Área de Cultura USC

Cómo llegar Página web

Área de Cultura USC Páxina oficial da Área de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela

🗣️ Xa está aberto o prazo de matrícula para asistir aos encontros ‘Memoria democrática’ no campus de Lugo da Universidad...
20/10/2026

🗣️ Xa está aberto o prazo de matrícula para asistir aos encontros ‘Memoria democrática’ no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela , con María Valcárcel Tabernero, profesora da Universidade de Santiago de Compostela e xornalista cultural!

📆 26 de outubro, 30 de novembro e 14 de decembro

➡️ O obxectivo deste encontros é reconstruir a memoria democrática a través das vivencias das persoas, imaxes e as construcións que habitaron eses espazos. A nosa viaxe comeza na rúa da Praciña da Universidade e os seus aledaños.

➕ Info na ligazón da nosa bio

📸 ‘Casas’ é a temática arredor da que xira o Maratón Fotográfico do Outono Cultural da Universidade de Santiago de Compo...
20/10/2026

📸 ‘Casas’ é a temática arredor da que xira o Maratón Fotográfico do Outono Cultural da Universidade de Santiago de Compostela que esta fin de semana chegou á súa edición número 32!

➡️ Preto de medio cento de persoas participantes realizaron fotografías para acadar algúns dos tres premios ofertados: Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto, Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía de tema libre, así como o Premio do Público. O xurado deste ano está composto por Eduardo Ochoa, Teresa Valcárcel e Adra Pallón .

Foto de

🏳️‍🌈 O vindeiro 15 de outubro temos unha xornada de reinvidicación, visibilidade e cultura LGBTI+  no campus de Lugo da ...
13/10/2026

🏳️‍🌈 O vindeiro 15 de outubro temos unha xornada de reinvidicación, visibilidade e cultura LGBTI+ no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, que contará coa participará da actriz galega Alba Loureiro e na que se proxectará a serie 'Contando los días'!!

📍 20.00h, Casa do Saber. O acceso é libre ata completar a capacidade da sala.

➡️ Ademais, ás 17.00 h, se es da comunidade universitaria podes asistir a unha sesión de traballo a porta pechada para identificar problemáticas, necesidades e prioridades en materia de Diversidade LGBTI+, previa inscrición en [email protected].

🎶 Este martes 13 de outubro abre o prazo de matrícula para poder asistir a ‘Muiñadas: o pobo é quen canta e baila’ no ca...
13/10/2026

🎶 Este martes 13 de outubro abre o prazo de matrícula para poder asistir a ‘Muiñadas: o pobo é quen canta e baila’ no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, uns encontros conducidos por Adri Méndez !!

📆 Encontro con Mondra: 4 decembro, 19.45 h, cafetaría da
📆 Encontro con Aida Tarrío: 3 decembro, 19.45 h, cafetaría da

✏️ Para asistir tes que inscribirte e pagar 5 euros, no caso da comunidade universitaria, ou 10 euros, para o público en xeral. Para máis información, tes que mandar un correo a [email protected]

📽️ Este mércores temos a primeira proxección de ‘Antes de maio’, un documental interactivo sobre as revoltas estudantís ...
06/10/2026

📽️ Este mércores temos a primeira proxección de ‘Antes de maio’, un documental interactivo sobre as revoltas estudantís do 68!!

➡️ Antes de maio foi marzo. Nese mes, no curso 67/68 máis de mil estudantes protagonizaron un peche pacífico no edificio central da Universidade de Santiago de Compostela. A primavera do 68 tivo en Galicia un preludio, anticipándose ao famoso Maio francés.

➡️ ‘Antes de maio’ é un documental interactivo no que as persoas usuarias poden poñerse na pel dunha estudante de primeiro de carreira para tomar decisións relevantes na súa implicación co movemento estudantil e a súa participación nas protestas. A proxección interactiva permite ao público, votando “en asemblea” (a través dos seus móviles) tomar decisións pola protagonista, ás veces máis banais e outras máis trascendentais. Deste xeito vaise configurando o desenvolvemento da historia e, aínda que os feitos históricos non mudan, si que cambia como e con quen os vivimos. A narrativa implica a ficcionalización dos feitos, pero sempre cunha rigorosa base histórica. Así, o relato móvese entre o xogo e o documental interactivo, implicando diferentes materiais dixitais e a acción da usuaria a través de múltiples plataformas. Entre os obxectivos deste proxecto están achegar á mocidade un episodio histórico pouco coñecido, preservar e divulgar a nosa memoria histórica, crear pontes entre distintas xeracións, normalizar o uso do galego como lingua vehicular en espazos tecnolóxicos e innovadores ou estimular o pensamento crítico.

📆 7 de outubro, ás 11.00 h, na Facultade de Xeografía e Historia
📆 11 de novembro, ás 11.30 h, na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
📆 15 de decembro, ás 20.15 h, na Casa do Saber do campus de Lugo

🔸Este xoves abre a inscrición para participar no ###II Maratón fotográfico, VIII Certame de videocreación e V Certame pa...
30/09/2026

🔸Este xoves abre a inscrición para participar no ###II Maratón fotográfico, VIII Certame de videocreación e V Certame paisaxe sonora da Universidade de Santiago de Compostela 🔸

➡️ Poden participar todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen, sen restrición de nacionalidade ou lugar de residencia.

📸 Maratón fotográfico, coordinado por Eduardo Ochoa: inscrición ata 16 de outubro ás 13.00 h
🎥 Certame de videocreación, coordinado por Carmen Granxeiro: inscrición ata 31 de outubro. Envío da peza de videocreación do 5 ao 7 de novembro
🎧 Certame paisaxe sonora, coordinado por : inscrición ata 31 de outubro. Entrega do traballo do 8 ao 10 de novembro

➕ Info na ligazón da nosa bio

🎶 O novo ciclo Sons de Peto comeza coa actuación do dúo Abril na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela!! ✨👏🥰📆...
29/09/2026

🎶 O novo ciclo Sons de Peto comeza coa actuación do dúo Abril na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela!! ✨👏🥰

📆 7 de outubro, 20.30 h. Acceso de balde e libre ata completar prazas.

➡️ O ciclo 'Sons de Peto' baséase en propostas acústicas e semiacústicas, cunha capacidade máis reducida do habitual e unha especial atención á relación entre as persoas creadoras e o público. ‘Sons de Peto’ convida artistas da escena galega a presentar os seus traballos desde perspectivas diferentes ás habituais e a experimentar con outros modos de interpretar e compartir as súas creacións. O resultado son propostas pensadas para favorecer unha escoita máis próxima e directa e para poñer en valor, ao mesmo tempo, a singularidade arquitectónica e acústica da Igrexa da Universidade. O nome do ciclo toma como referencia a idea dos libros de peto e trasládaa ao ámbito musical: actividades e concertos de dimensión reducida que permiten establecer unha relación máis directa entre o que acontece no escenario e as persoas que o comparten.

🖍️ Aberto o prazo de matrícula no ‘Obradoiro de Fanzine: Destrúe e constrúe’ no campus de Lugo da  !!➡️ Imparten Sergio ...
25/09/2026

🖍️ Aberto o prazo de matrícula no ‘Obradoiro de Fanzine: Destrúe e constrúe’ no campus de Lugo da !!

➡️ Imparten Sergio Marey e Pia Piadosa de VaiaVaia

📍Aula 20 da Facultade de Formación do Profesorado

➕ Info na ligazón da nosa bio

🎶 Nace ‘Sons de Peto’, un ciclo que levará á Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela unha programación de forma...
24/09/2026

🎶 Nace ‘Sons de Peto’, un ciclo que levará á Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela unha programación de formatos reducidos pensada para explorar outras maneiras de escoitar, compartir e vivir a música na Igrexa da !

➡️ O ciclo basearase en propostas acústicas e semiacústicas, cunha capacidade máis reducido do habitual e unha especial atención á relación entre as persoas creadoras e o público. ‘Sons de Peto’ convida artistas da escena galega a presentar os seus traballos desde perspectivas diferentes ás habituais e a experimentar con outros modos de interpretar e compartir as súas creacións. O resultado son propostas pensadas para favorecer unha escoita máis próxima e directa e para poñer en valor, ao mesmo tempo, a singularidade arquitectónica e acústica da Igrexa da Universidade. O nome do ciclo toma como referencia a idea dos libros de peto e trasládaa ao ámbito musical: actividades e concertos de dimensión reducida que permiten establecer unha relación máis directa entre o que acontece no escenario e as persoas que o comparten.

📆 A primeira programación do ciclo inclúe o concerto de Abril, o mércores 7 de outubro ás 20.30 horas; o obradoiro de canto con Guadi Galego ‘Pélago. Contos oníricos’, o sábado 17 de outubro, de 10.30 a 14.00 horas; e o concerto de Laura LaMontagne ‘A vida fóra dos versos’, o mércores 11 de novembro ás 20.30 horas. O obradoiro de canto con Guadi Galego será de balde, con inscrición previa a través da web da USC, no apartado de Cultura, ata o 2 de outubro.

➕ Info na ligazón ás novas da nosa bio

📸 Aberto o prazo de inscrición no curso ‘Narrativa visual: curso de fotografía documental'!!➡️ Impartido polo colectivo ...
23/09/2026

📸 Aberto o prazo de inscrición no curso ‘Narrativa visual: curso de fotografía documental'!!

➡️ Impartido polo colectivo Ollo: Vanessa Casteleiro, Óscar Corral e Brais Lorenzo

➕ Info na ligazón da nosa bio

Dirección

Santiago De Compostela E Lugo
Santiago De Compostela

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Área de Cultura USC publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría