BBTTA

BBTTA GRUPO DE APOIO Á LACTACIÓN MATERNA

BBTTA é un grupo de apoio á Lactación Materna fundado en Narón (Xuño de 2005) coa intención de proporcionar información e apoio a aquelas nais que queiran aleitar ós seus fillos. Axudamos a resolver calquera dúbida ou problema, ademais de fomentar a Lactación Materna e informar da súa importancia e beneficios na alimentación dos nosos fillos.

🕔 Ás 17:00📍 Local Social de O Alto do CastiñeiroRúa Manuel Antonio, 9. NarónBBTTA no só é solventar problemas e/ou dúbid...
03/06/2026

🕔 Ás 17:00
📍 Local Social de O Alto do Castiñeiro
Rúa Manuel Antonio, 9. Narón

BBTTA no só é solventar problemas e/ou dúbidas. BBTTA é rede de apoio...

Os GALM son iniciados por nais e son elas, quenes dirixen as reunións. En BBTTA as que coordinan están formadas en Asesoría de Lactación, a través dos cursos da propia Entidade.

Nestas reunións, tanto as nais máis experimentadas como as novas, comparten a información e as vivencias propias, e anímanse a expresar as súas inquedanzas e dúbidas.

O obxetivo dos GALM é xerar un clima no que se apoie a lactación materna e se proporcionen os coñecementos prácticos e técnicos precisos para practicar unha lactación exitosa.

Trátase de ofrecer un espazo no que as nais se sintan protagonistas, un lugar seguro para que teñan a confianza de expresar as súas dificultades e dúbidas, compartindo información actual e veraz acerca da LM. De xeito que se disminúa a diseminación de información e de prácticas incorrectas.

Os GALM, ademais brindan un importante apoio emocional ás nais, propiciándolles a confianza necesaria na súa habilidade para amamantar e para a toma das súas decisións. A participación das nais ofrécelles a oportunidade de crear vínculos con outras nais, creando a rede de apoio, a súa propia comunidade, tan precisa nesta etapa na que se sinten tan vulnerables...

Esperámosvos. Non faltedes, a vosa rede espéravos...
😍😍😍




GRAZAS, DOCENTES  paco     pilarcarballeira É imposible pechar esta IX edición sen dedicarvos unhas palabras a todas as ...
02/06/2026

GRAZAS, DOCENTES



paco


pilarcarballeira

É imposible pechar esta IX edición sen dedicarvos unhas palabras a todas as mulleres que formastes parte do equipo docente.

Grazas por confiar en BBTTA.

Por aceptar a invitación a formar parte desta edición. Por reservar tempo nas vosas axendas para compartir a vosa experiencia e os vosos coñecementos.

Grazas pola vosa implicación.

Por preparar cada sesión con rigor, por formarvos constantemente, por revisar, actualizar e cuestionar os coñecementos para ofrecer sempre a mellor información posible a quenes asisten.

Grazas pola vosa xenerosidade.

Ensinar non é só transmitir contidos. É tamén compartir experiencia, mirada, reflexión, aprendizaxes e mesmo dúbidas. E vós entregástesvos con pleno compromiso.

Ao longo destes meses non só construímos formación. Tecemos unha rede de coidados.

As alumnas atoparon profesionais de referencia, pero tamén accesibles, próximas e comprometidas co acompañamento das díadas. E iso deixa unha pegada profunda.

Chegades desde ámbitos diferentes, con percorrido e experiencia únicas. Pero todas compartides algo fundamental para BBTTA: a convicción de que as díadas merecen unha atención baseada na evidencia actual, e que poña os coidados no centro.

É un privilexio contar con vós.

Grazas por formar parte, por alimentar esta rede de coñecemento e coidado.

Por moitas máis edicións camiñando xuntas.

💜 Porque o poder de moitas alimenta 💜





🤔 Canto sabemos realmente sobre a relación entre a boca e o desenvolvemento das nosas criaturas?Falaremos de todo isto c...
01/06/2026

🤔 Canto sabemos realmente sobre a relación entre a boca e o desenvolvemento das nosas criaturas?

Falaremos de todo isto con Irene Iglesias

📅 13 de xuño de 2026
🎤 Conferencia “Saúde bucodental de 0 a 3”
⏰ 11:00 - 13:00
📍 Desta vez será PRESENCIAL

Inscricións abertas no correo: [email protected]


iglesias.eboca

   
   

Antes de pechar esta edición, queremos darvos as grazas a todas vós.Grazas por confiar en BBTTA.Por reservar tempo nas v...
31/05/2026

Antes de pechar esta edición, queremos darvos as grazas a todas vós.

Grazas por confiar en BBTTA.

Por reservar tempo nas vosas vidas, nos vosos traballos, nas vosas familias e nos vosos coidados para estar aquí, aprendendo e compartindo.

Grazas pola vosa participación, polas preguntas, polas reflexións, polas emocións compartidas e polas ganas de seguir medrando.

Ao longo destes meses non só construímos coñecemento. Construímos algo que para nós é igual de importante: tribo, rede...

Porque a lactación tamén se sostén así. A través de persoas que escoitan, que acompañan, que se forman e que deciden poñer os seus coñecementos ao servizo doutras mulleres e das súas crianzas.

Moitas chegastes buscando aprender. Agardamos que tamén vos levedes seguridade, ferramentas, confianza e a certeza de que non estades soas.

Cada unha de vós chega desde unha historia, unha profesión e unha experiencia vital diferentes. Pero durante estes días compartimos algo común: o compromiso de acompañar mellor.

Para nós foi un privilexio contar convosco.

Grazas por formar parte desta novena edición.
Grazas por alimentar esta fermosa tribo.
E grazas por seguir sementando apoio, coñecemento e coidado alá onde esteades.

Seguimos camiñando xuntas.

Onte rematou un curso. Pero o acompañamento que naceu aquí seguirá chegando a moitas díadas.

💜Porque o poder de moitas alimenta💜





📅 13 de xuño de 2026🎤 Conferencia “Saúde bucodental de 0 a 3”       Con Irene Iglesias⏰ 11:00 - 13:00📍 Desta vez será PR...
29/05/2026

📅 13 de xuño de 2026
🎤 Conferencia “Saúde bucodental de 0 a 3”
Con Irene Iglesias
⏰ 11:00 - 13:00
📍 Desta vez será PRESENCIAL

Sabías que a boca inflúe non só na respiración, senón que tamén inflúe sono, na masticación, no desenvolvemento facial... Inflúe en infinidade de cousas nas nosas crianzas.

E sabías que moitas destas cousas comezan moito antes do primeiro dente. Pódense detectar desde ben cediño...

Porque a boca non son só dentes.
A boca inflúe en como nos desenvolvemos...


iglesias.eboca

🔊 🔊 🔊 🔊 🔊 🔊 🔊 Esperánoste na Reunión de Lactación 🔊 🔊🔊🔊🔊🔊🔊🔊Hoxe na sala da Biblioteca de Narón A partir das 17:15📅27 de ...
27/05/2026

🔊 🔊 🔊 🔊 🔊 🔊 🔊
Esperánoste na Reunión de Lactación
🔊 🔊🔊🔊🔊🔊🔊🔊
Hoxe na sala da Biblioteca de Narón
A partir das 17:15

📅27 de maio de 2026
🎤 Conferencia “Parto e lactación materna”
Con Dunia Álvarez
⏰ 17:15 - 19:15
📍 Biblioteca de Narón

Non deixes pasar a ocasión

       

📅27 de maio de 2026🎤 Conferencia “Parto e lactación materna”Con Dunia Álvarez⏰ 17:15 - 19:15📍 Biblioteca de NarónSe espe...
26/05/2026

📅27 de maio de 2026
🎤 Conferencia “Parto e lactación materna”
Con Dunia Álvarez
⏰ 17:15 - 19:15
📍 Biblioteca de Narón

Se esperas a que chore… probablemente xa leva un intre pedindo peito

As criaturas comunícanse moito antes do pranto

Coñecer estas sinais pode facer máis doado o inicio da lactación e reducir momentos de estrés tanto para a crianza como para a nai.

Na conferencia deste mércores tamén falaremos de:
✨ Como o estrés pode interferir coa oxitocina
✨ Por que o contacto pel con pel é tan importante
✨ Como acompañar a lactación tras unha cesárea
✨ O mito de “queda con fame porque esperta moito”

Porque a información é tranquilidade 



       

📅27 de maio de 2026🎤 Conferencia “Parto e lactación materna” Con Dunia Álvarez⏰ 17:15 - 19:15📍 Biblioteca de NarónSabías...
22/05/2026

📅27 de maio de 2026
🎤 Conferencia “Parto e lactación materna”
Con Dunia Álvarez
⏰ 17:15 - 19:15
📍 Biblioteca de Narón

Sabías que o parto inflúe na lactación materna????

Sabías que as primeiras horas tras o nacemento son moi importantes para o inicio da lactación materna?

A oxitocina, coñecida como “a hormona do amor”, axuda tanto no parto como na subida do leite.

O contacto pel con pel inmediato favorece o vínculo, regula á crianza e facilita que busque o peito de maneira instintiva.

E non, o calostro non é “pouco leite”: é exactamente o que a túa criatura necesita nos primeiros días

Nesta conferencia Dunia falaranos de:
* O papel da oxitocina
* A “hora sagrada”
* Tipos de parto
* O inicio da lactación tras cesárea ou parto medicalizado
* Importancia do pel con pel
* Como identificar os sinais temperás de fame
* Mitos sobre o sono e a lactación

Un encontro pensado para acompañar, informar e propoñer ferramentas sen xuízos nin culpabilidade.



Hoxe cúmplense 45 anos da aprobación do Código Internacional de Comercialización de Sucedáneos do Leite Materno na Asemb...
21/05/2026

Hoxe cúmplense 45 anos da aprobación do Código Internacional de Comercialización de Sucedáneos do Leite Materno na Asemblea Mundial da Saúde.

45 anos despois, seguimos vendo publicidade encuberta, xeración de comunidades nas RRSS, uso de persoas influintes, conflitos de interese e excesiva presión comercial que mesnoscaba a crenza das mulleres sobre as súas capacidades. Por iso, desde BBTTA participamos na Consulta Pública Previa aberta polo Ministerio de Sanidade para o novo Real Decreto sobre comercialización de sucedáneos de leite materno.

Queremos unha norma que protexa de verdade ás familias e á lactación materna.

Estas foron as propostas que presentamos:
🟣 Transposición íntegra do Código Internacional da OMS e de todas as resolucións posteriores.
🟣 Formación obrigatoria, continuada e independente da industria para profesionais sanitarias e tamén para persoal de escolas infantís.
🟣 Prohibición total de patrocinios e conflitos de interese da industria de leite artificial en congresos, formacións e materiais sanitarios.
🟣 Protección real ata os 36 meses, incluíndo leites de continuación e “de crecemento”.
🟣 Regulación explícita da publicidade en redes sociais, influencers e contidos patrocinados.
🟣 Fin da promoción cruzada entre marcas de fórmula e outros produtos infantís.
🟣 Regulación de donaciones de sucedáneos en situaciones de emergencia
🟣 Medidas públicas de apoio á lactancia: conciliación, apoio sanitario e protección social ás familias.
🟣 Sistemas reais de vixilancia e sancións efectivas fronte aos incumprimentos.

A protección da lactación materna é unha cuestión de saúde pública, dereitos da infancia e dereitos das mulleres.

45 anos despois do Código, seguimos reclamando políticas valentes e libres de intereses comerciais.

Noutro post explicaremos con máis detalle a importancia do cumplimento do código

🦷 Irene Iglesias en Narón 🦷Despois da marabillosa acollida da conferencia online que tivemos con ela, volvemos contar co...
18/05/2026

🦷 Irene Iglesias en Narón 🦷

Despois da marabillosa acollida da conferencia online que tivemos con ela, volvemos contar con Irene Iglesias, odontóloga especializada en saúde bucodental infantil e referente nacional en lactación e desenvolvemento orofacial.

📅 13 de xuño de 2026
🎤 Conferencia “Saúde bucodental de 0 a 3” con Irene Iglesias
⏰ 11:00 - 13:00
📍 Desta vez será PRESENCIAL

E vén con contidos actualizados tras as súas recentes formacións e congresos sobre:
• maloclusións
• desenvolvemento facial
• tetinas e chupetes
• alimentación e masticación
• respiración
• lactación e saúde oral

Porque a boca non son só dentes.
A boca inflúe en como respiramos, masticamos, durmimos e nos desenvolvemos...

Estade atentas, moi pronto abrimos inscricións 💛


iglesias.eboca

Dirección

Local Social Da Gándara, Cuatro Caminos S/n
Narón
15570

Horario de Apertura

17:00 - 19:00

Teléfono

680113845

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BBTTA publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a BBTTA:

Compartir