Avogacía Compostelá

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Avogacía Compostelá Páxina oficial en Facebook do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

📲 Curso de 'Uso responsable da IA no ámbito xurídico'📌 Mañá, xoves 15 de outubro, nova cita formativa sobre  :  'Perspec...
14/10/2026

📲 Curso de 'Uso responsable da IA no ámbito xurídico'

📌 Mañá, xoves 15 de outubro, nova cita formativa sobre :

'Perspectivas de uso da IA no ámbito xurídico-administrativo', con José Manuel Ferro Pozo, analista na Oficina Europea de Patentes.

Recordamos que as inscricións para este curso seguen abertas en https://avogacia.gal/ia-juridico

✅ Francisco Rabuñal Mosquera é o novo presidente do Consello da Avogacía Galega. O seu nomeamento tivo lugar no transcur...
08/10/2026

✅ Francisco Rabuñal Mosquera é o novo presidente do Consello da Avogacía Galega.

O seu nomeamento tivo lugar no transcurso do pleno da corporación, celebrado en Santiago de Compostela. O tamén decano do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela sucede no cargo a Luis Torres Foira, que presidiu o CAG durante o último año.

Xosé Manuel Fernández Varela, decano do Colexio de Avogados de Lugo, exercerá de vicepresidente, e continúa como secretario da corporación Augusto Pérez- Cepeda Vila, actualmente máximo responsable da avogacía coruñesa.

👉 Más info:
https://avogacia.gal/presidente-2026/

📌 X Xornadas de Dereito de Familia (A Coruña, 23-24 outubro)  Foro no que prestixiosos xuristas abordarán cuestións de m...
06/10/2026

📌 X Xornadas de Dereito de Familia (A Coruña, 23-24 outubro)

Foro no que prestixiosos xuristas abordarán cuestións de máxima actualidade relativas ao ámbito da familia.

➡️ Se queres estar ao día, informáte e inscríbete en:
https://familia.gal

📱 LEMBRADE que o Colexio da Avogacía de Santiago ten unha canle de whatsapp destinada únicamente aos seus colexiados e c...
30/09/2026

📱 LEMBRADE que o Colexio da Avogacía de Santiago ten unha canle de whatsapp destinada únicamente aos seus colexiados e colexiadas.

👉 Esta ferramenta de comunicación permite ao colexio enviar avisos, novas, notificacións e información de interese ás persoas subscritas á canle.

✅ O uso deste servizo de mensaxería instantánea axiliza as comunicacións entre o colexio e os seus colexiados e colexiadas

Como tramitar as altas e as baixas no servizo ❓
As persoas interesadas en darse de alta na canle de WhatsApp do ICA Santiago deben:
1️⃣ Agregar o número 640 62 22 44 aos seus contactos.
2️⃣ Escribir unha mensaxe de WhatsApp a ese número co seu nome, apelidos e número de colexiación, e co texto “alta na canle de Whatsapp ICA Santiago”.
3️⃣ A continuación, o usuario ou usuaria será dado de alta no servizo.

Aquelas persoas que desexen darse de baixa deberán enviar unha mensaxe de Whatsapp ao número do colexio (640 622 244) co texto “baixa na canle de Whatsapp ICA Santiago”.

ℹ️ O servizo consiste nunha lista de difusión, non se trata dun grupo do servizo de mensaxería, polo que os usuarios non terán acceso aos datos ou información do resto dos inscritos/as na canle.

🖇️ Máis info e normas de uso: https://short.do/v7tFcB

Grazas polo voso interese!

🏡 ⚖️ Avogacía Española impulsa unha formación práctica en Dereito Inmobiliario para afrontar os novos retos xurídicos, c...
29/09/2026

🏡 ⚖️ Avogacía Española impulsa unha formación práctica en Dereito Inmobiliario para afrontar os novos retos xurídicos, cambios normativos, procesuais e xurisprudenciais.

✅ Formación gratuíta e dividida en 10 sesións para avogados e avogadas!

💼 Analizaranse os novos cambios legais, os arrendamentos, a ocupación, as comunidades de propietarios e a recuperación da vivenda, entre outros temas.

O programa combinará o análise de xurisprudencia recente e ferramentas para a prevención e xestión de conflitos en materia de vivenda.

👉 Máis info e inscricións en www.abogacia.es (sección de Formación)

✅Curso de IA na XustizaMañá, xoves 24 de setembro, Javier López e Federico Peña examinarán distintas ferramentas de   de...
23/09/2026

✅Curso de IA na Xustiza

Mañá, xoves 24 de setembro, Javier López e Federico Peña examinarán distintas ferramentas de dentro do curso 'Uso responsable da IA no ámbito xurídico'.

➡️Formación práctica para o exercicio da avogacía.

Máis info e inscricións:
https://avogacia.gal/ia-juridico/

👨‍👩‍👧‍👦 A conciliación tamén é unha cuestión de dereitos para os profesionais da avogacía.📣 Na   desta tarde analizaremo...
21/09/2026

👨‍👩‍👧‍👦 A conciliación tamén é unha cuestión de dereitos para os profesionais da avogacía.

📣 Na desta tarde analizaremos 'O dereito da avogacía á conciliación da vida persoal, familiar e profesional: entre o recoñecemento normativo e a práctica procesual".

🗓️ 21 de setembro | ⏰ 16:30 h.

🗣️ Con Raquel Blázquez Martín, maxistrada da Sala Primeira do Tribunal Supremo.
🎙️ Presenta Blanca Ramos, decana do Colexio da Avogacía de Pamplona e presidenta da Comisión de Conciliación e Benestar do Consejo General de la Abogacía Española.

Máis info:
https://www.abogacia.es/actualidad/noticias/el-derecho-de-la-abogacia-a-la-conciliacion-proxima-conferencia-de-los-lunes/

Dirección

Rúa Eduardo Pondal, 4, Baixo
Santiago De Compostela

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:30
17:00 - 20:00
Martes 08:30 - 14:30
17:00 - 20:00
Miércoles 08:30 - 14:30
17:00 - 20:00
Jueves 08:30 - 14:30
17:00 - 20:00
Viernes 08:30 - 14:30
17:00 - 20:00

Teléfono

981581713

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Avogacía Compostelá publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Avogacía Compostelá:

Atajos

Compartir