Campus Auga Universidade de Vigo

Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Campus Auga Universidade de Vigo Conta oficial do Campus Auga, campus de especialización da Universidade de Vigo.

O Campus Auga é un proxecto da Universidade de Vigo, que conta co apoio da Xunta de Galicia e representa unha oportunidade para establecer no campus de Ourense un campus líder en temáticas da auga, con capacidade para expandir a súa plataforma de investigación e innovación e para obter novas fontes de financiamento que aseguren o seu papel na comunidade internacional de educación superior e garanta a súa sustentabilidade a longo prazo.

Aprender a ler as etiquetas tamén é coidar a saúde! 🥦 Os centros educativos da provincia de Ourense xa poden inscribirse...
15/10/2026

Aprender a ler as etiquetas tamén é coidar a saúde! 🥦

Os centros educativos da provincia de Ourense xa poden inscribirse na segunda edición de “Aprendo a ler o que como”, un proxecto da Universidade de Vigo para que o alumnado de Primaria aprenda a identificar azucres, sal e graxas saturadas nas etiquetas e escolla opcións máis saudables.

A través de obradoiros prácticos e actividades para as familias, a iniciativa busca promover bos hábitos alimentarios e contribuír á prevención da obesidade infantil.

📚 Participación gratuíta
🏫 Para centros de Educación Primaria da provincia de Ourense
🎯 Obxectivo: chegar a 1.500 nenas e nenos no curso 2026–2027

Centros interesados: inscribídevos a través da web do grupo de investigación Food and Health Omics 👉 foodandhealthomics.es/

Como transformar residuos agroforestais en novas oportunidades para o medio rural?O proxecto europeo Newpower celebrou o...
14/10/2026

Como transformar residuos agroforestais en novas oportunidades para o medio rural?

O proxecto europeo Newpower celebrou o pasado 30 de setembro unha xornada no Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós para dar a coñecer o potencial da bioeconomía circular. Baixo o título «Restaurando o monte xuntos: ciencia, comunidade e restauración do territorio», o encontro puxo o foco na importancia da colaboración entre a ciencia e a comunidade para impulsar a restauración do territorio.

Durante o encontro presentáronse os avances do proxecto e solucións innovadoras para valorizar a biomasa forestal. A xornada incluíu tamén unha plantación de especies autóctonas e unha ruta guiada para coñecer sobre o terreo os efectos dos incendios, a rexeneración natural e a importancia da xestión forestal preventiva.

Liderado desde a Facultade de Ciencias do campus de Ourense da Universidade de Vigo, Newpower reúne universidades, centros de investigación e empresas de España, Portugal e Francia. O proxecto investiga como aproveitar subprodutos da viticultura, da industria agroalimentaria e dos montes para obter compostos e materiais con aplicacións en sectores como a alimentación, a cosmética, os biomateriais ou os biocombustibles.

Ao converter recursos de escaso valor en materias primas para novos produtos, Newpower busca reducir residuos e favorecer cadeas de valor, actividade económica e innovación vinculadas ao rural ♻️🌳

Pode existir un dereito a alimentarse funcionalmente? Quen decide a dieta das persoas menores ou con discapacidade? E qu...
09/10/2026

Pode existir un dereito a alimentarse funcionalmente? Quen decide a dieta das persoas menores ou con discapacidade? E que responsabilidades asume quen presta ou contrata este tipo de alimentación? 🍽️ ⚖️

A Facultade De Dereito Ourense acolleu o 30 de setembro e o 1 de outubro o seminario «A alimentación funcional como dereito subxectivo», que avaliou as implicacións xurídicas dunha práctica cada vez máis presente: organizar a dieta para favorecer a saúde e o benestar 🥗💚

O programa abordou, entre outros temas, a protección das persoas consumidoras vulnerables, a alimentación dos fillos e os servizos profesionais de nutrición. Participaron especialistas de varias universidades.

💧 A iniciativa contou co apoio do Campus Auga da Universidade de Vigo

🌍 Visita da UMCS ao Campus Auga da Universidade de VigoOnte recibimos a visita dunha delegación da Maria Curie-Skloodows...
08/10/2026

🌍 Visita da UMCS ao Campus Auga da Universidade de Vigo

Onte recibimos a visita dunha delegación da Maria Curie-Skloodowskiej University de Lublin (UMCS), Polonia, no marco da rede europea ATHENA.

🤝 No encontro participaron, acompañando á delegación da universidade polaca, representantes do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación e do Campus Auga, concretamente dos grupos de investigación Food and Health Omics, TEZE (Tecnoloxía Enzimática e Bioestructuras), Bio2Val (Biorefinería e Valorización da Biomasa), e BV1 (Pranta, Solo e Aproveitamento de Subproductos).

A xornada permitiu poñer en común actividades académicas e liñas de investigación, e identificar áreas de interese compartido entre as dúas universidades.

06/10/2026

A segunda edición do curso de Experto en Auga, Termalismo e Saúde da Universidade de Vigo xa está en marcha. 14 persoas comezaron a súa formación neste título propio que se imparte na Facultade de Ciencias do campus de Ourense e que busca ofrecer “unha formación integral sobre os beneficios terapéuticos e cosméticos da auga mineral-medicinal e termal”. A iniciativa faise no marco do proxecto de especialización Campus Auga Universidade de Vigo.

➡ https://acortar.link/Fn98z9

06/10/2026

⚠️ O campus de Ourense acolle os días 8 e 9 de outubro a celebración do VI Congreso Internacional do Campus Auga Universidade de Vigo, que ten por lema 'Sistemas aeroespaciais para respostas multisectoriais ante desafíos ambientais'.

➡️ https://f.mtr.cool/jfu2jzwj4n

A aula magna da Facultade De Dereito Ourense encheuse o pasado 24 de setembro con motivo da xornada “Constitucionalismo ...
05/10/2026

A aula magna da Facultade De Dereito Ourense encheuse o pasado 24 de setembro con motivo da xornada “Constitucionalismo global e cuestión ecolóxica. Problemas migratorios, agroalimentarios e medio ambientais xerados polo cambio climático” 🎓

A actividade contou coa participación de figuras destacadas como Luigi Ferrajoli, referente internacional na teoría do dereito e da democracia, así como María Concepción Gimeno Presa e Dario Ippolito, baixo a dirección do catedrático Pablo Raúl Bonorino.

Durante as conferencias abordáronse cuestións tan relevantes como a crise ecolóxica, o aumento das temperaturas, as guerras, as desigualdades, a concentración da riqueza e o drama das migracións. Ferrajoli defendeu a necesidade de avanzar cara a unha Constitución da Terra e de reforzar o dereito internacional para garantir os dereitos humanos e protexer as condicións de vida no planeta ⚖️ 🌱

A xornada, impulsada por AGAF (Agrupación de Grupos de Investigación de Dereito Administrativo e Filosofía do Dereito) e o Campus Auga da Universidade de Vigo, ofreceu unha visión interdisciplinar sobre o papel do dereito e do constitucionalismo global fronte aos efectos do cambio climático 🌐

Ourense acolleu os días 22 e 23 de setembro o 2º Congreso Internacional de Xestión da Balneoterapia, unha cita que reuni...
02/10/2026

Ourense acolleu os días 22 e 23 de setembro o 2º Congreso Internacional de Xestión da Balneoterapia, unha cita que reuniu un cento de asistentes e arredor de 150 especialistas de países como España, Portugal, Francia, Austria e Arxentina 🌍

Baixo o lema "Innovación, saúde e territorio ante o reto demográfico", o encontro presentou 67 traballos científicos centrados no aproveitamento das propiedades terapéuticas das augas mineromedicinais e no futuro do termalismo 🔬♨️

Durante os dous días celebráronse mesas redondas, presentacións, exposicións de pósters e diversas actividades paralelas 🗣️📚 Tamén se abordaron cuestións como a inclusión da cura balnearia no sistema sanitario público, a xestión innovadora dos territorios termais e o papel da investigación na hidroloxía médica 🏥💡

O congreso, que contou co apoio do Campus Auga da Universidade de Vigo, puxo en valor a investigación, a innovación e a transferencia de coñecemento, así como a importancia do termalismo para o desenvolvemento económico e social da provincia 🚀🏞️

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Nova xornada no Campus Auga: Macroalgas galegas e innovación alimentaria: novas fontes de ingredientes funcionais para a...
02/10/2026

Nova xornada no Campus Auga: Macroalgas galegas e innovación alimentaria: novas fontes de ingredientes funcionais para a industria

As macroalgas das nosas costas representan unha oportunidade para avanzar cara a unha industria alimentaria máis innovadora, sostible e baseada no aproveitamento de novos ingredientes funcionais. 🌿🌊

O vindeiro venres 9 de outubro, o Salón de Graos da Facultade de Ciencias acollerá esta xornada científico-técnica, que reunirá investigadores/as, empresas e representantes do sector primario para analizar o potencial das macroalgas galegas e os retos e oportunidades para a súa chegada ao mercado.

📅 Venres, 9 de outubro de 2026
📍 Salón de Graos | Facultade de Ciencias | Campus de Ourense
🕘 09:30 – 13:15 h

🤝 Un punto de encontro entre ciencia, innovación, industria e produción primaria para reflexionar sobre as posibilidades que ofrecen os recursos mariños galegos.

🤝 O Campus Auga da Universidade de Vigo apoia esta iniciativa, en virtude do convenio asinado entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo, con motivo da súa acreditación como Campus de Especialización do SUG para o período 2024-2027.

Bolsas “Ourense Rural-Grao” 2026/2027! 🎓Estudas un grao no Campus de Ourense ou na Escola de Enfermaría de Ourense? Se r...
28/09/2026

Bolsas “Ourense Rural-Grao” 2026/2027! 🎓

Estudas un grao no Campus de Ourense ou na Escola de Enfermaría de Ourense? Se resides nun concello rural de Galicia, podes solicitar estas axudas para cubrir parte dos gastos de desprazamento 🚗🚌

Contía das axudas segundo a distancia:

De 5 a 9 km: 200 €
De máis de 9 a 29 km: 400 €
De máis de 29 a 39 km: 800 €
De máis de 39 km: 1.000 €

📚 Requisitos principais:

▪️Estar empadroado/a, con 12 meses de antelación, nun concello galego de ata 5.000 habitantes, agás Ourense.
▪️Estar matriculado/a no curso 2026/2027 nun grao oficial do Campus de Ourense ou da Escola de Enfermaría de Ourense.
▪️Matricularse de 60 créditos ou da totalidade permitida pola normativa universitaria. No caso de alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a carga poderá reducirse ata un 50 %.
▪️Realizar a matrícula antes do 11 de setembro de 2026.
▪️Non superar o número máximo de bolsas Ourense Rural permitidas:
6 bolsas para estudos da rama de Enxeñaría.
5 bolsas para o resto dos estudos de grao.
▪️Non ter outra titulación do mesmo nivel ou superior.
▪️Cumprir os límites de renda e patrimonio familiar establecidos na convocatoria.

📌 A persoa beneficiaria deberá permanecer matriculada na titulación oficial durante todo o curso 2026/2027 para manter a bolsa.

👉 Consulta a convocatoria completa e revisa toda a documentación e os prazos antes de presentar a solicitude: secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1933?_locale=es

Universidade de Vigo

Dirección

Campus Sur
Orense
32004

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 22:00
Martes 08:00 - 22:00
Miércoles 08:00 - 22:00
Jueves 08:00 - 22:00
Viernes 08:00 - 22:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Campus Auga Universidade de Vigo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Campus Auga Universidade de Vigo:

Atajos

Compartir

Categoría