable publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a UDC Saudable:

Atajos

Compartir

Categoría