Sindicato Labrego na Mariña

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Sindicato Labrego na Mariña Página do Sindicato Labrego na Mariña. Aquí compartiremos información e convocatorias de interese

15/10/2026
14/10/2026
Este sábado tivemos un luxazo de xornada cos compañeiros da Asociación Galega das Castañas e dos Soutos.Aprendemos das e...
02/03/2026

Este sábado tivemos un luxazo de xornada cos compañeiros da Asociación Galega das Castañas e dos Soutos.

Aprendemos das especies e da historia, e tamén das variedades e híbridos e dos problemas máis habituais deste cultivo. E sobre todo, da importancia de informarnos e planificar ben as nosas plantacións, xa que que acadan o seu potencial a 20 anos vista.

Quedamos con gaña de máis, axiña pedirémoslles unha segunda visita á nosa comarca!

Hoxe pasamos unha mañá de dez en Lourenzá falando do que máis nos gusta: o castiñeiro de froito 🌰🌳.

Queremos darlles as grazas de corazón aos amigos do Sindicato Labrego Galego por convidarnos e, sobre todo, a toda a xente que se achegou ata o salón de actos do Concello 🙌.

Daba gusto ver tanto interese; as vosas preguntas fixéronnos pensar e nós tamén levamos unha boa aprendizaxe para a casa hoxe 💚✨

​

02/03/2026

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza vén de estimar unha demanda de Adega contra o Goberno galego por deixar desprotexida, e sen nin sequera xustificalo...

Historia do SLG, rolda de prensa con Navarro dono da granxa na que se sacrificaron 70 vacas, todas as xatas e todas as c...
27/02/2026

Historia do SLG, rolda de prensa con Navarro dono da granxa na que se sacrificaron 70 vacas, todas as xatas e todas as crías, cando apareceu o segundo caso de vaca tola en Barreiros. Momentos de moita dor e preocupación que revivimos agora que nos chegou a inesperada nova do falecemento de Tante, persoa fundamental no nacemento e consolidación do SLG na Mariña, no que estivo arredor de 30 anos. Liderou a comarca en anos de moita loita e tractoradas contra a aplicación das multas pola supertaxa, cortes de tráfico na Ponte do Santos polas protestas gandeiras ou mesmo o bloqueo no Porto de Ribadeo da descarga dun buque de leite en pó. Nestes anos foron innumerables as accións nas que participou e foi un referente e apoio fundamental para moitas persoas e familias labregas da comarca e compañeiras no SLG. A última vez que estivo con nós foi no último Congreso do SLG en novembro e nunca deixou de acompañarnos e apoiar o Sindicato Labrego Galego. D.E. P

Boas, hai persoas que poden ter interese nas posibilidades deste cultivo. Algunhas xa tomaron a decisión de plantar cast...
26/02/2026

Boas, hai persoas que poden ter interese nas posibilidades deste cultivo. Algunhas xa tomaron a decisión de plantar castiñeiros sen coñecer ben as variedades, características do cultivo ou ben como acceder a planta que despois funcione ben e o cultivo sexa rendible. Para tratar de saber máis do potencial do cultivo e tratar de poñer os medios para que alguén, que decida realizar unha plantación, teña os coñecementos necesarios realizaremos esta charla no Salón de Actos do Concello Lourenzá o próximo sábado pola mañá. Estades todas e todos convidados se vos parece interesante. Un saúdo

Dirección

Avda Calvo Sotelo 3, 1ºE
Ribadeo
27700

Horario de apertura

Lunes 09:30 - 13:30
Martes 09:30 - 13:30
Miércoles 09:30 - 13:30
Jueves 09:30 - 13:30

Teléfono

982130615

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Sindicato Labrego na Mariña publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Sindicato Labrego na Mariña:

Atajos

Compartir