23/06/2026
En Ciencia á Feira estamos a celebrar a fin do curso 2025/2026. A nosa festa foi na Casa do Saber da Vicerreitoría do Campus Terra USC da Universidade de Santiago de Compostela, no corazón de Lugo.
Sentímonos máis que orgullosas de todos os equipos que vimos formando nestes anos. Non é doado lograr ano tras ano o financiamento da F E C Y T · Ciencia e Innovación ·, porque as convocatorias son moi competivas, así que vos estamos moi agradecidas a todas as personas que achegades o voso traballo para que Ciencia á Feira sexa un dos proxectos escollidos recorrentemente.
Aínda non rematamos a edición 2025/2026 e xa estamos a preparar a do curso que vén, que chega con temáticas novas: alzhéimer e envellecemento, soberanía alimentaria e prevención de incendios.
Sumámolas a unha carteira na que xa abordamos temas de tanto interese como a xestión da auga, os mercados de carbono, as micorrizas e os microenxertos como ferramentas de produción vexetal, as mulleres STEM, o monte veciñal en man común, as superbacterias e a resistencia aos antibióticos e os estragos que causan as carrachas e as velutinas.
Cadaquén fala da feira segundo lle vai nela e, en Ciencia á Feira, o mellor é a xente que atopamos polo camiño para nos acompañar.
Vicepresidencia. Deputación de Lugo
Medio Rural, Mar e Mocidade Deputación de Lugo
Delegación del Gobierno en Galicia
Ministerio de Ciencia e Innovación
XuvenLab
EPS de Enxeñaría
Facultade de Ciencias
Área de Cultura USC
USC Internacional
Facultade de Humanidades
Afalu Alzheimer
Atoupa Cooperativa