Grao en Dirección e Xestión Pública

Grao en Dirección e Xestión Pública Benvido á páxina oficial en facebook do grao en dirección e xestión pública.

Unha oferta alternativa da Universidade de Vigo que engloba Dereito Público, Ciencia política, empresa, economía, socioloxía, xestión de recursos... entre outros.

"A idea é que o servizo que dean os estudantes do grao sexa pór en valor os servizos do campus e a capacidade de que o a...
21/02/2020

"A idea é que o servizo que dean os estudantes do grao sexa pór en valor os servizos do campus e a capacidade de que o alumnado os coñeza, os use ou incluso os mellore”, salienta o profesor Enrique Varela, coordinador dunha iniciativa que se insire nas actividades da materia Xestión pública e organización de servizos públicos."

Coñecer que servizos oferta a Universidade de Vigo no campus de Pontevedra, para logo preguntar ao alumnado polo seu grao de coñecemento e uso destes, co propósito de propor posibles melloras nun informe final. Ese é o traballo que ao longo do cuadrimestre desenvolve un grupo de estudantes do Gr...

RECORDATORIO‼️Convocatoria da Fundación Galicia-Europa de acceso preferente para tituladxs en Dirección e Xestión Públic...
20/02/2020

RECORDATORIO‼️

Convocatoria da Fundación Galicia-Europa de acceso preferente para tituladxs en Dirección e Xestión Pública

O prazo oficial de presentación de candidaturas é de un mes contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia rematando o vindeiro 28 de febreiro de 2020.

Toda a información aquí 👇

Fundación Galicia Europa

ATENCIÓN‼️"O prazo oficial de presentación de candidaturas é de un mes contado a partir do día seguinte á publicación do...
18/02/2020

ATENCIÓN‼️

"O prazo oficial de presentación de candidaturas é de un mes contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia rematando o vindeiro 28 de febreiro de 2020."

Fundación Galicia Europa

"Segundo recolle o escrito presentado pola coordinadora do grao, Soraya Rodríguez, e o responsable do mestrado, Xosé Mah...
17/02/2020

"Segundo recolle o escrito presentado pola coordinadora do grao, Soraya Rodríguez, e o responsable do mestrado, Xosé Mahou, para aproveitar a “ventá de oportunidade” que supón a implantación da modalidade virtual do grao en Dirección e Xestión Pública, "cómpre a creación dunha estrutura organizativa que permita ordenar de forma autónoma as ensinanzas e os procesos académicos e administrativos e de xestión” vinculados a estes dous títulos."

A Xunta de Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación informou este luns da solicitude de creación da Facultade de Dirección e Xestión Pública, proposta tanto pola comisión académica deste grao como do Mestrado en Dirección Pública e Liderado Institucional.

No seguinte link podedes consultar as Bolsas destinadas a financiar os gastos derivados dos desprazamentos e mobilidade ...
10/02/2020

No seguinte link podedes consultar as Bolsas destinadas a financiar os gastos derivados dos desprazamentos e mobilidade do estudantado.

Bolsas destinadas a financiar gastos derivados dos desprazamentos e mobilidade.

Parabéns ao Profesor da Área de Ciencia Política e director da Área de Responsabilidade Social da   Xosé Mahou polo seu ...
05/02/2020

Parabéns ao Profesor da Área de Ciencia Política e director da Área de Responsabilidade Social da Xosé Mahou polo seu traballo a prol do desenvolvemento sostible

A UVigo multiplicará este cuadrimestre as actividades relacionadas coa Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. Trátase de que toda a comunidade universitaria se vaia familiarizando e vaia introducindo a Axenda e os ODS no seu traballo diario.

Xa dispoñibles en   os videos do seminario "Gobiernos locales para retos globales: experiencias aplicadas de gestión púb...
03/02/2020

Xa dispoñibles en os videos do seminario "Gobiernos locales para retos globales: experiencias aplicadas de gestión pública local"

O salón de graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle o coloquio Gobernos locais para retos globais: experiencias aplicadas de xestión pública local, dirixido a abordar como os novos gobernos locais do século XXI afrontan os retos que teñen por diante nun novo escenario gl...

"O reitor destacou que a implantación desta opción virtual está prevista para o vindeiro curso académico 2020/2021. Trat...
31/01/2020

"O reitor destacou que a implantación desta opción virtual está prevista para o vindeiro curso académico 2020/2021. Trataríase, lembrou, do primeiro grao da Universidade de Vigo en contar cunha opción virtual"

Os traballos que a Universidade de Vigo está a acometer para que o vindeiro curso Dirección e Xestión Pública se converta no primeiro grao da institución académica en contar cunha modalidade virtual foron un dos aspectos abordados este xoves polo Consello de Campus de Pontevedra.

31/01/2020

A partir do minuto 6 podedes escoitar a análise da profesora Paula Lamoso a redor do

CRTVG - Compañía de Radio/Televisión de Galicia

Parabéns a Paula Piñeiro, Graduada en Dirección e Xestión Pública, e nova Secretaria Municipal do Concello de Moaña
22/01/2020

Parabéns a Paula Piñeiro, Graduada en Dirección e Xestión Pública, e nova Secretaria Municipal do Concello de Moaña

Ata o 31 de xaneiro permanece aberta a convocatoria de dúas axudas para participar nas estadías de dez semanas que, entr...
20/01/2020

Ata o 31 de xaneiro permanece aberta a convocatoria de dúas axudas para participar nas estadías de dez semanas que, entre marzo e maio, se levarán a cabo nesta cidade brasileira ao abeiro do proxecto europeo Lapassion (Latin America Practices and Soft Skills por an Innovation Oriented Network), que coordina o Instituto Politécnico do Porto e no que participan institucións de España, Portugal, Brasil, Chile e Uruguai, entre as que se atopa a Universidade de Vigo, a través do Campus Crea.

Dous estudantes do campus de Pontevedra poderán contribuír, como parte de equipos multidisciplinares integrados por alumnado de diferentes países e titulacións, ao desenvolvemento de proxectos dirixidos a promover melloras en materia de accesibilidade e inclusión na cidade de Pelotas.

Dirección

Campus De A Xunqueira
Pontevedra

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Grao en Dirección e Xestión Pública publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a Grao en Dirección e Xestión Pública:

Compartir

Categoría