08/10/2026
🌍 Visita da UMCS á Facultade de Ciencias do Campus de Ourense
O 7 de outubro recibimos na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense unha delegación da Uniwersytet Marii Curie-Skłodowskiej w Lublinie (UMCS), Polonia, no marco da rede europea ATHENA.
🤝 No encontro participaron representantes do IAA, e dos grupos Food and Health Omics, TEZE, Bio2Val, e BV1, xunto coa delegación da universidade polaca.
A xornada permitiu poñer en común actividades académicas e liñas de investigación e identificar áreas de interese compartido entre as dúas universidades.