Campus Terra USC

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Campus Terra USC Conta de Facebook oficial do Campus Terra.

Conta oficial do campus da Universidade de Santiago de Compostela especializado na sostibilidade económica, social e medioambiental do uso da terra.

🌾 Hoxe, ás 10:30 horas, terá lugar no edificio CACTUS a Mesa LIRES do Rural, un encontro de traballo e cooperación trans...
16/10/2026

🌾 Hoxe, ás 10:30 horas, terá lugar no edificio CACTUS a Mesa LIRES do Rural, un encontro de traballo e cooperación transfronteiriza no que se darán cita máis de 20 profesionais e representantes de diferentes organizacións, institucións e entidades de Galicia e Portugal para definir os retos da mocidade rural do futuro.

Durante a xornada analizaranse os resultados dunha enquisa realizada a máis de 500 mozos e mozas de Galicia e Portugal, a cal permitirá coñecer de primeira man as súas percepcións, preocupacións, expectativas e propostas sobre o presente e o futuro do medio rural.

O emprendemento e a innovación, a dixitalización, a valorización dos recursos locais, o acceso a servizos ou a participación xuvenil serán algúns dos eixos a tratar nesta reunión de traballo, co fin de transformar as necesidades detectadas en retos concretos que poidan ser abordados mediante novas ideas, proxectos e solucións innovadoras.

🧀🔬 Compartir coñecementos e experiencias sobre as últimas tendencias no desenvolvemento de produtos alimentarios.Ese é o...
15/10/2026

🧀🔬 Compartir coñecementos e experiencias sobre as últimas tendencias no desenvolvemento de produtos alimentarios.

Ese é o obxectivo principal da cuarta edición das xornadas sobre ingredientes e aditivos na industria láctea e alimentaria organizadas pola Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias, que terán lugar os días 22 e 23 deste mes na Facultade de Veterinaria do Campus Terra USC.

O programa incluirá dúas conferencias maxistrais impartidas polo investigadores Ángel Gil e Javier Fontecha e diversos relatorios que abordarán as tendencias máis relevantes do mercado, así como os avances tecnolóxicos que están marcando a evolución da industria.

A data límite para inscribirse é o día 18, e debe facerse cubrindo o seguinte formulario: https://forms.cloud.microsoft/pages/responsepage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHeyR8Gpiufw9MvNl6YUKaqJBURE9WMEpDVUdOTzQ3SFc3UlNOMUxMMVMwMCQlQCN0PWcu&origin=lprLink&route=shorturl

👉 https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/aula-produtos-lacteos-aborda-ultimas-tendencias-ingredientes-aditivos-industria-lactea-alimentaria

💡 Gústache innovar? Queres vivir unha experiencia diferente mentres contribúes ao futuro do rural galego? Entón temos al...
14/10/2026

💡 Gústache innovar? Queres vivir unha experiencia diferente mentres contribúes ao futuro do rural galego? Entón temos algo que che pode interesar 👇

Os días 24 e 25 de outubro terá lugar, na Facultade de Administración e Dirección de Empresas - Lugo, a 6ª edición da Terra Creative Jam – Reinventa o Rural, un evento creativo e de innovación gratuíto que busca fomentar a implicación da comunidade universitaria e mocidade coas zonas rurais, aproveitando ideas innovadoras que poidan contribuír ao seu desenvolvemento sustentable.

Dirixida ao estudantado universitario, persoas egresadas da Universidade de Santiago de Compostela, emprendedores, profesionais e toda aquela cidadanía e mocidade con ganas de innovar, esta iniciativa permitirache participar en dinámicas de innovación, creatividade e xeración de ideas, resolver retos reais do rural, desenvolver prototipos e aprender en obradoiros prácticos.

Ademais, as mellores propostas recibirán premios, apoio institucional, posibles vías de financiamento e ter a posibilidade de incubarse e desenvolver a súa idea dentro do proxecto Lires Rural e nos programas de emprendemento da USC.

✍️ As inscricións están abertas ata o 23 de outubro ás 14:00 h. As prazas son limitadas. Reserva a túa praza e únete a unha experiencia única de innovación e aprendizaxe! Podes facelo cubrindo o seguinte formulario: https://lires.eu/es/terracreativejam/rexistro/

13/10/2026

🧠 E se saber máis non significase necesariamente decidir mellor?

César Pérez, profesor e investigador de PROePLA, ten unha pregunta que lle dá voltas á cabeza. E se tivese recursos ilimitados para investigar, xa sabe por onde empezaría.

🎤 Escoita a súa resposta.

🌱🔬 Xa queda menos para o II Congreso Ibérico de Mocidade Investigadora!A semana que vén presentaranse no Campus Terra US...
13/10/2026

🌱🔬 Xa queda menos para o II Congreso Ibérico de Mocidade Investigadora!

A semana que vén presentaranse no Campus Terra USC preto de 150 traballos científicos de ámbitos como One Health, alimentación, produción animal, medio rural, agricultura, cambio climático ou biodiversidade no marco da segunda edición deste congreso creado por e para a mocidade investigadora ibérica.

Baixo o lema ‘Raíces do coñecemento’, estas xornadas, dirixidas a estudantes de grao e mestrado, predoutorais e novo persoal investigador, pretenden actuar como unha xuntanza de iniciación, divulgación e formación para aquelas persoas que se atopen no comezo da súa andaina científica ou que queiran consolidar a súa carreira investigadora tras o remate dos seus estudos universitarios.

✍️ Se estás pensando en asistir aínda estás a tempo! A inscrición no congreso finaliza mañá e pode realizarse cubrindo o seguinte formulario: https://forms.cloud.microsoft/pages/responsepage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHe2pSadVNiD9Gu1ikK2v_Qr9UNTZWNzJUWEdSQVNWSENKTDZUNldJMzYzVi4u&origin=lprLink&route=shorturl

👉 https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/campus-terra-desenvolve-ii-congreso-iberico-mocidade-investigadora

A vindeira semana darán comezo varios cursos do Plan Formativo do Campus Terra USC aos que aínda estás a tempo de inscri...
09/10/2026

A vindeira semana darán comezo varios cursos do Plan Formativo do Campus Terra USC aos que aínda estás a tempo de inscribirte 👇

🌱 ‘Aplicacións do cultivo in vitro en vexetais: microenxerto e illamento de meristemos’. Será impartido por Juan Luis Fernández Lorenzo e terá lugar os días 13, 14 e 15 de outubro en horario de 16:00a 20:00 horas no Seminario II. As sesións prácticas desenvolveranse no Laboratorio de Micropropagación.

🔢 ‘Programación orientada a obxectos con Python’. Impartido por Efrén Arias Jordán, celebrarase os días 13, 15, 20, 22, 27 e 29 deste mes en horario de 16:30 a 19:45 horas, na EPS de Enxeñaría.

🤖 ‘Intelixencia Artificial Aplicada á Análise de Datos en Ciencias Biomoleculares e Tecnoloxía dos Alimentos’. Realizarase entre o 13 e o 16 en horario de 16:00 a 20:00 horas, na Facultade de Ciencias, e será impartido por Patricia Cazón Díaz e Sonia Valladares Rodríguez.

🐄 ‘Os proxectos agropecuarios dende a perspectiva da lexislación e a obtención das licencias administrativas’. Impartido por María Elena Piñeiro Sotelo, desenvolverase o día 14 en horario de 10:00 a 14:00 horas na sala de xuntas da EPS de Enxeñaría.

🥖 ‘Radiografía do Pan galego’. Coordinado por Mª Ángeles Romero Rodríguez, terá lugar o 15 de outubro en horario de 09:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00 horas na sede do Ibader Lugo.

As persoas interesadas en asistir aos cursos poden formalizar a súa inscrición no seguinte formulario: https://forms.cloud.microsoft/pages/responsepage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHe2pSadVNiD9Gu1ikK2v_Qr9UODA1VjU4WVlUSUVVQUlSNFhEVjBQQzk0QS4u&origin=lprLink&route=shorturl

🪸🌱 O grupo operativo BIO_MARTERRA, que conta coa participación de varios investigadores e docentes do Campus Terra USC, ...
08/10/2026

🪸🌱 O grupo operativo BIO_MARTERRA, que conta coa participación de varios investigadores e docentes do Campus Terra USC, celebrará dentro dunhas semanas o seu evento final, no que se darán a coñecer os resultados deste proxecto sobre a aplicación de bioestimulantes elaborados con algas a estreses abióticos e bióticos en variedades de horta, pataca e vide.

Ao evento, que será de carácter híbrido e cuxa parte presencial terá lugar na Misión Biolóxica de Galicia (CSIC), poden acudir agricultores, asesores técnicos, centros de ensinanza agrícola, plataformas tecnolóxicas, administracións, consumidores e público en xeral interesado na elaboración e aplicación deste tipo de bioestimulantes.

📆 22 de outubro
🕑 De 11:00 a 13:30 horas
📍 MBG-CSIC, Pontevedra

A data límite para formalizar a inscrición é o 19 de outubro, e pode realizarse cubrindo o seguinte formulario: https://forms.cloud.microsoft/Pages/ResponsePage.aspx?id=4gx-Ad_6PUezkXmwKcMA_f6wqioAjrJPpdegtdmyn69UQVhRVUI0RlpUUlpCUFIzOVA1WDBZN1dCTS4u&origin=QRCode

☀️🌑 Construír un relato fotográfico colectivo sobre como viviu Lugo a eclipse do 12 de agosto.Esta é a meta principal de...
06/10/2026

☀️🌑 Construír un relato fotográfico colectivo sobre como viviu Lugo a eclipse do 12 de agosto.

Esta é a meta principal de UMBRA, un proxecto do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) que busca conservar a memoria visual daquela xornada reunindo imaxes que recollan as diferentes formas en que a eclipse foi vivida e percibida.

A iniciativa, nacida ao abeiro do proxecto ‘Eclipse 2026.8.12 en Lugo’, mantén aberto ata o 30 de outubro o prazo para o envío de fotografías, que se deberá facer a través do enderezo [email protected]. As imaxes seleccionadas formarán parte dun fotolibro colectivo editado por Dispara e dunha exposición na Deputación de Lugo.

👉 https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/eclipse-2026812-lugo-manten-aberta-ata-30-outubro-sua-convocatoria-participar-proxecto-fotografico-umbra

02/10/2026
🧑‍🏫 A Facultade de Formación do Profesorado acolleu recentemente un encontro entre estudantado, profesorado e entidades ...
02/10/2026

🧑‍🏫 A Facultade de Formación do Profesorado acolleu recentemente un encontro entre estudantado, profesorado e entidades colaboradoras do proxecto ASerES-Lugo (Aprendizaxe-Servizo con Entidades Socioeducativas para a formación de futuras/os mestras e mestres) para a posta en común dos resultados da súa colaboración.

A xuntanza deu pé a demostrar que o 67,4 % do estudantado participante mellorou a súa autovaloración competencial e que o 100 % valora de xeito positivo o impacto que este proxecto de promoción da conexión entre a formación universitaria e a realidade social da contorna lle produciu en termos de empatía e respecto pola diversidade.

Pola súa parte, o 75 % das entidades colaboradoras, que aproveitaron o encontro para darse a coñecer ao estudantado de novo ingreso dos graos en Educación Infantil e do Dobre Grao, destacaron a capacidade do proxecto para conectar a formación universitaria coa realidade social, mentres que o 62,5 % sinalou a creación de vínculos, interaccións e oportunidades de socialización entre universidade e comunidade.

👉 https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/autovaloracion-competencial-futuros-docentes-mellora-contacto-directo-colectivos-socioeducativos

Dirección

Praciña Da Universidade S/n
Lugo
27001

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Campus Terra USC publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Campus Terra USC:

Atajos

Compartir

Categoría