Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa

Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional

14/10/2026
Visita de estudos do alumnado de 2º de GASA ao Matadoiro Costa da Morte (Vimianzo)No marco das actividades prácticas do ...
13/10/2026

Visita de estudos do alumnado de 2º de GASA ao Matadoiro Costa da Morte (Vimianzo)

No marco das actividades prácticas do ciclo formativo de Grao Superior en Ganadería e Asistencia na Sanidade Animal (GASA), o grupo de 2º curso realizou unha visita de estudos ás instalacións do Matadoiro Costa da Morte, situado en Vimianzo.

Agradecer a Francisco Lema, veterinario oficial do matadoiro, e ao xerente do establecemento pola súa excelente acollida, atención e boa disposición para amosar de preto ao alumnado o traballo de inspección veterinaria e xestión sanitaria que se desenvolve no centro.

📢 Xa podes inscribirse no obradoiro práctico organizado polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Coristanco onde...
13/10/2026

📢 Xa podes inscribirse no obradoiro práctico organizado polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Coristanco onde aprenderás a presentar o teu produto ou servizo con máis seguridade, organizar mellor as túas ideas, controlar os nervios e comunicar o valor do que ofreces

💡 A través de exercicios prácticos, prepararás e ensaiarás unha presentación do teu propio negocio, recibirás consellos para mellorala e practicarás como responder preguntas con confianza

🚀 Anímate a participar e descubre como comunicar mellor o que fas para chegar á túa clientela! https://polosemprendemento.gal/calendar/oratoria-para-comunicar-con-confianza-e-vender

Estudo dun caso práctico: Producción carne de vacún TG Suprema.Na gandería de Diego Blanco analizáronse claves fundament...
12/10/2026

Estudo dun caso práctico: Producción carne de vacún TG Suprema.

Na gandería de Diego Blanco analizáronse claves fundamentais para a xestión e viabilidade no medio rural:
• Manexo e alimentación: Modelo tradicional centrado no benestar animal e no aleitamento materno.
• Emprendemento e finanzas: Estratexias de financiamento, xestión de recursos e retos actuais das explotacións.
• Comercialización e valor engadido: A relevancia das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) na competitividade do mercado.

Alumnos do CFGS Gandería e Asistencia en Sanidade Animal.

A LOXÍSTICA DO FRÍO, A EXAME EN CONXEMAR!O alumnado de Transporte e Loxística asistiu o V Encontro da Loxística do Frío,...
11/10/2026

A LOXÍSTICA DO FRÍO, A EXAME EN CONXEMAR!

O alumnado de Transporte e Loxística asistiu o V Encontro da Loxística do Frío, un evento clave organizado polo Clúster da Función Loxística de Galicia no marco de

Coñecemos os retos actuais da cadea de frío, as últimas innovacións tecnolóxicas no transporte refrixerado e o papel estratéxico de Galicia no sector alimentario e loxístico internacional.


Conxemar

Coñecer e calcular canta madeira temos nunha masa forestal é imprescindible nun aproveitamento. O alumnado de 1 de Xesti...
11/10/2026

Coñecer e calcular canta madeira temos nunha masa forestal é imprescindible nun aproveitamento.
O alumnado de 1 de Xestión Forestal realizou hoxe unha visita de estudos na que aprendeu a medir e cubicar a madeira en pé no Monte Veciñal Río do Sol (Erbecedo, Coristanco).

A APRENDIZAXE CONECTA CO MUNDO REAL.O alumnado do Ciclo Superior de Transporte e Loxística de Fonteboa visitamos as inst...
10/10/2026

A APRENDIZAXE CONECTA CO MUNDO REAL.
O alumnado do Ciclo Superior de Transporte e Loxística de Fonteboa visitamos as instalacións da Xallas Santa Comba SCG .
Durante o percorrido, puideron coñecer de preto o funcionamento operativo, a xestión da cadea de subministración e a loxística agroalimentaria que parte dun dos referentes do sector na comarca.

Intercambio técnico entre gandeiros irlandeses e granxas da Costa da Morte!Un grupo de 21 gandeiros irlandeses —colabora...
10/10/2026

Intercambio técnico entre gandeiros irlandeses e granxas da Costa da Morte!

Un grupo de 21 gandeiros irlandeses —colaboradores no acollemento de alumnado da EFA Fonteboa no programa Erasmus+ — visitaron as explotacións Finca A Devesa S.L. e Pastora S.C.

O obxectivo da xornada foi analizar no terreo os datos técnicos e económicos das granxas galegas para estabilizar comparativas cos modelos de xestión e produción de Irlanda.

Unha oportunidade para o intercambio de coñecemento real e a análise de custos e rendementos entre profesionais do sector lácteo.

Visita técnica do alumnado de 2º de GASA a unha explotación cunícola.O alumnado de 2º curso do CFGS en Ganadería e Asist...
09/10/2026

Visita técnica do alumnado de 2º de GASA a unha explotación cunícola.

O alumnado de 2º curso do CFGS en Ganadería e Asistencia na Sanidade Animal visitou a explotación cunicola de Pilar Varela e o seu marido.
Durante a xornada, os titulares da granxa explicáronlles en detalle o manexo diario da explotación e a relevancia directa que teñen os protocolos de sanidade e benestar animal nos rendementos e na calidade desta produción.

Dirección

Feiranova S/n
Coristanco
15147

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa:

Atajos

Compartir