09/10/2026
Docentes e investigadores da Facultade de Enfermaría da USC forman parte do consorcio do proxecto europeo SIM4UE, que busca avanzar cara a un modelo integral de formación mediante simulación clínica en urxencias e emerxencias, favorecendo a adquisición de competencias e a mellora da atención sanitaria.
🌍 Cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, o proxecto reúne entidades sanitarias e institucionais de España e Portugal para reducir a variabilidade clínica, fortalecer os equipos asistenciais e mellorar a calidade da atención.
O equipo da USC lidera as actividades relacionadas coa simulación clínica en emerxencias pediátricas e obstétricas, así como a avaliación do impacto e a difusión dos resultados do programa.
💙 Unha aposta pola innovación docente e a cooperación transfronteiriza para avanzar cara a unha atención sanitaria máis segura e eficiente.
🔗 Le a noticia completa no Xornal da USC:
https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/sim4ue-impulsara-programa-integral-simulacion-clinica-promova-atencion-segura-eficiente