28/08/2026
⏰ Lembra!
O vindeiro xoves, 3 de setembro a Cátedra en Xestión Cultural da USC organiza a mesa coloquio "O Arde Lvcvs a debate", un encontro para reflexionar sobre os desafíos de presente e de futuro dunha festa que este ano celebra o seu 25º aniversario e que xa é un referente como Festa de Interese Turístico Internacional.
Unha oportunidade para escoitar a representantes das asociacións do Arde Lvcvs e compartir unha conversa sobre o papel da participación cidadá, a identidade da festa e os retos que afrontará nos vindeiros anos.
📅 3 de setembro.
🕚 11:00 h.
📍 Casa do Saber (Pazo de Montenegro, Lugo).
Se che interesa a cultura, o patrimonio e a súa xestión, agardámoste 🙂.