Facultade de Ciencias da Comunicación - USC

Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Facultade de Ciencias da Comunicación - USC Benvidx á Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela 🗞📺🎥

📢 O estudantado de "Promoción, distribución e eventos audiovisuais" (4º de Comunicación Audiovisual), materia impartida ...
16/10/2026

📢 O estudantado de "Promoción, distribución e eventos audiovisuais" (4º de Comunicación Audiovisual), materia impartida polo profesor Cibrán Tenreiro, recibiu nunha das súas clases a Brais Romero, responsable da distribuidora cinematográfica .

🏗️ Brais Romero, alumni da Facom, abordou a súa experiencia traballando na distribución de filmes arriscados e diferentes, entre os que se poden destacar 'Fomos ficando sós' (Adrián Canoura), a gañadora do Festival de Málaga 'Yo no moriré de amor' (Marta Matute) e proxectos doutras persoas que estudaron no noso centro como '360 curvas' (Alejandro Gándara e Ariadna Silva) ou 'Te separas mucho' (Paula Veleiro).

🏆Deste xeito, o estudantado da materia puido coñecer de preto o funcionamento económico de acordos de distribución, a planificación de estratexias, o trato con festivais e outras entidades ou as características particulares da distribución de curtametraxes.

Grazas, Brais, pola túa visita. Moitos éxitos! 👏🏼

🎶💕 Música, orgullo e identidade!Baixo este lema, o vindeiro martes 20 de outubro celébranse na FaCom os XXVIII Encontros...
16/10/2026

🎶💕 Música, orgullo e identidade!

Baixo este lema, o vindeiro martes 20 de outubro celébranse na FaCom os XXVIII Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Consello da Cultura Galega!

🎤 O encontro reunirá artistas do panorama musical galego como Belem Tajes, Xurxo Souto, Antía Muíño, 9Louro, Guadi Galego, Grande Amore ou Ortiga 🎵

📅 Martes 20 de outubro
📍 Auditorio da FaCom da USC
🕘 A partir das 9:45 h

Non o perdas! 🙌

Máis info 👇

https://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_ac_2026_encontros-normalizacion-linguistica-musica6.pdf

🎓📺 RTVE abre a IX convocatoria de Impulsa Visión RTVE – Axudas á Investigación para Traballos de Fin de Máster! 🚀Esta in...
16/10/2026

🎓📺 RTVE abre a IX convocatoria de Impulsa Visión RTVE – Axudas á Investigación para Traballos de Fin de Máster! 🚀

Esta iniciativa busca impulsar o talento universitario e apoiar proxectos de investigación vinculados á innovación e á transformación dixital no sector audiovisual.

💡 Nesta edición, a temática central será «Novas audiencias e contidos informativos na era dixital».

📝 Estás a preparar o teu TFM? Esta pode ser a túa oportunidade!

Consulta as base e toda a info aquí 👉 https://www.rtve.es/rtve/20261006/convocatoria-impulsa-vision-rtve-ayudas-investigacion-oficiales-tfm/17254848.shtml

15/10/2026

📺 Lucía Nieto estudou Xornalismo (🎓 2024) na e despois realizou o MPXA da UDC. A súa traxectoria profesional comezou realizando prácticas durante a carreira. Pasou polas redaccións de ‘La Región’, EuropaPress e ‘La Voz de Galicia’. Na actualidade é responsable de comunicación de Voz Audiovisual.

👣 Garda con moito agarimo o seu paso pola FaCom, que potenciou a súa curiosidade e lle permitiu vivir experiencias moi diversas. Por iso a súa vén marcada pola súa estadía SICUE en Sevilla, os eventos que presentou como alumna-titora e o mundo da investigación académica, ao que se achegou a través dunha bolsa. Todo isto sen esquecer o seu grupo de amigos e profesionais marabillosos, que vén dos seus tempos como estudante.

🔥O de Nieto é que ‘só se aprende cando un se equivoca e para equivocarse hai que facer cousas’. Por iso suxire que aproveitedes as prácticas e as actividades que se fan na .usc para perder a vergoña, para achegarvos a falar con xente e para ensinar neses espazos e nas redes sociais o que sodes quen de facer. Deses contactos e experiencias poden xurdir oportunidades laborais no futuro.

🧾 A súa case remata en suspenso. Estaba moi nerviosa nun exame de Estatística e entregou a folla de cálculos en sucio en lugar do exame. Menos mal que se decatou antes de saír da aula!

🫂Graciñas pola visita, !

AlumniFaComUSC

⚠️ Tes unha idea que merece ser escoitada? 🎤👂 Pois recorda que aínda estás a tempo de presentarte ao Concurso de pitchin...
14/10/2026

⚠️ Tes unha idea que merece ser escoitada? 🎤👂 Pois recorda que aínda estás a tempo de presentarte ao Concurso de pitching en galego da FaCom!! 👇

📢 A Comisión de Normalización Lingüística da FaCom vén de convocar o Facom Pitch, Concurso de Pitching en Galego, unha actividade financiada polo Servizo de Normalización Lingüística da USC e a Secretaria Xeral da Lingua e organizada en colaboración co Facom Fest.

1️⃣ O obxectivo do concurso é fomentar o uso da lingua galega en contextos formais e profesionais, promovendo a creatividade e as habilidades comunicativas do estudantado.

2️⃣ Aberto ao estudantado de Grao, Máster, Doutoramento e alumni (titulado nos 3 últimos anos) de todas as titulacións impartidas na da USC.

3️⃣ O proxecto pode ser obxecto dun TFG presente, pasado ou futuro, dun traballo académico no contexto dunha materia ou orixinal e sen relación curricular.

4️⃣ Cada participante ten que preparar un pitch dunha duración máxima de 5 minutos en lingua galega, relativo a calquera proposta comunicacional (curtametraxe, reportaxe, documental, serie, videoxogo, multimedia, longametraxe, animación, proxecto fotográfico etc.). A defensa do proxecto realizarase diante dun xurado.

5️⃣ De entre as propostas recibidas, escolleranse ata un máximo de 8 finalistas, que defenderán o seu proxecto nunha gala que se celebrará o 29 de outubro pola tarde, presentada por Patricia F. Santana. Farano perante un xurado composto por tres profesionais da comunicación: Andrea Villa (co-directora do Carballo Interplay e comunicadora cultural), Irene Lourido (xornalista e profesora da FaCom) e Jesús Silva (crítico, programador e distribuidor).

🥇 1º premio dotado con 400 euros.
🥈 2º premio dotado con 200 euros.

👉 Inscríbete ata o 22 de outubro ás 14:00: https://f.mtr.cool/p5vqpya2rm

🏆 Un orgullo que un dos piares da FaCom dende os seus comezos, o profesor Xosé López García, reciba o Premio Diego Berna...
13/10/2026

🏆 Un orgullo que un dos piares da FaCom dende os seus comezos, o profesor Xosé López García, reciba o Premio Diego Bernal 2027, que concede a Asociación de Periodistas de Galicia (APG).

👏🏼 A Xunta Directiva da APG destacou “a súa dilatada traxectoria no mundo da comunicación ao longo de case cinco décadas, en practicamente tódalas súas vertentes, que o converten nun dos referentes máis solventes no coñecemento da profesión”.

🗞️ Un merecido recoñecemento a un gran xornalista e mestre que, durante moitos anos, formou xeracións enteiras de profesionais do xornalismo galego.

Xosé López, coñecido por moitas/os como “Morgan”, tamén é doutor en Historia e catedrático emérito de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela. E, para a , sempre será unha figura de referencia.

Parabéns, profesor López, por un éxito máis! 🫂

📢 A Comisión de Normalización Lingüística da FaCom vén de convocar o Facom Pitch, Concurso de Pitching en Galego, unha a...
09/10/2026

📢 A Comisión de Normalización Lingüística da FaCom vén de convocar o Facom Pitch, Concurso de Pitching en Galego, unha actividade financiada polo Servizo de Normalización Lingüística da USC e a Secretaria Xeral da Lingua e organizada en colaboración co Facom Fest.

1️⃣ O obxectivo do concurso é fomentar o uso da lingua galega en contextos formais e profesionais, promovendo a creatividade e as habilidades comunicativas do estudantado.

2️⃣ Aberto ao estudantado de Grao, Máster, Doutoramento e alumni (titulado nos 3 últimos anos) de todas as titulacións impartidas na da USC.

3️⃣ O proxecto pode ser obxecto dun TFG presente, pasado ou futuro, dun traballo académico no contexto dunha materia ou orixinal e sen relación curricular.

4️⃣ Cada participante ten que preparar un pitch dunha duración máxima de 5 minutos en lingua galega, relativo a calquera proposta comunicacional (curtametraxe, reportaxe, documental, serie, videoxogo, multimedia, longametraxe, animación, proxecto fotográfico etc.). A defensa do proxecto realizarase diante dun xurado.

5️⃣ De entre as propostas recibidas, escolleranse ata un máximo de 8 finalistas, que defenderán o seu proxecto nunha gala que se celebrará o 29 de outubro pola tarde, presentada por Patricia F. Santana. Farano perante un xurado composto por tres profesionais da comunicación: Andrea Villa (co-directora do Carballo Interplay e comunicadora cultural), Irene Lourido (xornalista e profesora da FaCom) e Jesús Silva (crítico, programador e distribuidor).

🥇 1º premio dotado con 400 euros.
🥈 2º premio dotado con 200 euros.

👉 Inscríbete ata o 22 de outubro ás 14:00: https://f.mtr.cool/p5vqpya2rm

📢A Rede Viva dos Medios en Galego aterra na FaCom. Baixo o lema “Os medios galegos do futuro comezan nas aulas” a Asocia...
09/10/2026

📢A Rede Viva dos Medios en Galego aterra na FaCom. Baixo o lema “Os medios galegos do futuro comezan nas aulas” a Asociación de Medios en Galego presenta “Begoña Caamaño e as mulleres nos medios en galego: da memoria das pioneiras aos retos do xornalismo do século XXI”.

A xornada, que terá lugar o próximo xoves 15 de outubro, contará coas intervencións de Ana Romaní (RAG), Lucía Junquera (Colexio de Xornalistas) e Laura Moure (Ecos da Comarca), moderadas por Rebeca Munín.

Esta cita forma parte do ciclo organizado pola Asociación de Medios en Galego (AMEGA), que percorre as universidades galegas levando o debate sobre o noso xornalismo tamén á UDC (14 de outubro) e á UVigo (19 de outubro).

📅 Xoves 15 de outubro
🕥 De 10:30h a 12:30 h
📍Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación

📢 O estudantado da materia "Promoción, distribución e eventos audiovisuais" (4º de Comunicación Audiovisual), impartida ...
09/10/2026

📢 O estudantado da materia "Promoción, distribución e eventos audiovisuais" (4º de Comunicación Audiovisual), impartida polo profesor Cibrán Tenreiro, acolleu en setembro a visita de Montse Portús, coordinadora executiva do Grec Festival de Barcelona , acompañada por Vitor Belho, director do Festival MARÉ - músicas e artes atlánticas que se celebrou a finais do mes pasado na cidade.

⛪Montse Portús abordou as particularidades do seu traballo na organización do Grec Festival, un dos eventos de referencia para as artes escénicas no Estado, atendendo a cuestións como a programación, a xestión de espazos, a calendarización ou o financiamento.

🏆A visita de Montse coincide coa súa presenza no Festival Maré, que ademais de reunir proxectos musicais de 16 países coa presenza de 12 linguas diferentes tamén serviu de punto de encontro para profesionais da programación ou o management con artistas ou estudantes.

Grazas, Montse e Víctor, pola vosa visita. Moitos éxitos! 👏🏼

📢 Margarita Ledo Andión, que foi decana e profesora da FaCom, será homenaxeada o vindeiro 29 de outubro no ciclo "De pio...
08/10/2026

📢 Margarita Ledo Andión, que foi decana e profesora da FaCom, será homenaxeada o vindeiro 29 de outubro no ciclo "De pioneiras e andainas", organizado desde 2009 polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega.

💬 Xornalista, escritora e cineasta, Margarita Ledo é unha figura fundamental do xornalismo e da cultura galegas.

🗓️ 29 de outubro
🕤 09:45 h
📍 Sede do Consello da Cultura Galega
📢 Inscrición aberta
🔗 Toda a información e o programa:: https://f.mtr.cool/qq08182qw2

Dirección

Avda De Castelao, S/n. Campus Norte
Santiago De Compostela
15782

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Facultade de Ciencias da Comunicación - USC publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Facultade de Ciencias da Comunicación - USC:

Atajos

Compartir

Categoría