08/10/2026
A semana pasada tivemos o pracer de recibir a visita de 15 estudantes e 2 docentes da escola Fosbos Landshut (Alemaña).
Durante a súa estancia, o alumnado traballou na procura de información sobre diferentes aspectos relacionados coas tradicións, a cultura e a economía de Galicia, coñecendo de primeira man a nosa realidade e compartindo tamén experiencias co noso alumnado.
Unha oportunidade para aprender, intercambiar coñecementos e seguir construíndo pontes entre centros educativos europeos.
Agardamos volver colaborar con FOSBOS Landshut moi pronto!