Fundación Alexandre Bóveda

Fundación Alexandre Bóveda Páxina oficial do Facebook da Fundación Alexandre Bóveda. Non usar mentres esteades ben acompaña

04/09/2026
🍂⭐ As cascas do piñeiro, contra o que foron fusilados hai 90 anos Alexandre Bóveda, Víctor Casas, Amancio Caamaño, José ...
15/08/2026

🍂⭐ As cascas do piñeiro, contra o que foron fusilados hai 90 anos Alexandre Bóveda, Víctor Casas, Amancio Caamaño, José e Germán Adrio, Telmo Bernárdez, Paulo Novás, Ramiro Paz, Luis Poza, Benigno Rey e Juan Rico, reuniranse por vez primeira coa "Derradeira leición do mestre".

Grazas, sempre, ao valor, á afouteza e ao profundo amor de Amalia Álvarez Gallego 💜💐.

O acto vai celebrarse este luns 17 de agosto ás 11.30 horas diante do cadro 'A derradeira leición do mestre', pintado por Castelao, que permanece temporalmente no Museo

🌟 O vindeiro luns, 17 de agosto, temos unha programación completa para celebrar o Día da Galiza Mártir.Un ronsel de acto...
14/08/2026

🌟 O vindeiro luns, 17 de agosto, temos unha programación completa para celebrar o Día da Galiza Mártir.

Un ronsel de actos en colaboración co Museo de Pontevedra, o Concello de Poio e o Concello de Pontevedra, e acompañados pola Fundación Castelao.

Sinalamos que o acto do Museo será pechado, só para autoridades, formacións políticas e prensa, debido ás condicións de acceso á Sala de exposicións temporais, ao aforo máximo establecido, e a que o Museo os luns non abre ao público.

Podes acompañarnos nos demais actos, para o que deixamos unha infografía con tódolos detalles 👇🏻

26/06/2026

🎉 Presentamos o cartel da VIII Semana cultural‼️

Baixo o título "Pensamento e innovación na Galicia da II República. Paralelismo coa situación actual", trataremos a situación do Ensino e as vangardas artísticas dos anos '30 e a renovación da política económica e da sociedade galega pola que traballou Alexandre Bóveda, no 90 aniversario do seu pasamento polas armas.

Contaremos con Amalia Bóveda e Valentín G. Bóveda para a apertura das sesións e pecharemos cunha visita guiada polos reloxos de sol de Igrexa de San Bieito de Fefiñáns e falando das eclipses solares deste ano e dos que veñen.

🎙️ Teremos tamén acompañamento musical de Erea Castro, Grupo Barahúnda e Francisco Castro.

Un programa completo, co que vos convidamos a acompañarnos:

🗓️ 1-4 de xullo
⏰ 20h
📍 Terraza baixo os Magnolios. Pazo de Fefiñáns.

23/06/2026
💐 Onte o presidente e varias membros do Padroado da Fundación Alexandre Bóveda estivemos acompañando á nosa presidenta d...
12/06/2026

💐 Onte o presidente e varias membros do Padroado da Fundación Alexandre Bóveda estivemos acompañando á nosa presidenta de honra, Amalia Bóveda, que agora tamén é Premio pontevedresa de honra 2026.

O seu férreo compromiso coa Memoria democrática e o legado de Alexandre Bóveda fíxoa merecente deste galardón, outorgado polo Diario de Pontevedra. 🏆

05/06/2026

O Concello de Ourense celebrou unha homenaxe a Alexandre Bóveda no 123 aniversario do seu nacemento cun acto institucional

05/06/2026

Representantes de todos os grupos municipais e da Fundación Alexandre Bóveda participaron no tradicional homenaxe que incluíu unha ofrenda floral

Dirección

Pontevedra
36005

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fundación Alexandre Bóveda publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir