Facultade Xeografía e Historia USC

Cómo llegar Página web

Facultade Xeografía e Historia USC Conta oficial da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

SEMINARIO | Cultos indianizadosO seminario "Cultos indianizados. Santiago y la Virgen peregrina en la religiosidad y cul...
16/10/2026

SEMINARIO | Cultos indianizados

O seminario "Cultos indianizados. Santiago y la Virgen peregrina en la religiosidad y cultura visual del virreinato del Perú" afondará nestas cuestións da man de José Andrés De Leo Martínez e Lucila Iglesias, especialistas en patrimonio e cultura visual.

📅 Luns 19 de outubro, 12h
📍 Aula 15

Grupo Iacobus

CICLO DE CONFERENCIAS | O impacto da Guerra Civil no ámbito das artes en Galicia🗣️ "Memoria, resistencia e dislocación: ...
16/10/2026

CICLO DE CONFERENCIAS | O impacto da Guerra Civil no ámbito das artes en Galicia

🗣️ "Memoria, resistencia e dislocación: Luís Seoane e a cultura impresa do exilio republicano galego" é o título da conferencia que impartirá Pablo García Martínez, docente e membro do Grupo FILGA (USC).

A sesión forma parte deste ciclo de seis conferencias, organizado polo grupo de investigación IDEAHS e polo proxecto PERMORIA, que analiza o impacto da Guerra Civil nas artes, o patrimonio, a música, a memoria, o exilio e a cultura material en Galicia.

📅 Do 23 de setembro ao 28 de outubro
🕖 Todos os mércores, ás 19h
📍 Aula 8

16/10/2026

Seminario docente sobre Didáctica de la Alteridad. A celebrar en el aula 5 de la facultad de Xeogrfía e Historia el día 19 de octubre a las 12:00 horas.
Facultade Xeografía e Historia USC

XXIII COLOQUIO INTERNACIONAL DA AEIHM | Mujeres en la Historia GlobalA Asociación Española de Investigación de Historia ...
16/10/2026

XXIII COLOQUIO INTERNACIONAL DA AEIHM | Mujeres en la Historia Global

A Asociación Española de Investigación de Historia de las Mujeres, en colaboración co Grupo Aevum. Idade Media e Medievalismos e o CISPAC, organiza este coloquio internacional que sitúa as mulleres como protagonistas dos procesos de mobilidade, encontro e intercambio, e como axentes na creación de redes entre persoas, territorios e estados.

📅 Do 21 ao 23 de outubro
📍 Paraninfo da Universidade, Aula 2, Aula 16
🔗 Inscricións, programa e máis información: https://xxiiicoloquio2026feminismos.aeihm.org/programa/

16/10/2026

📣 NOVA | A Universidade de Santiago de Compostela acollerá no CISPAC dúas persoas doutorandas da rede europea SOPHIA-DN, dedicada ao estudo da cerámica e dos coñecementos técnicos transmitidos entre xeracións.

🌏 Coordinada pola Πανεπιστήμιο Κύπρου | University Of Cyprus, a rede reúne 20 entidades e combinará arqueoloxía, experimentación e intelixencia artificial para comprender como as comunidades do pasado producían cerámica e facían circular técnicas e obxectos.

🔎 Silvia Amicone, representante científica da USC no proxecto, supervisará as dúas investigacións doutorais. No equipo tamén participan María Pilar Prieto Martínez, José Carlos Sánchez Pardo e Óscar Lantes Suárez.

🤝 Financiada polas accións Marie Skłodowska-Curie, SOPHIA-DN conta con 4,3 millóns de euros

🔗 Máis información en cispac.gal e no xornal da USC.

16/10/2026
16/10/2026
16/10/2026

📣 XXIII Coloquio Internacional da AEIHM | Mulleres na Historia Global

Como se conectaron as sociedades do pasado máis alá das fronteiras? Que papel tiveron as mulleres na circulación de ideas, persoas, saberes e prácticas?

Baixo o título Mulleres na Historia Global, o XXIII Coloquio Internacional da Asociación Española de Investigación de Historia de las Mujeres propón achegarse a estas cuestións desde unha perspectiva global e transnacional, situando as mulleres como protagonistas das mobilidades, os intercambios e as redes que articularon diferentes territorios e sociedades ao longo da historia.

O coloquio abordará catro grandes eixos: a circulación de ideas e os espazos de poder; a mobilidade feminina transfronteiriza; as redes de espiritualidade; e a participación das mulleres na cultura, a arte, a ciencia e as técnicas.

👥 Organizan a AEIHM, en colaboración co Grupo Aevum e o CISPAC.
📅 21–23 de outubro
📍 Paraninfo da Universidade, Aula 2 e Aula 16, Facultade Xeografía e Historia USC
📍Salón de Grados, Facultade de Filosofia USC
📩 Inscricións, programa e máis información:
https://xxiiicoloquio2026feminismos.aeihm.org/programa/


Universidade de Santiago de Compostela

16/10/2026

Conferencia de nuestra compañera Diana Dúo Rámila, del Museo de Pontevedra, en la RSEAPS sobre “EL RETRATO DE UN CABALLERO ANÓNIMO, DE LUIS DE MADRAZO”, presentada por Ana Pérez Varela, presidió el acto Leopoldo Fernández Gasalla, presidente de la RSEAPS.
(Foto RSEAPS)
Facultade Xeografía e Historia USC

Dirección

Praza Da Universidade, 1
Santiago De Compostela
15703

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 20:30
Martes 09:00 - 20:30
Miércoles 09:00 - 20:30
Jueves 09:00 - 20:30
Viernes 09:00 - 20:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Facultade Xeografía e Historia USC publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría