Cómo llegar Página web

Hispona Grupo de Investigación de Historia Política e dos Nacionalismos da Universidade de Santiago de Compostela.

O Grupo de Investigación HISPONA xurde na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela hai xa algúns anos. Agora, comezamos unha nova andaina que nos gustaría partillar con todas e todos vós. Como o propio nome indica, o noso grupo ten dous eixos fundamentais de pescuda. Dunha banda, a historia política, entendida en senso amplo, na liña das correntes actuais da Historia cultural da política, mais tamén da Historia dos partidos políticos, as institucións e os movementos sociais, incluíndo o papel dos símbolos, as representacións e as culturas e identidades políticas, e igualmente algunhas novas pescudas orientadas cara á Historia sociocultural da guerra e da violencia política. Un segundo eixe de investigacións veu determinado pola concentración nos estudos sobre os nacionalismos, identidades nacionais e rexionais, e discursos territoriais na Galicia, España e Europa contemporánea. Así, pois, o grupo posúe unha vocación interdisciplinar, sobre todo no referido ó intercambio e uso de metodoloxías e marcos teóricos adoptados doutras ciencias sociais, nomeadamente a Socioloxía, a Antropoloxía e a Ciencia Política…

A través desta canle que agora ve a luz, gustaríanos compartir xa non só as actividades e eventos organizados polo grupo, senón todos acontecementos que, dalgún ou doutro xeito, consideramos que poden ser do interese de todas e todos aqueles vencellados ó mundo da Historia.

📚 Tras dúas décadas do Ano da Memoria en Galicia, o noso Emilio Grandío conversou cos compañeiros de Cultura Galega para...
16/10/2026

📚 Tras dúas décadas do Ano da Memoria en Galicia, o noso Emilio Grandío conversou cos compañeiros de Cultura Galega para comentar os principais avances destes anos e os retos para o futuro.

🔗 Le a reportaxe completa:

Neste 2026 cúmprense dúas décadas da celebración do Ano da Memoria no noso país. A efeméride coincide coa declaración de varios Lugares de Memoria e coa...

🟦 EXPOSICIÓN   no 1º andar da Facultade de Xeografía e Historia, ata o 6 de novembro.
15/10/2026

🟦 EXPOSICIÓN no 1º andar da Facultade de Xeografía e Historia, ata o 6 de novembro.

15/10/2026

La Universidade de Santiago de Compostela (USC) inaugurará este miércoles, 14 de octubre, la exposición Galicia, una muestra dedicada a la historia de las personas […]

📢 Convocatoria de contrato predoutoral (FPI) en Historia Contemporánea na USC🎓 A Universidade de Santiago de Compostela ...
14/10/2026

📢 Convocatoria de contrato predoutoral (FPI) en Historia Contemporánea na USC

🎓 A Universidade de Santiago de Compostela convoca un contrato predoutoral de ata 4 anos vinculado ao proxecto de investigación «La guerra representada: cultura, memoria y educación histórica sobre las guerras españolas del siglo XX», dirixido por Xosé Manoel Núñez Seixas e Alfonso Iglesias Amorín.

O proxecto analiza como se representan as guerras españolas do século XX —as guerras de Marrocos, a Guerra Civil e a participación española nas guerras mundiais— a través do cine, a literatura, a banda deseñada, os videoxogos, os xogos de mesa e outros produtos culturais. Tamén estuda a súa influencia na memoria colectiva e as súas posibilidades educativas, con especial atención a cuestións como a perspectiva de xénero.

👩‍🎓👨‍🎓 A convocatoria está dirixida a persoas que cumpran os requisitos académicos para acceder ao doutoramento e teñan interese nestas liñas de investigación.

📅 Prazo de solicitude: ata o 22 de outubro de 2026.

⚠️ Importante: nesta primeira fase só é necesario cubrir un formulario. O resto da documentación poderá presentarse posteriormente.

🔗 Consulta a convocatoria completa e os requisitos aquí:
https://www.usc.gal/gl/investigar-na-usc/oportunidades/convocatoria-seleccion-persoal-investigador-predoutoral-formacion-fpi-2026

‼️ O noso Emilio Grandio foi entrevistado por La Voz de Galicia para detallar os obxectivos da nova Cátedra de Memoria D...
13/10/2026

‼️ O noso Emilio Grandio foi entrevistado por La Voz de Galicia para detallar os obxectivos da nova Cátedra de Memoria Democrática da USC 👇🏼

Emilio Grandío dirixirá a Cátedra de Memoria Democrática da USC, a primeira en Galicia

A morte de Beiras deixa unha pegada fonda na historia política e intelectual da Galicia contemporánea e en tantos e tant...
09/10/2026

A morte de Beiras deixa unha pegada fonda na historia política e intelectual da Galicia contemporánea e en tantos e tantos que o trataron. Economista, profesor, orador e referente do nacionalismo galego, foi unha figura decisiva na evolución política do país durante as últimas décadas.

A columna do noso Xosé M. Núñez Seixas para La Voz de Galicia 👇🏼

O falecemento de Xosé Manuel Beiras é, para os que estudamos en Compostela nos oitenta, algo máis ca unha noticia política

Dende o 14 de outubro a primeira das colaboracións da Cátedra de Memoria Democrática na Facultade Xeografía e Historia U...
08/10/2026

Dende o 14 de outubro a primeira das colaboracións da Cátedra de Memoria Democrática na Facultade Xeografía e Historia USC. Ata o 6 de novembro.

🟦 EXPOSICIÓN |

A Facultade de Xeografía e Historia acolle a exposición , unha mostra sobre as deportacións aos campos de concentración n***s e a recuperación das pertenzas persoais das súas vítimas.

📷 Fotografías, xoias, carteiras, documentos e outros obxectos que foron confiscados no momento da detención e que, décadas despois, poden contribuír a reconstruír as historias e as vidas das persoas perseguidas polo n***smo.

A iniciativa, activa desde 2016, busca tamén localizar as familias das vítimas e devolverlles estes obxectos, que aínda hoxe permanecen en arquivos. Actualmente, arredor de 2.000 sobres con pertenzas persoais agardan ser devoltos aos seus familiares.

A mostra está organizada por Arolsen Archives, coa colaboración de Hispona, a Universidade de Santiago de Compostela e a Cátedra de Memoria Democrática da USC, e o apoio da Xunta de Galicia.

📍 Claustro do 1º andar
📅 Do 14 de outubro ao 6 de novembro

06/10/2026

La familia de Moncho Reboiras tendrá una compensación económica

MILLARS ofrece un dossier coa participación de varios membros do equipo RESHINT: ‘Fronteras, guerra y espías. Informació...
03/07/2026

MILLARS ofrece un dossier coa participación de varios membros do equipo RESHINT: ‘Fronteras, guerra y espías. Información e inteligencia en España’, coordinado por Julio Ponce e Javier Rodríguez.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para facilitar la navegación a los usuarios y ofrecerles una mejor experiencia y servicio. Si continúa navegando, entendemos que acepta la política de cookies de la Universitat Jaume I. Más información

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Hispona publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría