CIFP Portovello

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

CIFP Portovello Centro integrado de formación profesional con ampla experiencia en formación de calidade. Moitos alumnos empregados aválannos. ¡Consulta a nosa oferta!

🦺⛑️Hoxe mércores o persoal do   participou na xornada anual de formación sobre o Plan de Autoprotección do centro. Xa qu...
14/10/2026

🦺⛑️Hoxe mércores o persoal do participou na xornada anual de formación sobre o Plan de Autoprotección do centro. Xa que a túa seguridade é a nosa prioridade, renovamos os nosos coñecementos en:
🔥 Actuación e prevención en caso de incendio.
🩹 Primeiros auxilios para saber como reaccionar ante calquera emerxencia.
Traballamos día a día para que o noso centro sexa un espazo seguro! 💪✨

www.cifpportovello.gal

13/10/2026

📍 Un ano máis visitamos Conxemar!

O alumnado do Ciclo Superior de Transporte e Loxística e do Ciclo Superior de Administración e Finanzas visitou a feira para coñecer de primeira man as últimas tendencias do sector.

Nunha xornada moi práctica os nosos estudantes puideron interactuar coas empresas e descubrir as solucións máis innovadoras en loxística, como sistemas de almacenaxe automatizados, a xestión da cadea de frío, a trazabilidade dos produtos e novas tecnoloxías aplicadas ao transporte e á distribución alimentaria. 🚛📦❄️

Unha oportunidade única para ver como a innovación transforma o día a día das empresas e para achegar a formación á realidade do mundo laboral.

Grazas ás docentes Susana e Lucía por acompañalos! 👏



Innovación Conxemar Vigo

Orgullo no CIFP Portovello: un total de 9 alumnos e alumnas do noso centro foron admitidos na convocatoria dos Premios E...
08/10/2026

Orgullo no CIFP Portovello: un total de 9 alumnos e alumnas do noso centro foron admitidos na convocatoria dos Premios Extraordinarios de FP de Grao Superior! 🎓👏 Estes premios recoñecen o esforzo e a excelencia académica do alumnado que finalizou estes estudos con notas sobresaíntes.

A representación do centro queda repartida así:
📚 5 alumnos/as da familia profesional de Servizos Socioculturais e á Comunidade
💼 4 alumnos/as da familia profesional de Administración e Xestión

Moitos parabéns. Desexámosvos a mellor das sortes!

🏫🥉 O CIFP PORTOVELLO SEGUE CRECENDO! SOMOS O TERCEIRO CENTRO DE GALICIA EN NÚMERO DE MATRÍCULAS 🚀Comezamos o curso con m...
07/10/2026

🏫🥉 O CIFP PORTOVELLO SEGUE CRECENDO! SOMOS O TERCEIRO CENTRO DE GALICIA EN NÚMERO DE MATRÍCULAS 🚀
Comezamos o curso con máis forza que nunca! Oficialmente situámonos como o terceiro CIFP con maior volume de alumnado matriculado de toda Galicia, impulsando o novo récord histórico da FP galega.
Alcanzamos a cifra de 1.755 persoas matriculadas neste novo curso! Este fito é o reflexo da confianza que ano tras ano depositades no noso modelo de aprendizaxe e na calidade do noso profesorado.
Queremos dar un agradecemento a:
👩‍🎓 O noso alumnado, por elixirnos para construír o seu futuro.
👨‍🏫 O equipo docente e non docente, polo seu esforzo diario.
🏢 As empresas colaboradoras, que potencian a nosa FP e as prácticas.
Se queres saber máis sobre as novidades dun ano histórico para a FP, bótalle unha ollada á ligazón. 📝✨
Máis info en:
🔗 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/50954
🔗 https://cifpportovello.gal/

🚨 Que facer ante un accidente no centro? Información para o alumnado e as familias 🚨No CIFP Portovello a túa saúde e seg...
05/10/2026

🚨 Que facer ante un accidente no centro? Información para o alumnado e as familias 🚨

No CIFP Portovello a túa saúde e seguridade son o primeiro. Ante calquera accidente ou incidencia sanitaria dentro do centro, actuamos de forma rápida seguindo o protocolo oficial da Consellería.

Isto é o que debes saber en 3 pasos clave:
1️⃣ Atención inmediata: O persoal do centro prestará os primeiros auxilios e, se a gravidade o require, contactarase cos servizos de emerxencia (061 / 112). Informarase inmediatamente ao alumno e á súa familia (no caso de menores).
2️⃣ Seguro Escolar: Se precisas asistencia médica, solicita na secretaría do centro o impreso do Seguro Escolar. Lembra que esta cobertura protexe ao alumnado de ata 28 anos (inclusive).
3️⃣ Trámite administrativo: Tras acudir ao centro médico, garda moi ben todos os informes, partes ou receitas e entrégaos na secretaría do CIFP Portovello para completar a xestión.

Ante calquera dúbida, o equipo de secretaría está á túa disposición! 🤝
🌐 Máis info na nosa web: www.cifpportovello.gal

Erasmus Days no CIFP Portovello!Do 13 ao 16 de outubro percorreremos as aulas do centro para presentar as oportunidades ...
02/10/2026

Erasmus Days no CIFP Portovello!
Do 13 ao 16 de outubro percorreremos as aulas do centro para presentar as oportunidades Erasmus+ para realizar prácticas no estranxeiro. Contaremos con información sobre a convocatoria, consellos para participar e os testemuños de alumnado que xa viviu a experiencia.
Atrévete a descubrir todo o que Erasmus+ pode ofrecerche. O teu próximo destino pode estar máis preto do que pensas 🛩️🌍💫
www.cifpportovello.gal

📢📢 Lembramos que o prazo de validación de módulos remata este venres 2 de outubro! O proceso é exclusivamente a través d...
30/09/2026

📢📢 Lembramos que o prazo de validación de módulos remata este venres 2 de outubro! O proceso é exclusivamente a través da nosa páxina web excepto para titulacións universitarias, no apartado de Secretaría>Validación de módulos: Solicitude de validación - Portovello | CIFP Ourense

Na parte superior dereita pódese consultar un documento coas validacións mais habituais e tamén un enlace á páxina da Consellería con toda a información.

Calquera dúbida podedes acudir presencialmente a Secretaría do ou enviar un correo electrónico ao centro: [email protected]

🩸 DOA SANGUE, REGALA VIDA! ❤️Os días 29 e 30 de setembro celebramos a Xornada de Doazón de Sangue nos edificios A e B. U...
23/09/2026

🩸 DOA SANGUE, REGALA VIDA! ❤️
Os días 29 e 30 de setembro celebramos a Xornada de Doazón de Sangue nos edificios A e B. Un pequeno xesto pode axudar a moitas persoas. Se tes máis de 18 anos, pesas máis de 50 kg e non estás en xaxún, podes participar. Lembra levar o DNI ou a tarxeta de doazón e informar se tomas medicamentos.

📍 29 de setembro — Edificio A
📍 30 de setembro — Edificio B

A participación é voluntaria e estará organizada por grupos-aula e horarios para facilitar a participación ao longo da xornada.
👉 Consulta o horario que corresponde ao teu grupo e anímate a participar.

💉 Doa sangue. Comparte vida. Fai a diferenza.

🎙️ DE OURENSE A BRUXELAS: A VOZ DA XUVENTUDE CHEGA Á UE! 🇪🇺✨Tres alumnos do ciclo superior de Animación Sociocultural e ...
17/09/2026

🎙️ DE OURENSE A BRUXELAS: A VOZ DA XUVENTUDE CHEGA Á UE! 🇪🇺✨
Tres alumnos do ciclo superior de Animación Sociocultural e Turística veñen de vivir unha experiencia inesquecible no corazón da Unión Europea 🇧🇪.
Como gañadores do concurso de podcasts do proxecto "Youth Power Unleashed", viaxaron a Bruxelas para recoller o seu certificado e coñecer de preto como se constrúe o futuro do continente.
Durante a súa estancia visitaron:
🏢 A sede central de Eurodesk (a rede europea que ofrece información pública e gratuíta sobre mobilidade, voluntariado e oportunidades para a xente nova).
🏛️ O Parlamento Europeo, vivindo desde dentro o traballo das institucións comunitarias.
Grazas á Asociación Ingalicia por impulsar iniciativas que conectan á xente nova coa cidadanía europea, e ao programa Erasmus+ por facer posible estes proxectos de aprendizaxe e mobilidade.
Parabéns aos tres por levar o talento da animación sociocultural tan lonxe! 🎧👏



A convalidación de módulos pódese solicitar dende o 9 de setembro ata o 2 de outubro exclusivamente a través da nosa páx...
09/09/2026

A convalidación de módulos pódese solicitar dende o 9 de setembro ata o 2 de outubro exclusivamente a través da nosa páxina web excepto para titulacións universitarias, no apartado de Secretaría>Validación de módulos: Solicitude de validación - Portovello | CIFP Ourense

Na parte superior dereita pódese consultar un documento coas validacións mais habituais e tamén un enlace á páxina da Consellería con toda a información.

Calquera dúbida podedes acudir presencialmente a Secretaría do centro ou enviar un correo electrónico ao centro: [email protected]

www.cifpportovello.gal

Dirección

Rúa Luis Trabazos 1
Orense
32004

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 15:00
16:00 - 22:30
Martes 08:30 - 15:00
16:00 - 22:30
Miércoles 08:30 - 15:00
16:00 - 22:30
Jueves 08:30 - 15:00
16:00 - 22:30
Viernes 08:30 - 15:00
16:00 - 22:30

Teléfono

+34988788903

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CIFP Portovello publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a CIFP Portovello:

Atajos

Compartir