Doutoramento CREA

Doutoramento CREA Programa de doutoramento en “Creatividade e innovación social e sustentable” da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo no marco da Rede Eusumo organiza a seguinte concurso de ideas:CREA ECONOMÍA SOCIALParticipantes: ...
26/09/2021

A Universidade de Vigo no marco da Rede Eusumo organiza a seguinte concurso de ideas:

CREA ECONOMÍA SOCIAL
Participantes: Calquera persoa ou grupo que teña unha idea de empresa de economía social para a súa implantación na Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto, o concurso esta deseñado para a participación de:
Estudantes do Campus CREA de PONTEVEDRA
Persoal Docente e Investigador (PDI) do Campus CREA de PONTEVEDRA
Persoal de Administración e Servizos (PAS) do Campus CREA de PONTEVEDRA
Persoas emprendedoras en xeneral.

Obxectivo:
Identificar e recoñecer as ideas e iniciativas de emprendemento innovadoras.
Dar visibilidade entre o alumnado do campus crea das iniciativas de emprendemento actuais.
Fomentar o espírito emprendedor a través da creatividade das persoas participantes e sobre a base dun enfoque integral (social, económico, medioambiental, cultural…)
Difundir a cultura emprendedora, o talento, a innovación, a difusión do coñecemento e a transferencia de información.
Data límite para presentar a candidatura: ata o mércores 13 de outubro de 2021.

Premios:
Mellor idea de negocio en artes, comunicación e creatividade.
Mellor idea de negocio en educación, innovación social e xestión pública
Mellor idea de negocio en deporte, saúde e benestar
Mellor idea de negocio en medio ambiente e natureza

Datos de contacto: [email protected] / 687 33 37 09

Para máis información: www.creaeconomiasocial.com

Obradoiros de extensión universitaria do primeiro cuatrimestre no Campus de Pontevedra. Info: campuspontevedra.uvigo.es ...
20/09/2021

Obradoiros de extensión universitaria do primeiro cuatrimestre no Campus de Pontevedra.
Info: campuspontevedra.uvigo.es
Matrícula aberta ata cubrir prazas: campusactivo.uvigo.gal
Destinados á cidadanía en xeral e universitarios/as
• Comunícate coas mans. Lingua e cultura da comunidade xorda. 11/10/2021 - 01/12/2021
• Corta, pega e debuxa: iniciación en procesos manuais de reproducción en riso 17/01/2022 - 21/01/2022
• Gravado non tóxico: fotogravado con Solarplates 10/01/2022 - 13/01/2022
• Habilidades maker para educación con Escornabot: robótica educativa, deseño e impresión 3D, programación 08/11/2021 - 22/11/2021
• Iniciación ao barco dragón: piragüismo recreativo e terapeútico 09/10/2021 - 17/10/2021
• Iniciación da escalada en rocódromo 05/11/2021 - 21/11/2021
• Reportaxe fotográfica 13/10/2021 - 22/12/2021

Coñeces todas as bolsas as que podes acceder para axudarte a financiar a túa carreira universitaria ??Non deixes pasar n...
14/09/2021

Coñeces todas as bolsas as que podes acceder para axudarte a financiar a túa carreira universitaria ??

Non deixes pasar nin unha!

•Bolsas Oportunidade ao Talento. Data límite: 11/10/2021
•Axudas para contratos predoutorais Data límite: 08/10/2021
•Bolsas de mobilidade para o estudantado de doutoramento 2020/2021 Data límite: 17/09/2021
•Axudas para redactar e defender en galego Teses de doutoramento e Premios á Calidade Lingüística nos Traballos Fin de Grao e Mestrado, 2020/2021
Data límite: 17/09/2021
•Premios aos expedientes académicos con mellores cualificacións para o alumnado dos mestrados universitarios no curso 2020/2021 Data límite: 30/09/2021
•Premios Extraordinarios de Doutoramento 2020/2021 Data límite: 24/09/2021

http://pdcrea.webs.uvigo.es/informacion/bolsas-e-axudas/

Se precisas axuda podes visitar :

https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas

ou contactar co servicio de bolsas nos teléfonos:
+34 986 813 611 / +34 986 813 612

28/08/2021

Do 1 ao 9 de setembro ábrese o prazo para a preinscrición no programa de doutoramento CREA.

Xa tes todo preparado?

Aínda estás a darlle voltas?

Mergúllate na nosa web e se precisas máis información non dubides en contactarnos!!

https://pdcrea.webs.uvigo.es/es/acceso-y-admision



Universidade de Vigo Facultade de Belas Artes Esdemga Universidade De Vigo FAC. CC. Sociais & Comunicación Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

24/06/2021

En setembro abrirase un novo prazo de preinscrición no Programa de doutoramento en creatividade e innovación social e sustentable.

Agardámovos para desenvolver os vosos proxectos nunha nova aventura!

Se aínda tedes dúbidas, podedes porvos en contacto connosco para resolvelas.

https://www.uvigo.gal/estudar/acceder/acceso-doutoramento



Universidade de Vigo Facultade de Belas Artes Vicerreitoría do Campus de Pontevedra Axenda Csc Esdemga Universidade De Vigo

05/06/2021

O programa de doutoramento CREA é o reto que buscas para dar comezo a unha nova etapa nos teus estudos. Proporcionarache a posibilidade de mesturar diferentes metodos e liñas de investigación para obter resultados moito máis estimulantes.
Nesta nova entrega, a estudante Antía Iglesias conversa connosco sobre o programa.

Máis información:
http://pdcrea.webs.uvigo.es



Universidade de Vigo Facultade de Belas Artes Vicerreitoría do Campus de Pontevedra Axenda Csc Esdemga Universidade De Vigo

28/05/2021

O programa de doutoramento CREA combina as liñas de investigación que xiran ao redor dos estudos universitarios do campus de Pontevedra. Pra crear un espazo feito para a investigación multidisciplinar, o noso estudantado convidate a acompañarnos nesta aventura.

Hoxe conversamos con Javier Abuín, estudante do programa de doutoramento CREA.

http://pdcrea.webs.uvigo.es



Universidade de Vigo Facultade de Belas Artes Esdemga Universidade De Vigo Axenda Csc Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

20/05/2021

Anímaste a pensar de forma creativa? A diferenciar a túa carreira investigadora e a xerar coñecementos de forma transversal con distintas liñas de creación?

Pois no programa de doutoramento CREA convidámoste a innovar, a mesturar e a levar a cabo o proxecto de tese doutoral que tes en mente.

Hoxe acompáñanos Julia Casado, estudante do programa de doutoramento CREA.

Máis información:
http://pdcrea.webs.uvigo.es



Esdemga Universidade De Vigo Axenda Csc Universidade de Vigo Facultade de Belas Artes Vicerreitoría do Campus de Pontevedra Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra Oficial

13/05/2021

As persoas matriculadas no programa de doutoramento CREA proveñen das diferentes áreas de investigación do campus de Pontevedra. Grazas a esta mestura de coñecemento, os proxectos desenvoltos resultan moi diversos e enriquecedores, tanto para o estudantado coma para os titores e titoras.

No seguinte vídeo, poderás coñecer mellor o programa cunha das súas estudantes: Irene Márquez.

Máis información:
http://pdcrea.webs.uvigo.es



Esdemga Universidade De Vigo Axenda Csc Universidade de Vigo Facultade de Belas Artes Vicerreitoría do Campus de PontevedraFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra Oficial

04/05/2021

Neste programa de doutoramento propoñémosche un reto: saír da túa área de confort e combinar procesos distintos ao elaborar unha tese doutoral, dotando os teus proxectos cunha ampla perspectiva social, humanística e artística.

No seguinte vídeo poderás coñecer mellor o programa con Juan Picos Martín profesor da Escola de Enxeñaría Forestal e coordinador da liña en innovación e sustentabilidade dos recursos naturais.

Máis información:
http://pdcrea.webs.uvigo.es/programa-profesorado/linhas-de-investigacion/



Esdemga Universidade De Vigo Axenda Csc Universidade de Vigo Facultade de Belas Artes Vicerreitoría do Campus de PontevedraFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra Oficial

28/04/2021

No Programa de doutoramento CREA, animámoste a afondar nas túas inquedanzas, procurar novas posibilidades e resolvelas connosco a través de distintas áreas de investigación.

Poderás coñecer mellor esta titulación a través deste novo vídeo protagonizado por José Luis García Soidán, profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, e responsable da liña de investigación en innovación en saúde.

Máis información:
http://pdcrea.webs.uvigo.es/programa-profesorado/linhas-de-investigacion/



Esdemga Universidade De Vigo Axenda Csc Universidade de Vigo Facultade de Belas Artes Vicerreitoría do Campus de Pontevedra Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra Oficial

Dirección

Pontevedra
36002

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Doutoramento CREA publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría