08/10/2026
🏅 Hoxe, no acto do Día da Ciencia en Galicia, o investigador do Francisco Rivadulla recibiu a Medalla Antonio Casares Rodríguez, un recoñecemento á súa destacada traxectoria científica e ás súas contribucións no ámbito da química.
“O seu traballo sobre novos materiais é un ámbito particularmente relevante para moitas das tecnoloxías que determinarán o noso futuro” destacou o presidente da RAGC.
Ao evento, presidido pola reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, asistiron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Lema; a directora de Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo; o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao; o vicerreitor de Investigación da Universidade de Vigo, Manuel Martínez; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra; a vicepresidenta adxunta de Áreas Científico-Técnicas do CSIC, Elena Cartea; a delegada do CSIC Galicia, Carmen González; así como académicas e académicos da RAGC e representantes de institucións políticas, científicas, educativas, culturais e de investigación galegas.
Parabéns aos galardonados! 🥳
📷 RAGC