EPS de Enxeñaría

Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

EPS de Enxeñaría Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) Todas elas permiten adquirir competencias profesionalizantes.

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría forma titulados dende 1993, ano da súa fundación. As nosas ensinanzas están fundamentalmente relacionadas coa xestión do territorio, e moi especialmente, co rural. Así poderás cursar con nós titulacións relacionadas coa agronomía, o forestal, a topografía, a enxeñaría civil e as industrias agroalimentarias e madeireiras. Somos un centro multidisciplinar con ampla experiencia formativa e investigadora onde poderás atopar cursos de especialización para posgraduados. A EPS é un centro internacionalizado que recibe habitualmente estudantes latinoamericanos e europeos. Coñécenos!!

Esta mañá celebramos na EPSE unha visita guiada á nosa central de biomasa, na que as persoas asistentes puideron coñecer...
15/10/2026

Esta mañá celebramos na EPSE unha visita guiada á nosa central de biomasa, na que as persoas asistentes puideron coñecer de preto o funcionamento destas instalacións e o aproveitamento dos recursos forestais como alternativa aos combustibles fósiles 🌲♻️

Compartimos algunhas imaxes desta actividade, que permitiu achegarse a unha aplicación práctica da biomasa e ao seu papel na transición cara a modelos máis sostibles 📸🌍

Campus Terra USC | Universidade de Santiago de Compostela

🌊🌱 O vindeiro 22 de outubro celebrarase na Misión Biolóxica de Galicia o evento final do proxecto BIO_MARTERRA, no que p...
09/10/2026

🌊🌱 O vindeiro 22 de outubro celebrarase na Misión Biolóxica de Galicia o evento final do proxecto BIO_MARTERRA, no que participan investigadores da EPSE.

Durante a xornada presentaranse os principais resultados deste proxecto, centrado na elaboración de bioestimulantes a partir de algas mariñas e na súa avaliación en variedades autóctonas de horta, pataca e viña, tanto en laboratorio e invernadoiro coma en condicións de campo 🔬🌿

A programación inclúe tamén a intervención de Andrés Osoro, investigador predoutoral do Campus Terra EPSE-USC, que abordará a validación científica de diferentes bioestimulantes de algas mariñas en cultivos de horta sometidos a condicións de estrés abiótico.

📅 22 de outubro
🕚 11:00-13:30 h
📍 MBG-CSIC, Salcedo, Pontevedra

Campus Terra USC | Universidade de Santiago de Compostela

🥛🏭 O alumnado de 1º curso do Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria visitou as instalacións de LACTALIS en Nadela,...
08/10/2026

🥛🏭 O alumnado de 1º curso do Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria visitou as instalacións de LACTALIS en Nadela, nunha actividade pensada para achegarse desde o inicio da titulación á realidade do sector agroalimentario galego 🌱📚

Durante a visita, as e os estudantes puideron coñecer máis de preto o funcionamento dunha industria láctea de referencia e descubrir a importancia da enxeñaría agrícola e agroalimentaria nos procesos de produción, transformación e innovación alimentaria 👏✨

Campus Terra USC | Universidade de Santiago de Compostela

🐄🥛 O alumnado de 1.º curso do Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria participou nunha viaxe de benvida a Lactalis ...
06/10/2026

🐄🥛 O alumnado de 1.º curso do Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria participou nunha viaxe de benvida a Lactalis e á Granxa Gayoso Castro, dúas paradas moi vinculadas ao sector lácteo galego 🌱✨

A saída permitiu ao novo estudantado achegarse desde o inicio da súa etapa universitaria á realidade profesional do ámbito agroalimentario, coñecendo de preto instalacións, procesos e experiencias que forman parte dun sector estratéxico para Galicia 📚🚜

Un primeiro contacto co territorio e coa profesión para comezar o curso con aprendizaxe, compañeirismo e moita motivación 👏

Campus Terra USC | Universidade de Santiago de Compostela

🆕 𝕌́𝕃𝕋𝕀𝕄𝔸𝕊 ℕ𝕆𝕍𝔸𝕊 𝔻𝔸 𝔼ℙ𝕊! 🆕💠A EPSE aborda en Xapón como avanzar cara a unha relación máis equilibrada entre as sociedades...
02/10/2026

🆕 𝕌́𝕃𝕋𝕀𝕄𝔸𝕊 ℕ𝕆𝕍𝔸𝕊 𝔻𝔸 𝔼ℙ𝕊! 🆕

💠A EPSE aborda en Xapón como avanzar cara a unha relación máis equilibrada entre as sociedades humanas e a natureza. Participará nunha publicación sobre paisaxes diversas e multifuncionais, capaces de proporcionar alimentos e outros recursos, conservar biodiversidade e manter valores culturais e formas de coñecemento local.
➡️ https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/epse-aborda-xapon-avanzar-cara-relacion-equilibrada-sociedades-humanas-natureza

💠O foro Agrovalor reivindicou a necesidade de avanzar desde a xestión de residuos cara á valorización de recursos. O encontro reuniu máis dun cento de participantes procedentes de universidades, empresas, administracións públicas, estudantado, cooperativas e outras entidades vinculadas ao medio rural.
➡️ https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/foro-agrovalor-reivindicou-necesidade-avanzar-xestion-residuos-cara-valorizacion-recursos

Campus Terra USC | Universidade de Santiago de Compostela

🎓🤝 Hoxe celebrouse na Facultade de Administración e Dirección de Empresas a xornada Conecta Campus “A Ponte cara ao futu...
30/09/2026

🎓🤝 Hoxe celebrouse na Facultade de Administración e Dirección de Empresas a xornada Conecta Campus “A Ponte cara ao futuro en Lugo”, un encontro dirixido a orientadoras e orientadores dos institutos para presentar a oferta formativa dos centros da USC no Campus de Lugo 📚✨

En representación da EPSE participaron Carlos Amiama e Adriana Conde, que achegaron información sobre as titulacións da escola e as posibilidades que ofrece a nosa formación en ámbitos como a enxeñaría, o territorio, a tecnoloxía e a innovación 🌱🏗️🤖

Unha xuntanza para seguir creando pontes entre o ensino secundario e a universidade, acompañando ao futuro alumnado na elección do seu camiño académico e profesional 🚀

Campus Terra USC | Universidade de Santiago de Compostela

📰 El Progreso de Lugo publicou unha reportaxe sobre o Grao en Enxeñaría Civil da EPSE, unha titulación que combina forma...
21/09/2026

📰 El Progreso de Lugo publicou unha reportaxe sobre o Grao en Enxeñaría Civil da EPSE, unha titulación que combina formación técnica e traballo sobre problemas reais, desde estudos de mobilidade ata estradas máis sostibles ou investigacións sobre enerxía mariña.

A peza recolle a testemuña do profesor Alberte Castro e destaca o carácter práctico do grao, con proxectos vinculados á mobilidade en Lugo, á mellora de infraestruturas e ao desenvolvemento de novos materiais para pavimentos 🚧

Unha formación habilitante, con itinerarios de especialización en Transportes e Servizos Urbanos, Construcións Civís e Hidroloxía, e cunha demanda profesional en crecemento 👷‍♀️📚

🔗 Podedes ler a noticia completa na seguinte ligazón 👇
https://goo.su/t4xN6

Campus Terra USC | Universidade de Santiago de Compostela

🌏🌰 A EPSE participou a pasada semana en Toquio (Xapón) nun workshop internacional centrado na preparación dunha publicac...
18/09/2026

🌏🌰 A EPSE participou a pasada semana en Toquio (Xapón) nun workshop internacional centrado na preparación dunha publicación científica sobre paisaxes socioecolóxicas produtivas.

O alumno Joaquín Camba e o profesor e investigador do iTERRA Emilio Díaz presentaron o traballo Monitoring multifunctionality in Chestnut-based SEPLs: A Landscape-integrated Approach in NW Spain, centrado nas paisaxes de soutos do noroeste de España 🌿📚

A súa contribución formará parte do volume 12 da Satoyama Initiative Thematic Review, editada por Springer Nature no marco da Iniciativa Internacional Satoyama, e dedicada nesta edición á monitorización da multifuncionalidade destas paisaxes.

Unha participación que reforza a proxección internacional da investigación desenvolvida desde a EPSE arredor da paisaxe, a biodiversidade, o territorio e os sistemas produtivos tradicionais 🌱🤝

Campus Terra USC | Universidade de Santiago de Compostela

Dirección

Rúa Benigno Ledo S/n, Campus Universitario
Lugo
27002

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 22:00
Martes 08:00 - 22:00
Miércoles 08:00 - 22:00
Jueves 08:00 - 22:00
Viernes 08:00 - 22:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando EPS de Enxeñaría publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a EPS de Enxeñaría:

Atajos

Compartir

Categoría