Universidade de Santiago de Compostela

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Universidade de Santiago de Compostela Dámosche a benvida á Universidade de Santiago de Compostela. Somos unha universidade pública, aberta ao coñecemento, á investigación e á sociedade.

O proxecto Genetix and Context promovido por Diana Castro resultou gañador da primeira edición do Programa Incuba Empren...
19/10/2026

O proxecto Genetix and Context promovido por Diana Castro resultou gañador da primeira edición do Programa Incuba Emprende, posto en marcha este ano pola Avte USC, no marco de USC Emprende, co propósito de axudar a definir e impulsar ideas e proxectos emprendedores no seo da Universidade. O segundo premio foi para Discerna, de Brais Vázquez.

Parabéns 🤗

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/proxecto-genetix-and-context-promovido-diana-castro-gana-primeira-edicion-programa-incuba-emprende

O catedrático da USC Antonio Salas acaba de ser recoñecido co Premio da Crítica de Galicia na modalidade de investigació...
19/10/2026

O catedrático da USC Antonio Salas acaba de ser recoñecido co Premio da Crítica de Galicia na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía. O profesor Salas obtivo o galardón por un traballo no que se identificaron ferramentas moleculares que permitan diferenciar a pneumonía causada pola bacteria 'Mycoplasma pneumoniae' doutras pneumonías en pacientes pediátricos.

O xurado considerou que esta investigación, publicada na revista 'Nature Communications', abre “novas posibilidades para mellorar a prestación diagnóstica, evitar tratamentos inadecuados, optimizar ou uso dous antibióticos e avanzar cara a unha medicamento máis personalizada”.

Parabéns 👏

📩 A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e ...
16/10/2026

📩 A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar 'Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925)', un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía.

O libro, editado pola profesora e investigadora Dolores Vilavedra e cun prólogo de Xesús Alonso Montero, é o primeiro título da nova Biblioteca da Cátedra Rosalía de Castro.

🗞️ https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/correspondencia-alejandra-murguia-alumea-aspectos-desconecidos-vida-rosalia-castro-manuel-murguia

15/10/2026

O retrato do reitor Antonio López súmase á histórica galería de reitores do Colexio de San Xerome da Universidade de Santiago de Compostela, un espazo que reúne a memoria de quen estiveron á fronte da institución ao longo dos séculos.

A obra, realizada polo pintor e presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, incorpora así a figura de Antonio López a este patrimonio artístico e institucional da USC, mantendo viva unha tradición que vincula a universidade coa súa historia e coa memoria das persoas que contribuíron a construíla.

Un novo retrato para unha galería que, máis alá da súa dimensión artística, constitúe tamén un testemuño da historia da Universidade de Santiago de Compostela.

🏅 A USC celebra a concesión do Premio Diego Bernal 2027 a Xosé López García, xornalista, doutor en Historia e profesor e...
14/10/2026

🏅 A USC celebra a concesión do Premio Diego Bernal 2027 a Xosé López García, xornalista, doutor en Historia e profesor emérito da Facultade de Ciencias da Comunicación - USC

A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) acordou por unanimidade concederlle o galardón en recoñecemento a unha traxectoria de case cinco décadas dedicada ao xornalismo, á docencia e á investigación. Parabéns!

🗞️ https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-ciencias-comunicacion/novas/xose-lopez-premio-diego-bernal-2027-vida-redaccions-aulas-investigacion-xornalismo

🤗 A Universidade de Santiago de Compostela foi a institución académica española con maior participación estudantil en ac...
13/10/2026

🤗 A Universidade de Santiago de Compostela foi a institución académica española con maior participación estudantil en actividades de voluntariado durante o curso 2025-2026. En total, 4.257 estudantes colaboraron nos seus programas, principalmente da rama de Ciencias Sociais e Xurídicas. Séguena a Universidade CEU San Pablo, con 3.903 estudantes voluntarios, e a Universitat de Girona, con 2.462.

Así se desprende do XIV Estudo sobre Voluntariado Universitario, elaborado pola Fundación Mutua Madrileña no marco da XIV edición dos seus Premios ao Voluntariado Universitario.

🗞️ https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/usc-lidera-participacion-estudantil-actividades-voluntariado

⏳ O sábado 24 de outubro, os cinco centros singulares de investigación da USC (CIMUS, CIQUS, CITIUS, CRETUS e IGFAE) abr...
13/10/2026

⏳ O sábado 24 de outubro, os cinco centros singulares de investigación da USC (CIMUS, CIQUS, CITIUS, CRETUS e IGFAE) abren as súas portas con obradoiros, experimentos, visitas guiadas e charlas divulgativas dirixidas a público maior de 6 anos!

Ciencia Singular ten o obxectivo de transmitir á cidadanía a importancia da investigación que se desenvolve nestes centros de referencia, fomentar o interese pola ciencia e espertar vocacións científicas desde idades temperás. Reserva oco na túa axenda!

🗞️ https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/ciencia-singular-conmemora-decimo-aniversario-achegando-cidadania-investigacion-punteira-usc

Dirección

Praza Do Obradoiro, S/N
Santiago De Compostela
15707

Teléfono

+34881810000

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Universidade de Santiago de Compostela publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Universidade de Santiago de Compostela:

Atajos

Compartir

Categoría