22/02/2017
Lembra que agora somos Espazocoop. Podes seguir as publicacións da unión de cooperativas e continuar en conexión con nós dándolle a gústame na nova páxina. Grazas!
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas é unha asociación que agrupa a cooperativas de Galicia. Representamos, defendemos e prestamos servizos ás cooperativas, apoiamos a súa consolidación e crecemento. Promovemos o emprendemento cooperativo. Damos a coñecer á sociedade o modelo de empresa cooperativa. Espazocoop segue os valores e principios do movemento cooperativo e da economía social e solidaria.