Underisk

Underisk Unidade de investigación das condutas de risco e os trastornos do desenvolvemento

📣 Esta semana celebramos a publicación de dous novos traballos nos que participou como autora Mª Emma Mayo Pais, investi...
14/04/2026

📣 Esta semana celebramos a publicación de dous novos traballos nos que participou como autora Mª Emma Mayo Pais, investigadora do grupo Underisk-USC do Instituto de Psicoloxía (IPsiUS), centrados no éxito universitario de estudantes con discapacidade:

📑 Historias de éxito universitario de graduados e graduadas con discapacidade. Unha análise ecolóxica de factores persoais e contextuais (https://doi.org/10.5281/zenodo.19471599)

📑 Recomendacións finais para o éxito universitario. Infografías desde as voces de graduados e graduadas con discapacidade (https://doi.org/10.5281/zenodo.19480918)

Ambas publicacións, dispoñibles en acceso aberto, son o resultado dun proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Axencia Estatal de Investigación (PID2020-112761RB-I00).

O traballo afonda en como se constrúe o éxito universitario trala graduación, identificando os factores persoais e contextuais que inflúen neste proceso. Ademais, incorpora unha valiosa aproximación baseada en microhistorias de vida elaboradas de forma colaborativa. Neste contexto, a segunda publicación recolle 18 infografías accesibles (en formato texto e audio) elaboradas a partir das propias voces e experiencias de graduados e graduadas con discapacidade, achegando claves fundamentais para seguir avanzando cara a unha universidade máis inclusiva.

🔎 Acceso á nova: https://underisk.gal/gl/colaboracion-emma-mayo-nueva-publicacion/

En esta semana han visto la luz dos nuevas publicaciones en las que ha colaborado como autora Emma Mayo, investigadora del grupo UNDERISK. Se trata de los

Dirección

Universidade De Santiago De Compostela
Santiago De Compostela
15782

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Underisk publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría