18/10/2026
A nosa profesora Beli Martínez galardoada co Premio da crítica de Galicia na categoría de cine e artes audiovisuais.
Tamén foi finalista a nosa egresada Anxos Fazáns, directora de cine.
Os Premios da Crítica de Galicia celebrada en Vigo outorgou unha decena de galardóns a diversas personalidades, artistas e entidades co obxectivo de recoñecer o seu importante traballo nos diversos ámbitos da creación cultural e da investigación no marco do territorio galego.
Na categoría de Cine e Artes Audiovisuais 2026, o Premio da Crítica recaeu por unanimidade en Beli Martínez por ser a primeira vez que se recoñece unha muller produtora de cine, que «leva e levou o cine galego polo mundo», que «apostou pola normalización do galego no celuloide», «axuda á recuperación da memoria local e persegue, como profesora, formar o alumnado cineasta do futuro de Galicia». Foron finalistas Numax e As liñas descontinuas, de Anxos Fazáns.
Na recollida do galardón, Beli Martínez afirmou que «nun momento de gran visibilidade do noso cinema, é importante coidar os espazos onde dar cabida ás novas voces e propostas. Unha cultura viva non só celebra os logros, senón que tamén se preocupa polo seu futuro».
Parabéns ás nosas premiadas polo seu