31/08/2026
*BENVIDA CURSO 26/27*
A UVigo daralle a benvida ao novo curso dun xeito moi especial en cada campus.
Ademais da xornada organizada pola túa facultade ou a túa escola, a Universidade de Vigo proporcionarache toda a información necesaria para desenvolverte durante os teus anos de vida universitaria. Poderás informarte con detalle sobre todos os servizos que ofrecemos e recibirás algún agasallo para comezar o curso da mellor das maneiras. Ao longo de toda a xornada tamén haberá música e moito máis.
🔴*Campus de Pontevedra, 2 de setembro de 10.00 a 13.00 horas* no vestíbulo das facultades de Comunicación e de Dirección e Xestión Pública