Grao en Lingua e Literatura Galegas

Grao en Lingua e Literatura Galegas Titulación da USC que che ofrece formación especializada en lingua e literatura galegas Daquela, este sitio está pensado para ti. Para tod@s nós. Por que?

Es alumno ou alumna do Grao en Lingua e Literatura Galegas (GLLG) da USC? Vas entrar na universidade e estás considerando a posibilidade de estudar galego? Xa te graduaches ou licenciaches en filoloxía galega, pero queres seguir mantendo contacto coa túa titulación? Porque nesta páxina poderás atopar información sobre o GLLG, así como, máis en xeral, sobre a lingua e a literatura galegas. O GLLG é

o título que ofrece a USC para a formación universitaria especializada en lingua e literatura galegas. É, desde o curso 2009-10, o herdeiro da antiga licenciatura en Filoloxía Galega, adaptada aos actuais requirimentos do Espazo Europeo de Educación Superior. O GLLG presenta unha estrutura modular e flexible, que che permitirá configurar o teu currículum de acordo cos teus intereses:

• Poderás optar por combinar o estudo especializado en lingua e literatura galegas co estudo avanzado dunha segunda disciplina, obtendo así un Maior en galego e un Minor en Inglés, Portugués, Español, Lingüística Xeral, Teoría da Literatura etc.

• Se prefires afondar na túa especialización, tamén tes a posibilidade de escoller entre varias materias optativas sobre lingua ou literatura galegas e obter un Maior Plus.

• E aínda cabe unha terceira opción dirixida a quen prefira combinar o estudo especializado da lingua e literatura galegas (o Maior) co estudo non-avanzado doutras dúas disciplinas a través dos módulos complementario e optativo. Por exemplo, poderás combinar o Maior de galego cun módulo de inglés e outro de portugués (ou de portugués e español, ou de alemán e lingüística etc.). Tes máis información sobre estas posibilidades enhttp://www.usc.es/fac_filoloxia/arquivos/GRAO/Folleto.pdf

A vindeira semana terá lugar na Facultade de Filoloxía da USC unha nova edición do simposio do Instituto da Lingua Galeg...
12/11/2025

A vindeira semana terá lugar na Facultade de Filoloxía da USC unha nova edición do simposio do Instituto da Lingua Galega, que neste ano 2025 está dedicado ás oportunidades e riscos da intelixencia artificial e a lingua galega. A inscrición permanece aberta ata o 13 de novembro.

📍Podedes encontrar tanto o programa como a información sobre os participantes no evento na páxina web do ILG: https://ilg.usc.gal/gl/actividades/simposio-ilg-2025

30/10/2025
Mañá comeza o "Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza". Podedes consultar o ...
18/06/2025

Mañá comeza o "Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza". Podedes consultar o programa completo desta reunión científica, que se desenvolverá ao longo dos días 19 e 20 de xuño no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC, na páxina web do ILG: https://ilg.usc.gal/gl/actividades/congreso-internacional-literatura-sociedade.

Es estudante de Filoloxía? Queres falar coas máquinas en galego?O Validatón 2025 é unha competición aberta ao alumnado d...
07/04/2025

Es estudante de Filoloxía? Queres falar coas máquinas en galego?

O Validatón 2025 é unha competición aberta ao alumnado das titulacións de Filoloxía en que poderá contribuír á creación de recursos para o galego en Common Voice, plataforma pública de datos de voz alimentada por persoas voluntarias de todo o mundo. O obxectivo deste proxecto colaborativo é crear grandes corpus de datos orais que poidan ser empregados para adestrar modelos de recoñecemento da fala en distintas linguas, entre elas o galego. O prazo de inscrición remata o 10 de abril ás 12 h. Anímate a participar! Haberá agasallos sorpresa e premios en metálico para a persoa gañadora de cada categoría.

Podes consultar toda a información nesta ligazón: https://ilg.usc.gal/gl/actividades/validaton-2025

O vindeiro xoves 3 de abril, no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC, terá lugar a presentación do libro Manu...
02/04/2025

O vindeiro xoves 3 de abril, no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC, terá lugar a presentación do libro Manual of Galician Linguistics, editado por De Gruyter. No acto, que comezará ás 12:30 horas, intervirán Ernesto González Seoane e Xulio Sousa, editores do volume e docentes do Departamento de Filoloxía Galega da USC, xunto co tamén profesor desta universidade Víctor Longa. Agardámosvos!

📇📚Os días 27 e 28 de novembro terá lugar na Facultade de Filoloxía da USC unha nova edición do simposio do Instituto da ...
26/11/2024

📇📚Os días 27 e 28 de novembro terá lugar na Facultade de Filoloxía da USC unha nova edición do simposio do Instituto da Lingua Galega, que neste ano 2024 leva por título "Cultura Impresa: materialidades, paradigmas e retos epistémicos".

📍Tanto o programa como a información sobre os participantes no evento están dispoñibles na páxina web do ILG: https://ilg.usc.gal/gl/actividades/simposio-ilg-2024

🔵📅Ata o vindeiro 15 de xaneiro, podedes visitar na Facultade de Filoloxía a exposición "Castelao, de Sempre en Galiza ao...
21/11/2024

🔵📅Ata o vindeiro 15 de xaneiro, podedes visitar na Facultade de Filoloxía a exposición "Castelao, de Sempre en Galiza ao Consello de Galiza (1934-1944)", comisariada polo profesor Henrique Monteagudo, director da Cátedra Castelao da Universidade de Santiago de Compostela, recentemente creada.

Tedes toda a información sobre a iniciativa na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/nace-catedra-castelao-iniciativa-usc-proxectar-figura-autor-cultura-galega-cara-futuro.

Coincidindo coa presentación institucional estreouse na Facultade de Filoloxía a exposición ‘Castelao, de Sempre en Galiza ao Consello de Galiza (1934-1944)’

📅📍 Este venres 8 de novembro, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, celebrarase a III Xornada sobre Variación e C...
07/11/2024

📅📍 Este venres 8 de novembro, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, celebrarase a III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, organizada polo Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC e o Centro de Linguas, Literaturas e Culturas (CLLC) da Universidade de Aveiro. Esta terceira edición continúa a ter como principal obxectivo promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Podes consultar toda a información sobre o evento, así como o programa completo das sesións, na páxina web do ILG: https://ilg.usc.gal/gl/actividades/III-xornada-variacion-cambio.

O martes 24, ás 16:00 e no salón de graos da Facultade de Filoloxía, terá lugar a xornada Lingua e Matemáticas, coa inte...
20/09/2024

O martes 24, ás 16:00 e no salón de graos da Facultade de Filoloxía, terá lugar a xornada Lingua e Matemáticas, coa intervención de Saúl Buján, Clara Lago, Alba Aguete e Francisco Estévez e cun obradoiro de María José Ginzo. Anímate a asistir!

20/09/2024

O vindeiro luns 23 de setembro (12:00, Salón de actos), no marco da celebración do 50 aniversario da Facultade de Filoloxía, inaugurarase un ciclo de oito conferencias a cargo de exdecanos e decanos do centro coa intervención de Ramón Lorenzo, que estará acompañado de Ana Boullón e Dolores Vilavedra.

04/07/2024

Xornada sobre A intelixencia artificial: un novo desafío para o ensino da lingua, literatura e cultura galegas na educación secundaria, organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e coordinada por Francisco Dubert e Elisa Fernández Rei.

Este evento terá lugar o vindeiro martes 9 de xullo na sede do CCG a partir das 16:00 h.

A intelixencia artificial: un novo desafío para o ensino da lingua, literatura e cultura galegas na educación secundaria...
24/06/2024

A intelixencia artificial: un novo desafío para o ensino da lingua, literatura e cultura galegas na educación secundaria

9 de xullo de 2024
16:00 horas

Consello da Cultura Galega

Organiza: Consello da Cultura Galega. Sección de Lingua, Literatura e Comunicación

A irrupción a finais do ano 2022 de ferramentas de intelixencia artificial xerativa, como ChatGPT e outras moitas, está a revolucionar o xeito en que o estudantado realiza as tarefas, mais tamén a maneira en que o profesorado avalía os traballos ou como usa estas ferramentas para a proposta de actividades ou para o reforzo da aprendizaxe. Pola súa parte, o galego atópase nunha situación de minorización tamén no ámbito tecnolóxico, de xeito que moitas das ferramentas que a comunidade educativa ten ao seu alcance non están en galego nin están contextualizadas ou referenciadas na cultura galega.
Esta actividade pretende reflexionar sobre os desafíos que traen canda si estas tecnoloxías, especialmente a intelixencia artificial, e sobre o impacto que teñen na docencia de lingua, literatura e cultura galegas no ensino medio. Tamén se procura identificar as oportunidades que nos ofrecen e propoñer, de ser posible, algunhas claves para afrontar unha realidade que xa temos dentro das aulas.

Participan:
Lorena Casal, Grupo de Investigación de Tecnoloxía Educativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e secretaria do Instituto de Ciencias da Educación da USC
Ana Pérez Rico, Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG)
Fernando González Bao, Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)
María José Malmierca, Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)
Fátima Leira Beloso, profesora no IES Canido de Ferrol
Francisco Dubert García (Instituto da Lingua Galega, USC)
A intelixencia artificial: un novo desafío para o ensino da lingua, literatura e cultura galegas na educación secundaria
9 de xullo de 2024
16:00 horas
Consello da Cultura Galega

Organiza: Consello da Cultura Galega. Sección de Lingua, Literatura e Comunicación

A irrupción a finais do ano 2022 de ferramentas de intelixencia artificial xerativa, como ChatGPT e outras moitas, está a revolucionar o xeito en que o estudantado realiza as tarefas, mais tamén a maneira en que o profesorado avalía os traballos ou como usa estas ferramentas para a proposta de actividades ou para o reforzo da aprendizaxe. Pola súa parte, o galego atópase nunha situación de minorización tamén no ámbito tecnolóxico, de xeito que moitas das ferramentas que a comunidade educativa ten ao seu alcance non están en galego nin están contextualizadas ou referenciadas na cultura galega.
Esta actividade pretende reflexionar sobre os desafíos que traen canda si estas tecnoloxías, especialmente a intelixencia artificial, e sobre o impacto que teñen na docencia de lingua, literatura e cultura galegas no ensino medio. Tamén se procura identificar as oportunidades que nos ofrecen e propoñer, de ser posible, algunhas claves para afrontar unha realidade que xa temos dentro das aulas.

Participan:
Lorena Casal, Grupo de Investigación de Tecnoloxía Educativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e secretaria do Instituto de Ciencias da Educación da USC
Ana Pérez Rico, Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG)
Fernando González Bao, Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)
María José Malmierca, Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)
Fátima Leira Beloso, profesora no IES Canido de Ferrol
Francisco Dubert García (Instituto da Lingua Galega, USC)

PROGRAMA
https://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_ac_2024_intelixencia-artificial-ensino-def2.pdf

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN
https://consellodacultura.gal/evento.php?id=201914

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

9 de xullo de 2024

Dirección

Facultade De Filoloxía
Santiago De Compostela
15782

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Grao en Lingua e Literatura Galegas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir