Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo Somos unha facultade que inspira futuro!
¡Somos una facultad que inspira futuro! We are a faculty that inspires future!

🌍✨ Hoxe comezamos na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo unha nova edición do curso “Habilidades para unha carr...
19/10/2026

🌍✨ Hoxe comezamos na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo unha nova edición do curso “Habilidades para unha carreira internacional: do CV á entrevista con éxito”, impartido por Katie Riley, do Centro de Linguas da UVigo.

Durante esta primeira sesión, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer ferramentas e estratexias clave para mellorar a súa empregabilidade internacional, traballando aspectos tan importantes como a elaboración dun CV competitivo e a preparación de entrevistas en contornas globais. Unha formación que busca dotar ao noso estudantado das competencias necesarias para afrontar con confianza os retos dun mercado laboral cada vez máis internacionalizado.

🚀🌎 Moitas grazas a Katie Riley por compartir a súa experiencia e coñecementos co alumnado da nosa facultade.

📰 A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, protagonista na prensa de hoxe A conferencia impartida esta semana por...
16/10/2026

📰 A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, protagonista na prensa de hoxe

A conferencia impartida esta semana por Jordi Rivera García, Director de Produto de Icárion, continúa a ter repercusión nos medios. O Faro de Vigo destaca a súa reflexión sobre o futuro dos profesionais do turismo nun contexto marcado pola irrupción da intelixencia artificial. Na súa intervención, subliñou que as persoas tituladas en Turismo seguirán tendo grandes oportunidades laborais, sempre que saiban combinar o dominio das novas tecnoloxías con competencias tan relevantes como a creatividade, a negociación ou a capacidade de tomar decisións.

💡 Unha mensaxe inspiradora para o noso alumnado, que confirma a importancia dunha formación sólida, innovadora e adaptada aos desafíos dun sector en constante evolución.

👏 Grazas a Jordi Rivera por compartir a súa experiencia coa nosa comunidade universitaria e ao Faro de Vigo por facerse eco desta interesante xornada.

🔗 Nova completa:https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/clipping/2026-10/farode161026.pdf

Hoxe tivemos o pracer de recibir na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo a Jordi Rivera, Director de Produto de ...
15/10/2026

Hoxe tivemos o pracer de recibir na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo a Jordi Rivera, Director de Produto de Icárion, quen impartiu a conferencia“ ¿Ten futuro estudar Turismo en 2026?”, unha reflexión sobre os desafíos e oportunidades que marcarán o futuro do sector turístico.

Ao longo da sesión, abordáronse cuestións clave como a transformación das profesións turísticas, o impacto da intelixencia artificial, a importancia dos datos e da tecnoloxía, a sustentabilidade e as competencias que demandará un mercado laboral en constante evolución. A través dunha presentación dinámica e chea de exemplos reais, o noso alumnado puido achegarse ás tendencias que están a redefinir a industria turística.

Desde a Fcetou queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a Jordi Rivera por compartir a súa experiencia e coñecemento coa nosa comunidade universitaria e por desprazarse ata a nosa facultade para axudar ao alumnado a comprender mellor os retos e oportunidades que lles esperan no seu futuro profesional.

Un encontro inspirador que nos lembra que o turismo seguirá sendo unha industria de persoas, na que a capacidade de adaptarse, aprender continuamente e integrar a tecnoloxía será máis importante ca nunca.

O alumnado do Mestrado en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde da Facultade de Ciencias Empresariais...
15/10/2026

O alumnado do Mestrado en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo realizou onte unha enriquecedora saída formativa a Fisterra, coa finalidade de coñecer de primeira man diferentes recursos e iniciativas vinculadas ao desenvolvemento turístico do territorio.

Durante a xornada, o grupo visitou o Bela Fisterra, un establecemento de referencia que destaca pola súa integración coa paisaxe, o seu compromiso coa sustentabilidade e a aposta por un modelo de turismo innovador e de calidade. O alumnado puido achegarse á súa filosofía de xestión e coñecer os retos e oportunidades do sector turístico nun destino singular como Fisterra.

A visita completouse no Museo da Pesca, onde tiveron ocasión de profundar na relación histórica entre o mar e a comunidade local, descubrindo como o patrimonio mariñeiro constitúe un recurso clave para a identidade e a oferta turística da zona.

Queremos expresar un especial agradecemento a Pepe Formoso, xerente do Hotel Bela Fisterra, por ser o noso anfitrión durante toda a xornada, compartindo con nós a súa experiencia, coñecemento e visión sobre o presente e o futuro do turismo no destino.

Unha experiencia que combina aprendizaxe, contacto co territorio e coñecemento de boas prácticas profesionais, achegando ao alumnado unha visión aplicada dos contidos traballados na aula.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/fisterra/2026/10/14/seis-paises-estudiar-fisterra/0003_202610C14C1993.htm

📚 Comezou onte unha nova edición do curso “Planificación de recursos empresariais (ERP) con Odoo” na Facultade de Cienci...
15/10/2026

📚 Comezou onte unha nova edición do curso “Planificación de recursos empresariais (ERP) con Odoo” na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo!

Ao longo das próximas semanas, o alumnado terá a oportunidade de achegarse a unha das ferramentas de xestión empresarial máis empregadas na actualidade, adquirindo competencias prácticas en planificación de recursos, procesos de negocio e transformación dixital.

Desexámoslles moito éxito ás persoas participantes nesta formación, que combina coñecementos teóricos e aplicación práctica para mellorar a súa preparación profesional.

🌾 Día Internacional das Mulleres RuraisXeracións de mulleres que traballaron e traballan arreo, coidando da terra, das s...
15/10/2026

🌾 Día Internacional das Mulleres Rurais
Xeracións de mulleres que traballaron e traballan arreo, coidando da terra, das súas familias e das súas comunidades; mulleres que sostiveron os fogares, impulsaron a actividade económica dos seus territorios, preservaron os saberes tradicionais, gardaron as nosas raíces e mantiveron viva a nosa lingua.
Grazas a elas, conservamos paisaxes, patrimonio, cultura e formas de vida que dan identidade aos nosos territorios e os converten en lugares únicos para vivir, emprender e coñecer.
Neste Día Internacional das Mulleres Rurais, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo quere dicir:
❤️ Grazas a todas. 🌾✨

Hoxe tivemos o pracer de recibir na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo a Silvia García e Agustín Pérez, ambos ...
13/10/2026

Hoxe tivemos o pracer de recibir na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo a Silvia García e Agustín Pérez, ambos International Recruiter de Hotusa , que se desprazaron ata a nosa facultade para presentar ao alumnado a nova edición de Talent Match.

💡 Talent Match é unha iniciativa que combina competición, innovación e aprendizaxe, ofrecendo ao estudantado a oportunidade de poñer a proba o seu talento a través da resolución de retos reais vinculados ao sector turístico e hoteleiro.

🎓 A actividade está especialmente dirixida ao alumnado de último curso das titulacións da FCETOU, brindándolles unha excelente ocasión para achegarse ao mercado laboral, traballar en equipo, desenvolver proxectos innovadores e conectar con profesionais dunha das principais empresas do sector.

Grazas a Silvia e Agustín pola súa visita e por compartir co noso estudantado esta interesante oportunidade de crecemento profesional e desenvolvemento de talento.

Segundo día do curso “Desenvolvemento de habilidades profesionais para o éxito académico e laboral” na Facultade de Cien...
09/10/2026

Segundo día do curso “Desenvolvemento de habilidades profesionais para o éxito académico e laboral” na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

A segunda sesión deste curso estivo centrada no desenvolvemento de competencias clave para a comunicación profesional. O alumnado traballou habilidades como o storytelling e o elevator pitch, aprendendo a captar a atención, transmitir ideas de maneira clara e comunicar propostas de valor de forma eficaz. A través de dinámicas prácticas, actividades ao aire libre e exercicios participativos, os asistentes continuaron fortalecendo competencias transversais fundamentais para o seu futuro académico e laboral, desde a comunicación efectiva ata a capacidade de presentación e persuasión.

Seguimos avanzando cara ao éxito profesional, combinando aprendizaxe, práctica e traballo en equipo.

Empresa e galeguidade: unha tradición con futuro Esta mañá celebramos na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo a ...
08/10/2026

Empresa e galeguidade: unha tradición con futuro

Esta mañá celebramos na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo a mesa redonda “Empresa e galeguidade: unha tradición con futuro”, un espazo de encontro e reflexión arredor da relación entre a empresa, a lingua e a identidade galega.

A sesión estivo presidida polo decano da FCETOU, Jesús Vázquez Abad, e presentada e moderada pola profesora Ana Gueimonde Canto.

Na mesa participaron Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia; Xosé González Martínez, presidente do Foro Enrique Peinador; e Ricardo Gurriarán Rodríguez, historiador e biógrafo de Enrique Peinador Lines.

Unha interesante conversa sobre o papel da galeguidade no ámbito empresarial, a súa traxectoria e, sobre todo, o seu potencial de futuro.

💙 Compartimos algunhas imaxes do encontro! 👇

ERASMUS DAYS | Xornada informativa para PDI e PTXASTes interese en coñecer as oportunidades que ofrece Erasmus+? Queres ...
07/10/2026

ERASMUS DAYS | Xornada informativa para PDI e PTXAS

Tes interese en coñecer as oportunidades que ofrece Erasmus+? Queres saber como presentar un proxecto ou descubrir as posibilidades de mobilidade e colaboración con outras universidades europeas?

O vindeiro 16 de outubro celébrase unha xornada informativa Erasmus+ dirixida a PDI e PTXAS, na que se abordarán diferentes oportunidades e convocatorias.

🗓 16 de outubro de 2026 ⏰ 10:00 – 13:00 h 💻 En liña | Campus Remoto

📌 Programa:

10:00 h | Oportunidades Erasmus+ para PDI, BIP e dúbidas sobre convocatorias
10:45 h | Como presentar proxectos KA171
11:30 h | Oportunidades na Universidade Europea ATHENA
12:15 h | Oportunidades Erasmus+ para PTXAS

🌐 Conecta, infórmate e descubre novas oportunidades de internacionalización!

Dirección

Campus Universitario As Lagoas, S/n
Orense
32004

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 21:00
Martes 08:30 - 21:00
Miércoles 08:30 - 21:00
Jueves 08:30 - 21:00
Viernes 08:30 - 21:00

Teléfono

+34988368700

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo:

Atajos

Compartir

Categoría