Biblioteca da Facultade de Filoloxía - USC

Biblioteca da Facultade de Filoloxía - USC Páxina da Biblioteca da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela

Incorporamos hoxe ao noso catálogo o libro: “La historia literaria comparada y los estudios ibéricos: producir otro pres...
13/05/2026

Incorporamos hoxe ao noso catálogo o libro: “La historia literaria comparada y los estudios ibéricos: producir otro presente” (8.09 CASAS.-4), de Arturo Casas, catedrático na nosa facultade.
Trátase dunha compilación de publicacións anteriores (entre os anos 2000 e 2024), que convenientemente revisadas e actualizadas, “analiza os debates sobre a historia literaria comparada que xurdiron tras a superación de metodoloxías que se voltaron inoperantes ante a complexidade dos procesos histórico-culturales internacionais.”

A incorporación de novas perspectivas interdisciplinarias supón unha renovación no estudo da historia da literatura e convida a examinar os retos actuais neste campo. Trátase por tanto dunha publicación que, no marco dos estudos ibéricos, pode axudar a entender os retos específicos que afronta o estudo das relacións literarias e culturais na actualidade.

Nova incorporación ao fondo da Biblioteca de Filoloxía: «Ethnographic Landscapes and Language Ideologies in the Spanish ...
05/05/2026

Nova incorporación ao fondo da Biblioteca de Filoloxía: «Ethnographic Landscapes and Language Ideologies in the Spanish State», editado por Carla Amorós Negre (Universidad de Salamanca) e Gabriela Prego Vázquez (Universidade de Santiago de Compostela).

O volume reúne contribucións á investigación sobre a paisaxe lingüística en España, atendendo tanto ás rexións monolingües como ás bilingües. Son un total de 9 capítulos precedidos dunha introdución das editoras.

O capítulo que pecha a obra, «Ideologies around “Galicianness” commodification in the multilingual linguistic landscapes of marketplaces in Galicia», foi elaborado polas profesoras da USC Gabriela Prego e Luz Zas Varela e polos docentes de secundaria Pablo Montaña Prieto e Celtia Rey Brandón. Recolle os resultados dunha investigación sobre a mercantilización da «galicidade», que contou coa participación de alumnado de secundaria das localidades de Tomiño, na fronteira entre Galicia e Portugal, e dun instituto do centro de Vigo.

Está dispoñible no estante de novidades (sinatura 41 AMOR 4).

Nestes días estivemos a celebrar a «Semana da Facultade de Filoloxía» e, entre outras actividades, asistimos á presentac...
24/04/2026

Nestes días estivemos a celebrar a «Semana da Facultade de Filoloxía» e, entre outras actividades, asistimos á presentación de tres obras que incorporamos ao fondo da biblioteca.

Trátase da recompilación dos textos premiados no XI Concurso Literario Mazarelos 2025, o «caderno de bitácora 2022-2024» do proxecto colaborativo CineFilo e o volume coas conferencias pronunciadas polas decanas e decanos da Facultade no ciclo conmemorativo do seu 50.º aniversario.

📢Facémonos eco da inauguración, esta mañá, da exposición biobibliográfica que a Fundación Penzol e a Cátedra Institucion...
14/04/2026

📢
Facémonos eco da inauguración, esta mañá, da exposición biobibliográfica que a Fundación Penzol e a Cátedra Institucional Otero Pedrayo da USC realizan conxuntamente e que está instalada no 1º andar na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago.

A exposición forma parte das actividades que a Cátedra promove co gallo da declaración de 2026 como Ano Otero Pedrayo, conmemorativo do 50 cabodano do seu pasamento.

A mostra, de carácter divulgativo, presenta, en oito paneis, un completo percorrido pola traxectoria vital, intelectual e académica do polígrafo ourensán, que se complementan cunha selección das publicacións do escritor e historiador ourensán que
forman parte dos fondos da BUSC.

A exposición estará aberta ao público ata o 17 de maio.




Hoxe queremos expresar publicamente o noso agradecemento á Câmara Municipal de Vila do Conde (Portugal) pola súa xeneros...
08/04/2026

Hoxe queremos expresar publicamente o noso agradecemento á Câmara Municipal de Vila do Conde (Portugal) pola súa xenerosidade coa Biblioteca da Facultade de Filoloxía.

Recibimos como agasallo un exemplar de «O Poeta Carpinteiro», dedicado á figura de Joaquim Moreira da Silva, poeta especialmente valioso pola forza humana e literaria da súa voz. Trátase dunha obra de grande interese para a nosa biblioteca e tamén dunha publicación difícil de conseguir, polo que agradecemos fondamente este xesto.

Aproveitamos tamén para animar a quen teña ocasión de pasar por Vila do Conde a visitar a cidade, tan estreitamente vencellada á memoria do poeta e cun notable compromiso coa difusión do seu patrimonio cultural.

Nova incorporación ao catálogo!«A Santiago em romaria vem: a lírica galego-portuguesa e Compostela» é unha obra que ofre...
27/03/2026

Nova incorporación ao catálogo!

«A Santiago em romaria vem: a lírica galego-portuguesa e Compostela» é unha obra que ofrece unha aproximación rigorosa ao papel de Santiago de Compostela como centro fundamental na configuración da lírica galego-portuguesa medieval.

O volume analiza o desenvolvemento desta tradición literaria entre os séculos XII e XIV, destacando a relevancia cultural e lingüística dun espazo no que confluíron creación poética, música e transmisión simbólica. Así mesmo, propón unha reflexión sobre as orixes compartidas da nosa tradición literaria.

A obra está preparada polos profesores da USC Maria Isabel Morán Cabanas e José António Souto Cabo, e a profesora Yara Frateschi Vieira (Universidade Estadual de Campinas), especialistas neste ámbito de estudo.

A profesora titular de Literatura Italiana da USC, Cristina Marchisio, vén de publicar unha investigación na que resolve...
25/03/2026

A profesora titular de Literatura Italiana da USC, Cristina Marchisio, vén de publicar unha investigación na que resolve o anonimato do autor do «Ancien Théâtre Italien» coñecido como «Monsieur B***». No ensaio, titulado «Questioni attributive nell’ambito del “Théâtre italien” di Gherardi. Testimonianze per l’identificazione di Monsieur B*** dall’‘entourage’ di Barante» (Studi Francesi, n.º 207, 2025), a profesora identifícao como o nobre Claude-Ignace Brugière de Barante.

A escritora María Xosé Queizán, nada en Vigo en 1939, vai entrar na Real Academia Galega como académica de honra. A súa ...
23/03/2026

A escritora María Xosé Queizán, nada en Vigo en 1939, vai entrar na Real Academia Galega como académica de honra. A súa obra abrangue todos os xéneros, dende a narrativa e o ensaio ata a poesía e o teatro.
É especialmente no ensaio onde destaca o seu labor feminista en Galicia, enfocado no papel da lingua galega na comunidade.

Ademais de recibir esta mención de honra, Queizán xa recibiu varios premios: Voz da Liberdade (2011), Otero Pedrayo (2018), o Laxeiro (2024), entre outros. E este ano, a RAG dedicoulle o Día da Poesía.

Podedes atopar a noticia na seguinte canle:
https://academia.gal/-/maria-xose-queizan-academica-de-honra

Facémonos eco dun novo recoñecemento ao profesor Claudio Rodríguez Fer, que ingresou na Academia Europea de Ciencias e A...
11/03/2026

Facémonos eco dun novo recoñecemento ao profesor Claudio Rodríguez Fer, que ingresou na Academia Europea de Ciencias e Artes o pasado 7 de marzo de 2026, durante unha sesión plenaria da entidade celebrada no Auditorium da Universidade de Salzburgo (Austria).

De novo ponse en valor a “proxección intercultural e multilingüe da súa obra, de ética humanista e estética vangardista, así como o [seu] comparatismo literario europeísta.”

Os nosos máis sentidos parabéns!

Xornal da USC: https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/profesor-usc-claudio-rodriguez-fer-ingresou-academia-europea-ciencias-artes

🔔 Chega á nosa biblioteca «Filoloxía, onte, hoxe e mañá: lingua, literatura, cultura. Formulacións teóricas, analíticas ...
05/03/2026

🔔 Chega á nosa biblioteca «Filoloxía, onte, hoxe e mañá: lingua, literatura, cultura. Formulacións teóricas, analíticas e/ou aplicadas» (8.09 GONZAL 1), editado por Elsa González-Álvarez, vicedecana da Facultade de Filoloxía e con prólogo do decano, Elías Feijó Torres.

Esta obra recolle os traballos presentados nas xornadas do programa «Converxencias» que se celebraron na nosa facultade en decembro de 2024 e, como se recolle na contraportada, «dá conta da vitalidade e diversidade da investigación filolóxica contemporánea, cunha ollada que abrangue tanto os fundamentos teóricos como as aplicacións prácticas no estudo da lingua».

O volume estrutúrase en dúas partes: «Lingua e Lingüística» e «Literatura e Cultura».

Dirección

Avenida Castelao, S/n, Campus Norte
Santiago De Compostela
15782

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 20:20
Martes 08:30 - 20:20
Miércoles 08:30 - 20:20
Jueves 08:30 - 20:20
Viernes 08:30 - 20:20

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca da Facultade de Filoloxía - USC publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría