Campus Industrial Ferrol

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Campus Industrial Ferrol Perfil Oficial do Campus Industrial de Ferrol
(Universidade da Coruña)
e-mail: [email protected]
tfno.: +34 881 01 3621

O Campus Industrial de Ferrol está especializado principalmente no ámbito da Enxeñaría e ademáis, comprende estudos nas Ciencias do Artificial, Ciencias do Traballo, Ciencias da Saúde e as Ciencias Humanísticas. Conta con 6 centros onde se imparten 11 grados, 7 másteres e 6 programas de doutoramento e alberga multitude de actividades e servizos. Estudan ó redor de 2.600 alumnos e serve como motor da investigación, a innovación e o desenrolo conectando a universidade có entorno.

  "Laboratorios Castrexos", unha iniciativa promovida pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial Universidade d...
13/10/2026

"Laboratorios Castrexos", unha iniciativa promovida pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial Universidade da Coruña Concello de Ferrol, financiada pola Fundación L. Monteagudo e dirixida a estudantado de Educación Primaria e ESO da comarca de Ferrolterra.
📌 "Construímos un poboado castrexo" + "As pegadas do barro" + "As orixes da moda"
📍 Campus Industrial Ferrol 💰 Inscrición gratuíta
☎️ 881 013 820 📧 [email protected]

  III Ciclo de Conferencias “Auto-Sinerx-IA. A Automática e a Intelixencia Artificial como Ferramentas para os Desafíos ...
13/10/2026

III Ciclo de Conferencias “Auto-Sinerx-IA. A Automática e a Intelixencia Artificial como Ferramentas para os Desafíos da Industria e da Sociedade” organizado por profesorado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF). Inscríbete en ➡️ https://n9.cl/0p77l
📅 15, 28 e 29/OUTUBRO 🕦 Ás 12:30 horas
📍 Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial Ferrol

  Un equipo internacional liderado por persoal investigador da Universidade da Coruña conseguiu medir directamente e nun...
13/10/2026

Un equipo internacional liderado por persoal investigador da Universidade da Coruña conseguiu medir directamente e nun único paso a cristalización de polímeros semicondutores en escalas de tempo inferiores ao segundo. A investigación, titulada «Understanding the Ultrafast Crystallization Kinetics of Donor–Acceptor Semiconducting Polymers», forma parte da tese de doutoramento que Josep Tent desenvolve no Laboratorio de Polímeros Funcionais do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni baixo a supervisión do investigador Oportunius Jaime Martín.

  O Salón de Actos do Hospital Naval de Ferrol foi o lugar elixido pola Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universid...
10/10/2026

O Salón de Actos do Hospital Naval de Ferrol foi o lugar elixido pola Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña para acoller, este venres 9/OUTUBRO, o actos do Día Internacional da Podoloxía nos que se conmemoraron os 25 anos da primeira promoción de titulados e tituladas en Podoloxía (1998 – 2001) e os 26 anos de traxectoria da Clínica Universitaria de Podoloxía. Todo isto, baixo o lema “25 anos de vocación, docencia e servizo á sociedade” e no marco do XII Outubro UDC Saudable.

  O alumnado do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, titulación que se imparte na Escola ...
09/10/2026

O alumnado do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), presenta os xogos "Purgatory Hoops", "Néboa’s Hut" e "Splash on Contact" na primeira edición do SAGA Barcelona Game Fest en Fira Barcelona Montjuïc. Deste hoxe, venres 9, e ata o domingo 11/OUTUBRO, o público asistente poderá probar as demos achegándose ao stand da Universidade da Coruña.

  A Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña conmemora, este venres 9/OUTUBRO, de 12:00 a 14:00 hor...
06/10/2026

A Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña conmemora, este venres 9/OUTUBRO, de 12:00 a 14:00 horas, no Salón de Actos do Hospital Naval de Ferrol, o Día Internacional da Podoloxía cun acto no que se celebrarán os 25 anos da primeira promoción de titulados e tituladas en Podoloxía (1998 – 2001) e os 26 anos de traxectoria da Clínica Universitaria de Podoloxía. Faráo baixo o lema “25 anos de vocación, docencia e servizo á sociedade” e no marco do XII Outubro UDC Saudable.

  A profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Alicia Munín Doce, vén de ser nomeada codirectora da ...
05/10/2026

A profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Alicia Munín Doce, vén de ser nomeada codirectora da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos, impulsada pola Universidade da Coruña e máis por Navantia. Exercerá esta función xunto con Rafael Morgade, responsable de Transformación Dixital e Industrial en Navantia Ría de Ferrol e codirector desde o curso 2025/26. Toma o relevo da tamén profesora neste centro do Campus Industrial Ferrol, Ana Álvarez García, quen a codirixiu deste o seu nacemento en 2017.

  A vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social, Ana Ares, visitou, este xoves 1/OUTUBRO, ao a...
01/10/2026

A vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social, Ana Ares, visitou, este xoves 1/OUTUBRO, ao alumnado aloxado na Residencia Universitaria do Campus Industrial Ferrol para darlle a benvida neste novo curso 2026/27.

  O Castro de Esmelle acolle desde este luns 28/SETEMBRO e ata o venres 9/OUTUBRO unha quinta intervención arqueolóxica,...
29/09/2026

O Castro de Esmelle acolle desde este luns 28/SETEMBRO e ata o venres 9/OUTUBRO unha quinta intervención arqueolóxica, a segunda que se desenvolve neste xacemento da Idade de Ferro no que vai de ano. Os traballos darán continuidade á campaña realizada durante o pasado mes de xullo e centraranse no estudo dun edificio localizado na zona de acceso ao castro. A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial, promovida pola Universidade da Coruña xunto co Concello de Ferrol, e conta co apoio económico da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude.

  Nova Conferencia da Cátedra Jorge Juan Universidade da Coruña Armada: "Evolución do deseño dos sistemas para a protecc...
28/09/2026

Nova Conferencia da Cátedra Jorge Juan Universidade da Coruña Armada: "Evolución do deseño dos sistemas para a protección fronte ao risco de inundacións en contornas urbanas", impartida polo catedrático de Ingeniería Hidráulica y vicerrector de Investigación y Transferencia da Universidade da Coruña, Jerónimo Puertas Agudo.
📅 Xoves 1/OUTUBRO 🕖 Ás 19:00 horas
📍 Sala Carlos III - Museo de la Construccion Naval. Fundacion Exponav

Dirección

R/Drive Vázquez Cabrera S/n
Ferrol
15403

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 19:00
Martes 09:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 19:00
Sábado 09:00 - 14:00

Teléfono

+34881013621

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Campus Industrial Ferrol publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Campus Industrial Ferrol:

Atajos

Compartir

Categoría