21/09/2026
🗣️ VOCES DE CAMBIO
Hoxe o alumnado de Introdución á Etnoloxía, do Grao en Xeografía e Historia, da Facultade Historia de Ourense, participou no obradoiro Voces de Cambio, impartido por Sabela Salgueiro.
Durante a sesión achegámonos á prevención do acoso sexual e do acoso por razón de s**o no ámbito universitario e coñecemos o protocolo da Universidade de Vigo para a prevención e actuación fronte a estas situacións: como identificalas, que facer e a que recursos acudir.
Un obradoiro para informarnos, reflexionar e saber como actuar ante situacións que tamén forman parte da realidade universitaria.
Grazas a Sabela polo obradoiro e ao alumnado pola participación! 💜