UNED Lugo

UNED Lugo Universidad Nacional de Educación a Distancia

27/05/2026

🤝A UNED de Lugo reforza a súa alianza coa Deputación Provincial nun momento histórico para o centro universitario

A UNED de Lugo recibiu hoxe a visita institucional da presidenta da Deputación Provincial de Lugo; Carmela López Moreno nun encontro que serviu para compartir os principais avances e proxectos estratéxicos do centro, así como para reforzar a colaboración entre ambas institucións nun momento especialmente relevante para a universidade pública na provincia.

Desde a dirección da UNED de Lugo trasladouse o agradecemento á Deputación polo seu apoio continuado a un proxecto universitario que segue medrando e consolidándose como unha ferramenta esencial de cohesión territorial, igualdade de oportunidades e acceso á educación superior desde calquera punto da provincia.

Durante a visita púxose en valor o récord histórico de matrícula acadado no curso 2025-2026, no que a UNED de Lugo alcanza os 1.245 estudantes, cun incremento do 12,5 % respecto ao curso anterior. Uns datos que, segundo destacou o centro, “confirman a confianza crecente da cidadanía nun modelo universitario flexible, moderno e conectado coa realidade social e territorial de Lugo”.

A reunión permitiu abordar tamén a incorporación do novo Grao en Intelixencia Artificial, unha das grandes novidades académicas da UNED. Desde o centro subliñouse a importancia de poder ofrecer desde Lugo unha formación universitaria vinculada a un dos sectores máis estratéxicos do presente e do futuro, favorecendo a formación de talento dixital sen necesidade de desprazarse a outras cidades.

Neste contexto, a UNED destacou tamén a súa capacidade para adaptar a oferta académica ás novas necesidades sociais, profesionais e tecnolóxicas, mantendo un modelo universitario accesible, flexible e compatible coa vida laboral e familiar.

Outro dos aspectos centrais da visita foi a presentación do impacto social da actividade da UNED de Lugo. O centro acadou un índice SROI de 13,25 euros por cada euro investido, xerando un retorno social superior aos 13,3 millóns de euros. Para a UNED, estes datos “demostran que o investimento en educación pública universitaria ten un impacto directo no desenvolvemento educativo, social, cultural e territorial da provincia”.

22/05/2026

🌍 Un novo recoñecemento ao compromiso ambiental da UNED de Lugo.

A UNED de Lugo acaba de recibir o selo “Calculo + Reduzo” 2024, outorgado pola Oficina Española de Cambio Climático, en recoñecemento ao seu compromiso co cálculo, rexistro e redución da pegada de carbono.

📉 O centro conseguiu unha redución do 16,84 % da media da intensidade de emisión no trienio 2022-2024 respecto ao trienio anterior, nos alcances 1+2.

Este recoñecemento reforza o papel da Oficina Verde dos Centros Asociados da UNED, con sede en Lugo, como estrutura técnica de apoio á sustentabilidade, á xestión ambiental e á acción climática na rede de Centros Asociados.

🌱 Seguimos traballando por unha universidade máis sostible, máis eficiente e máis comprometida co futuro.

Sostibilidade CalculoReduzo UNEDSostible ODS MedioAmbiente

🗣Hoxe participamos na duodécima edición do Taller de Boas Prácticas de Centros Asociados da UNED, que reuniu a máis dun ...
23/04/2026

🗣Hoxe participamos na duodécima edición do Taller de Boas Prácticas de Centros Asociados da UNED, que reuniu a máis dun cento de profesionais de toda a rede.

Este encontro ten como obxectivo compartir iniciativas que sirvan de inspiración e referencia entre centros asociados .

Neste contexto, desde a UNED de Lugo presentamos a nosa experiencia:
👥“A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, unha iniciativa que foi recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025, poñendo en valor o noso compromiso coa innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa nosa contorna.

🙏Grazas á organización e a todos os centros participantes por compartir coñecemento e boas prácticas.

Seguimos traballando para construír unha UNED máis conectada, accesible e comprometida🚀

Obradoiros creativos e formación integral estes días na UNED de Foz 🎓👟Esta semana pasada os nenos e nenas de 5 a 9 anos ...
09/04/2026

Obradoiros creativos e formación integral estes días na UNED de Foz 🎓👟

Esta semana pasada os nenos e nenas de 5 a 9 anos divertíronse moito no noso "Obradoiro de manualidades de Semana Santa en inglés/Children's Easter crafts workshop in English"! Unha xornada chea de creatividade e alegría, onde aprenderon a cultura inglesa xogando con cores e texturas. 🐰🪺

Pero iso non é todo! Tamén comezamos o noso "Curso básico de entrenamiento híbrido: cómo combinar fuerza y resistencia para mejorar el estado físico". O noso instructor deportivo guíanos para mellorar a nosa condición integralmente, combinando diferentes tipos de exercicios. Temos 47 persoas inscritas, tanto online coma presencial na nosa aula! 🙌👏

26/03/2026

𝘾𝙤𝙣̃𝙚𝙘𝙚𝙨 𝙖 𝙇𝙖𝙪𝙧𝙖 𝘾𝙖𝙢𝙞𝙣̃𝙤? 🚜 No marco de "Voces que abren camiños" da , descubrimos a historia desta gandeira que dende os 17 anos traballa na súa explotación familiar.

Laura racha cos estereotipos do sector e reivindica o papel fundamental das mulleres no campo: de estar invisibilizadas a ser referentes que conducen o futuro do rural. 👩‍🌾🌾

👇 Cóntanos, que che transmite a súa historia de vida?

24/03/2026

𝘾𝙤𝙣̃𝙚𝙘𝙚𝙨 𝙖 𝙉𝙤𝙖 𝙋𝙚𝙧𝙨𝙖́𝙣? 🎨 No marco de "Voces que abren camiños" da , descubrimos o universo desta artista que utiliza a pintura para rachar cos prexuízos e reivindicar o papel da muller na sociedade.

Desde o Pazo de Tor ata os museos de León ou Murcia, a súa obra non deixa a ninguén indiferente. 🌍✨

👇 Cóntanos, que che transmite a súa arte?

🌳 𝙉𝙤𝙫𝙤 𝙚𝙥𝙞𝙨𝙤𝙙𝙞𝙤 𝙙𝙚 '𝙋𝙡𝙖𝙣 𝘼': 𝙊 𝙥𝙪𝙡𝙢𝙤́𝙣 𝙙𝙚 𝙂𝙖𝙡𝙞𝙘𝙞𝙖 𝙖 𝙙𝙚𝙗𝙖𝙩𝙚Polo Día Internacional dos Bosques, estreamos o segundo episod...
21/03/2026

🌳 𝙉𝙤𝙫𝙤 𝙚𝙥𝙞𝙨𝙤𝙙𝙞𝙤 𝙙𝙚 '𝙋𝙡𝙖𝙣 𝘼': 𝙊 𝙥𝙪𝙡𝙢𝙤́𝙣 𝙙𝙚 𝙂𝙖𝙡𝙞𝙘𝙞𝙖 𝙖 𝙙𝙚𝙗𝙖𝙩𝙚
Polo Día Internacional dos Bosques, estreamos o segundo episodio de Plan A, o podcast da UNED de Lugo. Nesta ocasión, temos o luxo de contar cunha das voces máis autorizadas no ámbito forestal: Antonio Rigueiro Rodríguez, catedrático e académico da RAG🔝.

Non perdas a oportunidade de escoitar a quen mellor coñece as nosas raíces🌳. Galicia é terra de montes, e entender o seu valor é o primeiro paso para protexelos♻️.

👉 Xa dispoñible en YouTube: https://youtu.be/F20hUee1ZL0

20/03/2026

✨ “𝙑𝙚𝙭𝙖𝙨 𝙤𝙣𝙙𝙚 𝙫𝙚𝙭𝙖𝙨, 𝙝𝙖𝙞 𝙪𝙣𝙝𝙖 𝙢𝙪𝙡𝙡𝙚𝙧 𝙖𝙗𝙧𝙞𝙣𝙙𝙤 𝙘𝙖𝙢𝙞𝙣̃𝙤”
💜 Isabel Fernández García lémbranos que a historia da ciencia en Lugo ten nome de muller.

Neste vídeo, Isabel fálanos do seu compromiso por rescatar do esquecemento ás primeiras universitarias de ciencias de Lugo. Mulleres coma Manuela Barreiro Pico, que romperon barreiras cando semellaba imposible.👩‍🔬

Na UNED de Lugo seguimos traballando para que esas voces nunca se apaguen.

17/03/2026

💜𝙑𝙤𝙘𝙚𝙨 𝙦𝙪𝙚 𝙖𝙗𝙧𝙚𝙣 𝙘𝙖𝙢𝙞𝙣̃𝙤𝙨: 𝘼𝙡𝙗𝙖 𝙇𝙤́𝙥𝙚𝙯
Hoxe coñecemos a historia de Alba López, porteira do Grupo Forma-t Vilalba en Segunda División Nacional e internacional coas seleccións españolas Sub-19 e Sub-21. 🧤🇪🇸

Alba fálanos da súa traxectoria dende A Fonsagrada ata a elite, e de como superou os prexuízos nun deporte tradicionalmente masculinizado 🥅.

"Dá igual rapaz que rapaza, podes chegar ao mesmo"

A súa determinación é un exemplo para todas as nenas que soñan con facer do deporte a súa profesión. Grazas, Alba, por demostrar que con esforzo e valentía non hai meta inalcanzable. 💪💜

🚀 𝙍𝙀́𝘾𝙊𝙍𝘿 𝙃𝙄𝙎𝙏𝙊́𝙍𝙄𝘾𝙊 𝙉𝘼 𝙐𝙉𝙀𝘿 𝘿𝙀 𝙇𝙐𝙂𝙊!Estamos de celebración! 🎉 Este curso 2025-2026 fixemos historia xuntos. O noso cent...
13/03/2026

🚀 𝙍𝙀́𝘾𝙊𝙍𝘿 𝙃𝙄𝙎𝙏𝙊́𝙍𝙄𝘾𝙊 𝙉𝘼 𝙐𝙉𝙀𝘿 𝘿𝙀 𝙇𝙐𝙂𝙊!

Estamos de celebración! 🎉 Este curso 2025-2026 fixemos historia xuntos. O noso centro asociado alcanzou a cifra de 1.245 estudantes, o dato máis alto rexistrado ata o momento.

Que significan estes números?
📈 Medramos un 12,5% respecto ao curso pasado.
🔝 Un incremento do 9,7% só neste segundo prazo de matrícula.
💪 Dende 2019, o noso alumnado aumentou un 25%.

Grazas por confiar na UNED de Lugo para formar o voso futuro. Este crecemento consolídanos como un referente educativo na provincia, facilitando que cada vez máis persoas poidan conciliar os estudos coa súa vida persoal e laboral.

Lugo quere aprender, e nós estamos aquí para facelo posible. Grazas por formar parte da ! 🎓✨

Dirección

Tolda De Castela 4B
Lugo
27169

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 21:00
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 21:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando UNED Lugo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría