21/09/2026
🌃 O vindeiro venres, 25 de setembro, o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni e o Campus Industrial Ferrol da Universidade da Coruña participamos un ano máis na : a , unha iniciativa que forma parte da e que busca achegar a ciencia á cidadanía.
📅 Abriremos as nosas portas para vivir unha xornada de ciencia, experimentación e divulgación con 10 actividades, nas que poderedes:
🌊 Explorar o océano como fonte de enerxía do futuro.
🧪 Xogar coa ciencia dos biopolímeros e descubrir os plásticos biodegradables.
⚙️ Coñecer a relación entre o corpo humano e a enxeñaría mecánica.
🍳 Descubrir a mecánica de fluídos a través da cociña.
🧲 Visualizar a radiación nuclear e experimentar coa supercondutividade.
🖨️ Descubrir novos polímeros sostibles para a impresión 3D.
⚓ Poñer a proba os vosos coñecementos sobre deseño de buques.
🤖 Explorar a robótica intelixente e o papel dos sensores e da intelixencia artificial.
➗ Poñer a proba as matemáticas con materiais manipulables.
⚕️ Descubrir como iluminar o cancro para estudalo.
🤝 A programación, en Ferrol, contará tamén coa colaboración do CITIC Centro de Investigación TIC - Universidade da Coruña, do CITMAga e da Asociación Española Contra el Cáncer.
🟠 E como ven sendo habitual, a participación do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni esténdese tamén ata a A Coruña, a través do noso grupo , que se suma ás actividades programadas na cidade herculina, coa actividade «ROVs, simuladores e máis: visita á ETS Náutica y Máquinas (A Coruña)!».
🕔 Lembrade que pola mañá será o tempo para as visitas de centros escolares; e xa pola tarde, as actividades estarán abertas ao público xeral, de 17 a 20 h, con quendas de 20 min. e prazas limitadas. Reserva xa a túa e non quedes fóra!
👩🔬👨🔬 Ven, un ano máis, a experimentar, descubrir e aprender da man das persoas investigadoras do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni! 📰❗Velaquí a nova.
O Campus Industrial de Ferrol converterase o vindeiro 25 de setembro nun punto de encontro coa ciencia con motivo da G-Night 2026. O CITENI abrirá os seus laboratorios e espazos a centros educativos e público xeral cun programa de dez actividades prácticas arredor da enxeñaría, os materiais, a ...